Desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada

Experto

Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1157/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias

Inicio e fin

03/02/2025 – 24/07/2025

Modalidade

Modalidad no informada

Créditos ECTS

25.0 ECTS

Estado

Preinscrición

20 prazas

 

Descrición

Este programa formativo, ao abeiro da Cátedra NextChip da Universidade de Vigo, capacitará aos participantes no deseño, proba e empaquetado de chips fotónicos. 

A Cátedra NextChip (http://nextchip.es/), financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.

Dentro do mercado global de semiconductores, a demanda de dispositivos fotónicos está medrando anualmente a ritmos próximos ao 20%, con Europa apostando polo aumento da súa capacidade produtiva coa posta en marcha de novas plantas de fabricación (foundries). Os chips fotónicos son esenciais para as necesidades do desenvolvemento tecnolóxico na automoción, comunicacións, computación cuántica, defensa, dispositivos médicos e electrónica de consumo. Esta formación é unha excelente oportunidade para gañar competencias nestas tecnoloxías e adquirir unha preparación moi demandada no mercado laboral nacional e europeo.

O programa completo, que consta de tres módulos, leva á obtención do título de “Experto en desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada” e desenvólvese durante seis meses con inscrición 100% subvencionada para os participantes. Os módulos son independentes e poden cursarse por separado. A superación de cada módulo outorgará un Diploma de Curso Avanzado de Posgrao aínda que a capacitación completa en forma de título de Experto requirirá a superación do total dos tres módulos.

 

Director/a:

Carlos Mosquera Nartallo; Francisco Javier Díaz Otero

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

nextchip@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
25/11/2024 – 30/01/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
16/12/2024 – 31/01/2025

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

169 horas

Docencia non presencial

68 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición

As clases presenciais terán lugar na Cidade Tecnológica de Vigo (CITEXVI), no Campus de Vigo. Ademáis haberá unha estancia dunha semana no laboratorio do International Iberian Nanotechnolog (INL) en Braga, que segundo o grupo de traballo poderá coincidir na semana do 10 ou 17 de marzo de 2025. 

As clases en liña, serán a través da plataforma do Campus Remoto e Moovi.

 

Horario

De luns a venres de 15:30 a 19:30 horas en Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).

As clases que se imparten no International Iberian Nanotechnology Laboratrory (INL) en Braga serán de 09:30 a 12:30 h e de 16:00 a 18:00 h.

O inicio de curso está previsto para o luns 3 de febreiro de 2025 e finalizará previsiblemente o 13 de xuño de 2025.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
0 € 0 € 0 €

Observacións aos prezos
100% financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia

 

Obxectivos

O título de Experto busca a capacitación en deseño, medida, fabricación e empaquetado de dispositivos fotónicos e electrónicos. Os diferentes módulos son auto contidos, cunha importante formación práctica, co fin de preparar aos participantes para a súa incorporación á crecente oferta de postos cualificados en plantas de deseño e produción de chips fotónicos. A meirande parte da formación levarase a cabo no Campus da Universidade de Vigo en Lagoas-Marcosende, con certa formación adicional no Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía, en Braga.

 

Destinatarios

Esta formación está especialmente dirixida a estudantes e titulados universitarios no ámbito da tecnoloxía, principalmente Física e Enxeñerías, como Telecomunicación, Electrónica, Mecánica,… ou outros profesionais con experiencia laboral no ámbito da formación. Para o acceso a o título de experto:

  • Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES, que outorgue acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
  • Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.

Ademáis se es
profesional con experiencia laboral acreditada ou tes superados 120 ECTS nunha
titulación universitaria oficial dentro do EEES ou equivalente, ou un título
extranxeiro homologado a un título EEES, tes a opción de poder cursar dous dos
módulos por separado. Consulta a páxina de títulos propios

 

Saídas Profesionais

Os campos específicos aos que o estudantado poden acceder profesionalmente tras finalizar o curso son cada vez máis amplos dado o carácter interdisciplinario e a crecente importancia da fotónica, que, como xa se indicou, foi seleccionada como una das cinco KET pola Unión Europea, e máis en particular da fotónica integrada. Aqueles participantes que cursen todos os módulos da presente formación adquirirán os seguintes coñecementos e capacidades: deseño e proba de PICs baseados endispositivos pasivos e activos; deseño e proba de compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade; principios da fabricación de PICs en sala limpa; empaquetado de PICs en módulos; aplicación da fotónica ao procesado cuántico; xestión de proxectos e transferencia tecnolóxica.

