Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV)

Especialista

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1020/3
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Arte e humanidades

Inicio e fin

20/10/2024 – 12/05/2025

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

30.0 ECTS

Estado

Preinscrición

25 prazas

 

Descrición

A localización de videoxogos é un ámbito emerxente que xera moitas saídas profesionais e necesidades laborais a día de hoxe. A Universidade de Vigo converteuse nun centro de relevancia internacional coa creación do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo, que, nas súas seis edicións ata a data, converteuse nun referente para os estudos de desenvolvemento de videoxogos de todo o mundo. Segue sendo unha formación única en todo o mundo e a continuidade do título, co gran éxito de matrícula de cada edición, seguirá mantendo á Universidade como un punto de referencia na formación neste ámbito.

Este título ofrece a formación máis exhaustiva no ámbito da localización tradicional como se profunda en ámbitos específicos actuais tales como a interpretación especializada. Todo iso, impartido por profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional para que o alumnado posúa unha visión real, completa e próxima da práctica profesional.

 

Director/a:

Óscar Ferreiro Vázquez, Ramón Méndez González, José Yuste Frías, Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy

Teléfono contacto:

986 130 304

Email contacto:

etivigo@gmail.com

Entidade organizadora:

Facultade de Filoloxía e Tradución

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
03/06/2024 – 13/10/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
15/07/2024 – 14/10/2024

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

200 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

opcionais 50 horas

Lugar de impartición
Facultade de Filoloxía e Tradución. Newton 9 (Pavillón C)

 

Horario

Xoves e venres de 16h a 21h (salvo festivos e pontes, cun cronograma dispoñible na páxina web para que o alumnado coñeza as datas)

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
1400 € 1260 € 1190 €

Observacións aos prezos

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula

Estudantado do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional(UVigo): 840,00 € 

 

Obxectivos

O título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) ofrece unha visión completa de todos os ámbitos deste sector, con vistas a formar especialistas no exercicio profesional da tradución e interpretación. Os obxectivos do curso son:

– Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente o labor localizadora na industria do videoxogo.

– Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente os labores de revisión e control de calidade (testeo) de videoxogos.

– Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente os labores de interpretación especializada na industria do videoxogo.

– Adquirir os coñecementos e as competencias transversais que se necesitan para saber traballar con diferentes culturas e afrontar adecuadamente todas as complexidades lingüísticas do día a día da industria do videoxogo. 

 

Saídas Profesionais

O alumnado será quen de localizar un videoxogo en calquera rama de especialización (tradución, revisión, tradución para a prensa, interpretación, etc.) así como traballar en equipo.

 

Competencias Específicas

Posuír coñecementos nunha área de estudo que parte da base da formación previa na titulación específica en Tradución e Interpretación

Capacidade para aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación de forma profesional, así como posuír as competencias adecuadas para a defensa de argumentos e a resolución de problemáticas dentro do ámbito de estudo

Capacidade para a recompilación e correcta interpretación de datos relevantes ao ámbito de estudo, así como capacidade para reflexionar sobre eles e valoralos

Lograr transmitir información, ideas e solucións a un público tanto especializado como xeneralista

 

Competencias Transversais

Capacidade para tomar decisións

Capacidade para traballar en equipo

Capacidade para xestionar o tempo e o traballo

Capacidade para resolver conflitos e ofrecer solucións

Capacidade para xestionar as emocións

Capacidade para afrontar problemáticas habituais do ámbito

Capacidade de organización e xestión de proxectos

Capacidade para liquidar problemáticas culturais transversais

Capacidade analítica e resolución de problemas

Capacidade de adaptación a cada situación

 

Condicións de acceso

Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. 
Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.


DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

Documento de identificación
Currículum académico, investigador e profesional
Expediente académico
Carta de motivación

 

Criterios de selección

1) Tipo de titulación de acceso 25%

2) Nota media do expediente académico 15%

3) Formación específica 15%

4) Experiencia profesional relacionada 15%

5) Carta de motivación 30%

 

Metodoloxía

Teoría da localización 
Práctica da localización 
Actividades transversais da localización 
Traballo fin de título

 

Materias

id nome caracter créditos
200049 Teoría de la localización Obligatoria 5.0
200050 Práctica de la localización Obligatoria 12.0
200051 Actividades transversales de la localización Obligatoria 8.0
200316 Trabajo final del título Obligatoria 5.0

 

Profesorado

Óscar Ferreiro Vázquez, profesor do departamento de Tradución e Lingüística  
Ramón Méndez González, profesor do departamento de Tradución e Lingüística  
José Yuste Frías, profesor do departamento de Tradución e Lingüística   
José Ramón Calvo Ferrer, Tradución e Lingüística do eido da tradución de videoxogos
Iago Álvarez Graña, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
Gabriel Álvarez Martínez, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
Mª Francisca Barceló Avila, Tradutora profesional experta no campo dos videoxogos
Marc Bernabé Costa, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
David Caballero Fernández, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
Alba Calvo Porrúa, Tradutora profesional experta no campo dos videoxogos
Nicolás Casal Fernández, Programador en Polygon‐e experto no campo dos videoxogos
Uxío Couto Carballido, Actor de dobraxe profesional experto no campo dos videoxogos
Diana Díaz Montón, Tradutora profesional experta no campo dos videoxogos
Alfredo López Pérez, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
Josué Martínez Rodríguez, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
Fernando Moreiras Corral, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos 
Silvia Pradini Aranda, Tradutora profesional experta no campo dos videoxogos

 

Observacións sobre as prácticas

Prácticas externas extracurriculares opcionais. 50 horas.

As prácticas son unha boa experiencia tanto para o alumnado como para as empresas que buscan novos talentos.

Por iso mesmo, o título ofrece a posibilidade de organizar prácticas extracurriculares coas empresas que poidan mostrar interese nelas. As devanditas prácticas serían extracurriculares e estarían supeditadas ao interese de empresas en ofrecelas. Asegúranse un mínimo de 5 prácticas.

Nas edicións anteriores, houbo prácticas con empresas como: Inlingo, GameReactor, Corvus Belli, Gato Salvaje, Polygon‐E, Localize Direct, LocaliseMe, Wordlab, Riotloc, Tesura, Melgocinema ou MUVI, entre outras.

 

Avaliación

As probas de avaliación terá lugar ao final da formación de cada materia, cun traballo final que se entregara o último día de curso.Para completar o título, o alumnado deberá asistir, como mínimo, ao 80% das clases, así como superar as probas de avaliación. As prácticas, ao seren optativas, non serán obrigatorias e non influirán na obtención do título.

 

Titulación

Especialista Universitario/a en Tradución para a Industria do Videoxogo