Difracción e fluorescencia de raios X

Microcredenciales

Ámbito: QuímicaCódigo: TCS:1269/1
Área de interese principal: Ciencias | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

25/02/2026 – 08/04/2026

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

4.0 ECTS

Estado

Finalizado

10 prazas

 

Descrición

A microcredencial “Difracción e Fluorescencia de Raios X” ten por obxectivo ofrecer unha formación especializada e aplicada en dúas técnicas analíticas fundamentais para a caracterización estrutural e elemental de materiais. A proposta combina contidos teóricos e prácticos que capacitan ao alumnado para comprender os principios físicos destas técnicas, manexar a instrumentación asociada, procesar e interpretar os datos obtidos e elaborar informestécnicos. Esta formación busca ser: Académicamente rigorosa, por estar baseada en fundamentos científicos sólidos e impartida por profesionais con ampla experiencia no uso destas técnicas en contornos de investigación e análise. Profesionalmente útil, ao centrarse na aplicación práctica da DRX e FRX en sectores como a ciencia de materiais, a xeoloxía, a industria e a investigación aplicada. Persoalmente enriquecedora, ao mellorar as competencias técnicas e analíticas da poboación adulta con formación científica. Está dirixida a persoas interesadas en adquirir competencias avanzadas en técnicas de análise estrutural e elemental mediante raios X, cun enfoque práctico e orientado ao mercado laboral.

 

Director/a:

Sandra Bolaño García

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

bgs@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/02/2026 – 17/02/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
10/02/2026 – 18/02/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

32 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición

Laboratorio de Seguridade alimentaria de Vigo. CACTI e plataforma de teleformación Moovi

 

Horario

Mércores e venres dende o 25 de febreiro ao 8 de abril de 17.00 a 20.00 horas. 20 e 25 de marzo de 17.00 a 18.00.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
376 € 338.4 € 319.6 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez subvencionado: 112,80 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

  • Formar profesionais capaces de aplicar e integrar coñecemento altamente especializado en DRX/FRX para deseñar, executar e validar metodoloxías avanzadas de caracterización.
  • Resolver problemas complexos e imprevisibles con enfoque crítico e innovador
  • Liderar e avaliar o desempeño de equipos e proxectos.
  • Comunicar con rigor a públicos especializados e non especializados; e actuar con autonomía e responsabilidade, garantindo a seguridade e o cumprimento normativo en protección radiolóxica.

 

Destinatarios

Persoal técnico con experiencia en laboratorios de análise química. Graduados/as en Química ou titulacións afíns.

 

Saídas Profesionais

Ao rematar a titulación, o alumnado sabe usar DRX/FRX para identificar materiais e comprobar a súa composición. Aprende a preparar mostras, tomar e tratar datos con criterio, e a redactar informes claros para diferentes públicos. Todo o traballo realízase seguindo boas prácticas de laboratorio e as normas de seguridade e protección radiolóxica.

Con este perfil, as principais saídas profesionais son:

  • Laboratorios de I+D e centros tecnolóxicos.
  • Control de calidade en industria (metalurxia, cerámica, cemento, vidro, polímeros, farmacéutica).
  • Xeoloxía e recursos minerais (análise de rochas e minerais).
  • Servizos técnicos universitarios ou de empresas (posta a punto de equipos, procedementos e informes).
  • Consultoría e apoio a proxectos con necesidades de caracterización de materiais.

As competencias clave inclúen planificar ensaios, interpretar resultados con rigor, traballar en equipo e comunicar con claridade, mantendo sempre a seguridade e o cumprimento normativo.

 

Idioma

Castelán 

 

Competencias Específicas

CE1 Preparar e acondicionar as mostras

CE2 Seleccionar e aplicar a metodoloxía adecuada

CE3 Operar con los equipos de difracción e fluorescencia de RX

CE4 Documentar e comunicar os resultados analíticos

CE5 Integrar coñecementos teóricos e prácticos na resolución de problemas analíticos

 

Competencias Transversais

CT1 Procesar información, ideas e conceptos

CT2 Planificar e organizar

CT3 Lidiar con problemas

CT4 Utilizar quipos, ferramentas o tecnoloxía con precisión

CT5 Capacidades e competencias de autoxestión

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Título universitario

Certificado estudos previos

Certificado de experiencia profesional ou equivalente

Curriculum Vitae

 

Materias

id nome caracter créditos
200674 Técnicas aplicadas en un laboratorio de análisis instrumental Obligatoria 4.0

 

Profesorado

 

Avaliación

Avaliación do curso seguirá un modelo continuo que integra a participación nas clases e asuperación das diferentes probas.

Criterios de avaliación:

Asistencia obrigatoria: As persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 85% das clases, co fin de garantir o seguimento dos contidos.

Probas de coñecemento: Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e prácticos.

Certificación e convocatorias: A obtención da certificación do curso require cumprir todos os requisitos anteriores. A segunda oportunidade terá lugar unha semana despois de rematar a formación.

– Probas tipo curto ao longo do curso (60%)

– Unha proba final (40%) o 25/03/2026.

 

Titulación

Título na microcredencial ” Difracción e fluorescencia de rayos X”