Espectrocopía de RMN e espectometría de masas na práctica

Microcredenciales

Ámbito: QuímicaCódigo: TCS:1270/1
Área de interese principal: Ciencias | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde

Inicio e fin

24/02/2026 – 21/04/2026

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

4.0 ECTS

Estado

Finalizado

10 prazas

 

Descrición

A microcredencial Espectroscopía de RMN e espectrometría de masas na práctica ten como obxectivo ofrecer unha formación especializada, aplicada e actualizada en dúas técnicasanalíticas fundamentais para a caracterización de materiais e compostos químicos. Esta proposta busca favorecer a transferencia de coñecemento desde o ámbito académico ao mundo empresarial e á sociedade no seu conxunto, ofrecendo unha formación que sexa:

  • Académicamente válida, ao estar baseada en contidos rigorosos e actualizados, impartidos por profesionais con experiencia avalada neste campo.
  • Profesionalmente útil, ao centrarse no uso práctico da espectroscopía de resonancia magnética nuclear (RMN) e da espectrometría de masas, técnicas clave en sectores como a industria farmacéutica, agroalimentaria, medioambiental e de materiais.
  • Persoalmente enriquecedora, ao permitir que a poboación adulta mellore a súa empregabilidade, actualice os seus coñecementos científicos e acceda a novas oportunidades laborais ou de desenvolvemento profesional.

Esta microcredencial está especialmente dirixida a persoas que desexen adquirir competencias técnicas avanzadas na análise instrumental, cun enfoque práctico que lles permita aplicar directamente o aprendido en contornos profesionais reais. Con iso, contribúese á formación continua, á innovación e á mellora da competitividade no tecido produtivo.

 

Director/a:

Sandra Bolaño García

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

bgs@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
04/02/2026 – 15/02/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
05/02/2026 – 19/02/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

30 horas

Docencia non presencial

2 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Determinación Estrutural, Proteómica e Genómica: CACTI e Facultad de Química e plataforma de teleformación Moovi

 

Horario

24, 26 de febreiro; 4, 6, 10, 13, 17, 20, 24, 27 de marzo; 8, 10, 15, 17, 21 de abril de 17.00 a 19.00 h

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
376 € 338.4 € 319.6 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez subvencionado: 112,80 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

  • Capacitar para aplicar técnicas avanzadas de espectroscopía de RMN e espectrometría de masas na identificación e caracterización de compostos e materiais.
  • Operar e manter equipamento científico-técnico de alta complexidade seguindo protocolos de seguridade e calidade en laboratorios e servizos técnicos.
  • Documentar e comunicar resultados con terminoloxía precisa en contornos profesionais e investigadores.
  • Integrar coñecementos teóricos e prácticos para resolver problemas analíticos complexos.

Enfoque práctico e aplicado, respondendo á demanda do mercado e favorece empregabilidade, transferencia de coñecemento, innovación e competitividade en sectores farmacéutico, agroalimentario, ambiental e de materiais.

 

Destinatarios

  • Máster relacionado coa Química.
  • Titulación Universitaria en Química ou relacionadas/Farmacia

 

Saídas Profesionais

O/A egresado/a desta microcredencial estará capacitado/a para aplicar crÍticamente técnicas avanzadas de RMN e espectrometría de masas na identificación e caracterización de compostos emateriais; operar e manter instrumentación de alta complexidade en servizos comúns de investigación e contornos profesionais, seguindo protocolos de seguridade e calidade; interpretar datos complexos e elaborar informes técnicos claros, adaptados a contextos profesionais e investigadores; integrar coñecemento teórico‑práctico para resolver problemas analíticos e mellorar procesos; e transferir coñecemento a equipos interdisciplinares.

O perfil de egreso axústase a necesidades dos sectores farmacéutico, agroalimentario, ambiental e de materiais, favorecendo empregabilidade e innovación.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

CE1 Aplicar técnicas avanzadas de espectroscopía de RMN e espectrometría de masas para a identificación e caracterización de compostos químicos, utilizando equipamento científico-técnico de alta complexidade en contornos profesionais reais.

CE2 Operar e manter instrumentos científicos de última xeración, seguindo protocolos de seguridade e calidade, en laboratorios de investigación ou servizos técnicosespecializados.

CE3 Documentar e comunicar os resultados das análises espectroscópicas, empregando terminoloxía científica precisa e adaptada ao contexto profesional ou investigador.

CE4 Integrar coñecementos teóricos e prácticos para resolver problemas analíticos complexos, contribuíndo á innovación e mellora de procesos en ámbitos como a investigación, a industria química ou farmacéutica.

 

Competencias Transversais

CT1 Procesar información, ideas e conceptos

CT2 Planificar e organizar

CT3 Lidiar con problemas

CT4 Utilizar quipos, ferramentas o tecnoloxía con precisión

CT5 Capacidades e competencias de autoxestión

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Título universitario

Certificado estudos previos

Curriculum Vitae

 

Materias

id nome caracter créditos
200675 Espectrocopía de RMN y espectometría de masas en la práctica Obligatoria 4.0

 

Profesorado

 

Avaliación

Avaliación do curso seguirá un modelo continuo que integra a participación nas clases e asuperación das diferentes probas.

Criterios de avaliación:

Asistencia obrigatoria: As persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 85% dasclases, co fin de garantir o seguimento dos contidos.

Probas de coñecemento: Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e prácticos.

Certificación e convocatorias: A obtención da certificación do curso require cumprir todos os requisitos anteriores. A segunda oportunidade terá lugar unha semana despois de rematar a formación.

Probas tipo curto ao longo do curso (60%)

Proba final (40%) o 21/05/2026.

 

Titulación

Título na microcredencial ” Espectrocopía de RMN e espectometría de masas na práctica “