
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias medioambientais e ecoloxíaCódigo: TCS:1266/1
Área de interese principal: Ciencias | Área de interese secundaria: Tecnoloxía
Inicio e fin
24/02/2026 – 08/05/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
A microcredencial en microscopía electrónica de varrido (SEM) ten como obxectivo proporcionar unha formación especializada e aplicada no uso da SEM e técnicas complementarias como o feixede ións focalizado (FIB) e a espectrometría de raios X (EDS/EDX). A formación abarca desde os fundamentos físicos ata a preparación de mostras e o manexo da instrumentación, cun enfoque eminentemente práctico.
Esta proposta pretende ser:
Académicamente rigorosa, ao estar baseada en contidos actualizados e impartida por profesionais con experiencia en microscopía electrónica e análise de materiais.
Profesionalmente útil, ao centrarse no uso práctico de técnicas de caracterización morfolóxica e composicional en ámbitos como a ciencia de materiais, a microelectrónica, a xeoloxía ou a biomedicina.
Persoalmente enriquecedora, ao mellorar as competencias técnicas da poboación adulta con formación científica, facilitando a súa inserción ou actualización profesional.
Está dirixida a persoas interesadas en adquirir competencias prácticas en microscopía electrónica e técnicas asociadas, cun enfoque aplicado e orientado ao mercado laboral.
Director/a:
Sandra Bolaño García
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
bgs@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
29/01/2026 – 15/02/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
03/02/2026 – 19/02/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
15 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Laboratorio de Microscopía Electrónica. CACTI e plataforma de teleformación Moovi
Horario
24 febreiro de 17:00 a 18:00h (telemático)
3, 5, 10, 12 e 16 marzo de 17:00 a 18:00h (telemático)
20 marzo (telemático)
10, 17, 24 abril de 17:00 a 19:00h (presencial)
8 maio de 17:00 a18:00h (presencial)
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 188 € | 169.2 € | 159.8 € |
Observacións aos prezos
Prezo subvencionado: 56,40 euros (*)
*Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
Esta microcredencial ten como obxectivo formar profesionais de alto nivel altamente capaces de integrar coñecementos avanzados para deseñar, executar e validar protocolos de caracterización morfolóxica e elemental con SEM, FIB e EDS.
O alumnado comprenderá os fundamentos físicos, optimizará a preparación de mostras, operará instrumentación de alta resolución baixo criterios de seguridade, calidade e trazabilidade, e interpretará criticamente imaxes e espectros para emitir conclusións en contornos complexos.
Desenvolverá autonomía técnica, xulgamentos informados con datos incompletos, comunicación efectiva de resultados a audiencias especializadas, e competencias transferibles á investigación e á industria en materiais, microelectrónica, xeoloxía, biomedicina e enerxía.
Destinatarios
Titulación universitaria en Química, Enxeñaría Química, Materiais, Biomedicina, Física.
Saídas Profesionais
O perfil de egreso desta microcredencial forma profesionais capaces de planificar, executar e validar procesos de caracterización morfolóxica e elemental mediante SEM, FIB e EDS, integrando coñecementos de fundamentos físicos, preparación de mostras e instrumentación avanzada.
Ao remate, o alumnado demostra autonomía para seleccionar parámetros operativos, optimizar protocolos, garantir seguridade, calidade, calibración e trazabilidade, interpretar criticamente micrografías, mapas e espectros, estimar incertezas e emitir conclusións robustas en contornos complexos. Adquire destrezas en mantemento básico, resolución de incidencias, xestión de datos e elaboración de informes técnicos claros, así como competencias de comunicación con equipos interdisciplinares e clientes.
As saídas profesionais inclúen postos en laboratorios de I+D, servizos centrais e plataformas de caracterización, control de calidade e análise de fallo en sectores como ciencia de materiais, microelectrónica, metalurxia, xeoloxía, biomedicina e enerxía, así como en empresas de instrumentación e consultoría técnica. O perfil é axeitado para roles como especialista/analista SEM‑EDS, operador/a FIB, enxeñeiro/a de caracterización, técnico/a de laboratorio de materiais ou responsable de control de calidade.
A microcredencial reforza, ademais, a aprendizaxe autónoma, o pensamento crítico, a ética na xestión de mostras e datos, e a transferencia de coñecemento cara ao tecido produtivo.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
Comprender e aplicar os principios físicos da SEM e das técnicas FIB e EDS, seleccionando parámetros e modos de operación segundo o material e o obxectivo analítico, xustificando decisións
Preparar mostras para SEM de forma segura e reproducible, escollendo e executando técnicas de corte, montaxe, limpeza e recubrimento condutor (metalización), controlando calidade e trazabilidade.
Operar equipos SEM e FIB, aplicando protocolos de seguridade, calidade e protección fronte á radiación; realizar calibración básica, adquisición de datos e resolver incidencias en contornos complexos.
Realizar e interpretar análises morfolóxicas e composicionais (micrografías, mapas elementais e espectros EDS), estimar incerteza e elaborar informes técnicos con terminoloxía precisa e ferramentas de visualización.
Competencias Transversais
Procesar información, ideas e conceptos
Planificar e organizar
Lidiar con problemas
Utilizar quipos, ferramentas o tecnoloxía con precisión
Capacidades e competencias de autoxestión
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
– Documento de identificación
– Título universitario
– Curriculum Vitae
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200668 | Microscopía Electrónica de Barrido | Obligatoria | 2.0 |
Profesorado
Sandra Bolaño García
Avaliación
Probas tipo curto ao longo do curso e traballo final (70%) e unha proba final (30%) o 8 de maio.
A avaliación do curso seguirá un modelo continuo que integra a participación nas clases e asuperación das diferentes probas.
Criterios de avaliación:
– Asistencia obrigatoria: as persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 90% das clases, co fin de garantir o seguimento dos contidos.
– Probas de coñecemento: deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar acomprensión dos contidos teóricos e prácticos.
Certificación e convocatorias:
– Obtención da certificación do curso require cumprir todos os requisitos anteriores.
– A segunda oportunidade terá lugar unha semana despois da proba final.
Titulación
Titulo na microcredencial ” Microscopía Electrónica de Varrido”
