
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismoCódigo: TCS:1268/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
19/02/2026 – 20/03/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
4.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
O presente título propio xustifícase pola necesidade de dar resposta a unha demanda social e profesional crecente de capacitación especializada e aplicada no ámbito da Administración Pública, en coherencia coa formación ao longo da vida e coa transferencia de coñecemento ao tecido institucional. A proposta está orientada á adquisición de competencias transversais e técnicas relacionadas coa xestión dos fondos públicos e a integridade, desempeño profesional na administración, mediante metodoloxías prácticas e actualización flexible de contidos.
Existen referentes externos que evidencian a necesidade de perfís con competencias neste ámbito, porque ningunha titulación oficial ofrece este tipo de competencias. Así mesmo, tras analizar a oferta existente na Universidade de Vigo, conclúese que os obxectivos e competencias propostos non son cubertos por títulos oficiais previos, ao diferenciarse polo seu enfoque aplicado, polo perfil destinatario (profesionais e egresados/as en actualización), pola especialización e polo modelo formativo orientado a resultados, polo que a proposta resulta complementaria e non duplicada.
Director/a:
Mónica Legaspi Díaz
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
monica.legaspi@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/02/2026 – 10/02/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
13/02/2026 – 17/02/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
34 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Centro Cultural Marcos Valcárcel
Horario
Febreiro 19,23,24,25 de 17:15-20:15h
Marzo 15 2,3,4,5 de 17:15-20:15h
Marzo 9,10,20 de 17:15-20:15h
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 320 € | 288 € | 272 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez subvencionado: 96 euros (*)
*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
- Coñecer o marco xurídico e normativo aplicable á xestión de fondos públicos e subvencións, tanto a nivel estatal como autonómico e europeo, así como os principios de estabilidade orzamentaria, control e responsabilidade.
- Comprender o ciclo completo da subvención, desde a planificación e convocatoria ata a concesión, execución, xustificación, control e, de ser o caso, reintegro.
- Adquirir competencias técnicas en xestión económico-contable pública e aplicar os principios de integridade, transparencia e bo goberno na xestión de fondos públicos, identificando riscos de fraude, conflitos de interese e malas prácticas.
- Coñecer os mecanismos de control interno e externo, así como os sistemas de auditoría e fiscalización aplicables aos fondos e subvencións públicas.
- Manexar ferramentas e procedementos administrativos para a tramitación electrónica, seguimento e control de subvencións e axudas públicas, e analizar casos prácticos e supostos reais, co fin de mellorar a toma de decisións e a resolución de incidencias na xestión de fondos públicos.
- Desenvolver habilidades para a rendición de contas e a xustificación ante os órganos de control, garantindo a correcta utilización dos recursos públicos.
- Favorecer a coordinación entre as unidades xestoras, así como a comunicación coas entidades beneficiarias e cos órganos de control.
- Actualizar coñecementos ante cambios normativos e novos requisitos, especialmente en relación cos fondos europeos e os programas de financiamento público.
Destinatarios
Empregados/as públicos, órganos electos e xestores/as privados/as que traballan coa Administración Pública
Saídas Profesionais
Administración pública e xestión privada que garde relación coa administración e a xestión pública
Idioma
Castelán 50%
Galego 50%
Competencias Específicas
Asignar e controlar recursos públicos
Xestionar orzamentos e finanzas públicas
Competencias de xestión
Desenvolver obxectivos e estratexias
Xestionar e administrar recursos humanos
Competencias Transversais
T1.3 Traballar con dispositivos e aplicacións dixitais
T1.2 Traballar con números e medidas
T2.2 Planificar e organizar
T2.3 Lidiar con problemas
T2.4 Pensar de maneira creativa e innovadora
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Certificado de estudos previos
Certificado de experiencia profesional ou equivalente
Criterios de selección
Estudos superiores 20%
Estudos medios 15%
Experiencia superior a 10 anos 20%
Órgano electo 25%
Posto desempeñado na Administración Pública 20%
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200673 | La gestión de los fondos ante el reto de la integridad pública, las subvenciones públicas | Obligatoria | 4.0 |
Profesorado
Avaliación
Test de 40 preguntas, suman as respostas correctas 0,25 e restan as respostas incorrectas 0,10
20 de Marzo, proba presencial, 17:15 horas
23 de Marzo, proba presencial 17:15 horas
Titulación
Título en la Microcredencial ” Na xestión dos fondos ante o reto da integridade pública, as subvencións públicas”