 

Idioma

  • Castelán 60%
  • Inglés 40%

 

Competencias Específicas

  • Capacidade de comprensión das distintas disciplinas involucradas na fotónica
  • Entender o proceso de deseño e proba de dispositivos fotónicos tanto activos como pasivos
  • Entender o proceso de deseño e proba de compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade
  • Manexo de ferramentas para o deseño de circuítos integrados fotónicos
  • Coñecer os principios de fabricación de PICs en sala limpa
  • Entender e manexar as ferramentas para o empaquetado de PICs en módulos
  • Capacidade para simular e probar circuítos fotónicos con aplicacións cuánticas

 

Competencias Transversais

  • Capacidade para xestionar proxectos tecnolóxicos
  • Coñecementos de xestión de activos de propiedade intelectual e industrial

 

Condicións de acceso

  • Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES, que outorgue acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
  •  Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
Documentación requirida: 
1) Documento de identificación
2) Copia del título universitario o certificado de estudios previos necesarios para el acceso
3) Expediente académico en el caso de los alumnos de alguna titulación del EEES o equivalente
4) Currículum
5) Carta de motivación

 

Criterios de selección

A Dirección do título poderá realizar entrevistas persoais de consideralo oportuno para unha mellor comprensión dos méritos alegados, e poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Nese caso, a puntuación será:

  • Currículo 60%,
  • Carta de motivación 20%,
  • Entrevista persoal 20%.

 

Metodoloxía

O título busca a capacitación en deseño, medida, fabricación e empaquetado de dispositivos fotónicos e electrónicos cunha importante formación práctica coa finalidade de preparar aos participantes para a súa incorporación á crecente oferta de postos cualificados en plantas de deseño e produción de chips fotónicos.

Programa académico: 
1)Deseño e proba de circuítos integrados fotónicos 11 ECTS
– Deseño e proba de circuítos integrados fotónicos pasivos 4 ECTS
– Deseño e proba de circuítos integrados fotónicos activos 4 ECTS
– Deseño e proba de circuítos integrados de RF pasivos 3 ECTS
2)Fabricación en empaquetado de circuítos integrados fotónicos 7 ECTS
– Fabricación en sala limpa de circuítos integrados fotónicos 4 ECTS
– Empaquetado de circuítos integrados 3 ECTS
3)Tecnoloxías cuánticas e xestión de proxectos 7 ECTS
– Tecnoloxías cuánticas 3 ECTS
– Xestión de proxectos e transferencia de tecnoloxía 4 ECTS

 

Materias

id nome caracter créditos
200470 Diseño y medida de circuitos integrados fotónicos Obligatoria 11.0
200471 Fabricación y empaquetado de circuitos integrados fotónicos Obligatoria 7.0
200472 Tecnologías cuánticas y gestión de proyectos Obligatoria 7.0

 

Profesorado

Profesorado da Universidade de Vigo 
  • Francisco Manuel Da Luz Soares
  • David Álvarez Outerelo
  • Carlos Mosquera Nartallo
Profesorado externo 
  • Xin (Scott) Yin
  • Peter O´Brien
  • Jana Niedder
  • Bruno Romeira
  • David Barral Raña
  • Manuel Gallas Torreira
  • Daniel González Jímenez
  • Antía Fernández López

 

Avaliación

Para a avaliación do alumnado terase en conta o seguinte:
– Asistencia ás clases
– Probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo durante o curso
– Avaliación dos informes de prácticas
– Cuestionarios
– Avaliación do traballo final presentado

 

Titulación

O estudantado recibirá un título de Experto en desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada

 

Máis información

www.nextchip.es