
Microcredenciales
Ámbito: QuímicaCódigo: TCS:1271/1
Área de interese principal: Ciencias | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
25/02/2026 – 15/04/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
A microcredencial Técnicas aplicadas nun laboratorio de análise instrumental ten como obxectivo ofrecer unha formación práctica e especializada nas técnicas fundamentais que se empregan habitualmente nun laboratorio de análise química instrumental. A proposta céntrase na preparación de mostras e no uso de técnicas analíticas baseadas na espectroscopía atómica, análise elemental e cromatografía, co fin de capacitar ao alumnado para traballar en contornos profesionais reais.
Esta formación busca ser:
- Académicamente sólida, ao estar baseada en contidos actualizados e impartida por profesionais con experiencia en laboratorios de análise química.
- Profesionalmente útil, ao centrarse no manexo de técnicas e instrumentos que se empregan en laboratorios de control de calidade, investigación e servizos analíticos.
- Persoalmente enriquecedora, ao mellorar a empregabilida de e as competencias técnicas da poboación adulta con formación científica.
Está dirixida a persoas interesadas en adquirir ou actualizar competencias prácticas en análise instrumental, cun enfoque aplicado e orientado ao mercado laboral.
Director/a:
Sandra Bolaño García
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
bgs@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
04/02/2026 – 09/02/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
19/02/2026 – 23/02/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
15 horas
Docencia non presencial
1 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Laboratorio de Seguridade alimentaria de Ourense. Edificio Campus Auga e plataforma de teleformación Moovi
Horario
Mércores do 25 de febreiro ao 8 de abril de 17.00 a 19.00h e 15 de abril de 17.00 a 20.00h
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 188 € | 169.2 € | 159.8 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez subvencionado: 56,40 euros (*)
*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
Proporcionar unha formación técnica e aplicada en preparación de mostras e análise instrumental(ICP-OES/MIP plasma inducido por microondas, CHNS, cromatografía iónica condutimétrica e amperométrica, e GC-MS) utilizadas en laboratorios químicos, capacitando o alumnado para operaros equipos, asegurar a trazabilidade dos datos e traballar con seguridade en contornos profesionais reais.
Destinatarios
Técnicos con experiencia en laboratorios de análise química.
Graduados en Química ou titulacións afíns.
Saídas Profesionais
Ao rematar a microcredencial, o alumnado será quen de planificar e executar un fluxo analítico completo con trazabilidade, seleccionar e xustificar a técnica instrumental máis axeitada segundo analito e matriz, e aplicar técnicas de preparación de mostras minimizando interferencias e contaminación. Coñecerá os fundamentos de química analítica xunto con criterios de validación e boas prácticas. Saberá operar os equipos seguindo protocolos de seguridade, realizar calibracións, interpretar os resultados e verificar a idoneidade do dato. Desenvolverá habilidades para diagnosticar e resolver problemas comúns, xestionar residuos e aplicar medidas de seguridade, así como manter o instrumental. Será competente no tratamento e na xestión dixital de datos (follas de cálculo/LIMS, rexistros e control de versións), na elaboración de informes técnicos claros e axustados ao destinatario, e na comunicación de resultados con terminoloxía científica. Integrará coñecementos teóricos e prácticos para abordar problemas nun laboratorio de análise instrumental, adaptando procedementos aos diferentes requisitos esixidos. En conxunto, adquirirá capacidades transferibles que melloran a súa empregabilidade e lle permiten achegar valor inmediato en contornos produtivos e de I+D.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
CE1 Seleccionar estratexias de preparación segundo matriz e analito, minimizando interferencias
CE2 Seleccionar e aplicar a técnica instrumental adecuada
CE3 Operar con los equipos de un laboratorio analítico
CE4 Documentar e comunicar os resultados analíticos
CE5 Integrar coñecementos teóricos e prácticos na resolución de problemas analíticos.
Competencias Transversais
CT1 Procesar información, ideas e conceptos
CT2 Planificar e organizar
CT3 Lidiar con problemas
CT4 Utilizar equipos, ferramentas ou tecnoloxía con precisión
CT5 Capacidades e competencias de autoxestión
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Título universitario
Certificado de experiencia profesional ou equivalente
Curriculum Vitae
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200676 | Técnicas aplicadas en un laboratorio de análisis instrumental | Obligatoria | 2.0 |
Avaliación
Avaliación do curso seguirá un modelo continuo que integra a participación nas clases e a superación das diferentes probas.
Asistencia obrigatoria: As persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 90% das clases, co fin de garantir o seguimento dos contidos.
Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e prácticos.
A obtención da certificación do curso require cumprir todos os requisitos anteriores. A segunda oportunidade terá lugar unha semana despois de rematar a formación. Probas tipo curto ao longo do curso (60%); Proba final (40%) o 15/04/2026.
Titulación
Título na microcredencial ” Técnicas aplicadas nun laboratorio de análise instrumental “
