O profesorado universitario ten unha grandísima responsabilidade social. É o encargado de formar aos traballadores e traballadoras máis cualificadas do futuro mercado laboral e axudalos ao seu desenvolvemento persoal.

O profesorado universitario é o único ao que non se lle esixe formación didáctica para exercer, fronte ao profesorado de nivel de primaria, infantil e ao profesorado de secundaria que deben cursar un mestrado concreto. Co obxetivo de suplir esta carencia didáctica a Universidade de Vigo creou a Área de Formación e Innovación Educativa ten coma finalidade fornecer ao profesorado de formación didáctica e de dominio das competencias da súa profesión.

Se es docente e desexas actualizar o teu coñecementos e competencias no ámbito educativo, non dubides en consultar o noso Programa de Formación Permanente do Profesorado. Asímesmo, visita o apartado de Formación e Innovación Educativa, onde atoparás información dos Grupos de Innovacion Docente da Universidade de Vigo.

formación e innovación educativa

Formación permanente do profesorado

Obradoiros e cursos que potencian a cualificación e competencias docentes do profesorado universitario

 

Máis información

 

QUE QUERES APRENDER?

Se es persoal docente da Universidade de Vigo e desexas actualizar algunha das túas competetencias docentes e non atopas o curso noso catálogo, non dubides en contactar connosco

Formulario de contacto

 

QUE NOS PROPÓS?

Se desexas propoñer unha actividade formativa nun ámbito educativo concreto envíanos a proposta a través do seguinte formulario:

Solicitude de proposta formativa