Formación do profesorado universitario na modalidade virtual (Grao en Dirección e Xestión Pública)

Curso de formación do PDI

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: PFPPV21

Inicio e fin

07/06/2021 – 22/07/2021

Modalidade

Virtual

Duración

31 horas

Campus

Campus Remoto

40 prazas

 

Descrición

Esta formación está destinada ao profesorado do Grao Virtual en Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo e trata sobre funcionalidades específicas da plataforma Moodle.

 

Director/a académico

Área de Formación e Innovación Educativa
986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar

Período de preinscrición:

10/05/2021 – 26/05/2021

Período de matrícula:

10/05/2021 – 26/05/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

31 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Moovi e Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Saber utilizar as funcionalidade de Moodle desde o punto de vista do profesorado.
  • Analizar o escenario dunha aula virtual dun curso impartido de xeito non presencial.
  • Resolver as principais problemáticas da docencia non presencial, como a avaliación, retroalimentación e a realización de exames de xeito telemático.
  • Empregar ferramentas libres e multiplataforma para mellorar a calidade técnica e artística das producións audiovisuais docentes.
  • Usar os recursos da Universidade de Vigo destinados á gravación, xestión e publicación web.

 

Destinatarios

Profesorado do Grao Virtual en Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo.

 

Calendario

Módulo I. Aulas virtuais en Moodle para uso docente:

Sesión 1: 07 de xuño de 12 a 13 horas.
Sesión 2: 11 de xuño de 12.30 a 14 horas.
Sesión 3: 18 de xuño de 12 a 13.30 horas.
Sesión 4: 25 de xuño de 12 a 14 horas.
Sesión 5: 2 de xullo de 12 a 13.30 horas.
Sesión 6: 9 de xullo de 12 a 13.30 horas.

Módulo II. Edición sinxela de vídeo e son para a publicación e difusión web:

Sesión 1: 12 de xullo de 16 a 19 horas.
Sesión 2: 14 de xullo de 16 a 19 horas.
Sesión 3: 19 de xullo de 16 a 19 horas.
Sesión 4: 21 de xullo de 16 a 19 horas.

Titoría: 22 de xullo de 16 a 17 horas.

 

Programa

MÓDULO I.  Aulas virtuais para o uso docente

1. Primeiros pasos: Recursos, actividades, grupos, completado de actividades, restricións.
2. Avaliación en Moodle: Turnitin. Rúbricas, guías de corrección, e avaliación dentro do grupo.
3. Tarefas, foros, obradoiros.
4. Exames e probas con cuestionarios en liña: Banco de preguntas, preguntas de opción múltiple, configuración da proba. Realimentación nos cuestionarios. Confección de cuestionarios para exame. Emprego de Safe Exam Browser.
5. Exames manuscritos non presenciais: Tarefas ou cuestionarios con preguntas tipo ensaio. Corrección e revisión mediante anotación PDF (online ou offline). Fluxo de traballo.
6. O libro de cualificacións en Moodle.

MÓDULO II. Edición sinxela de vídeo e son para a publicación e difusión web

Formación síncrona:
1. Fundamentos da imaxe e son dixital.
2. OBS (Open Broadcaster Software). Captura de escritorio, webcam, micrófono, dispositivos externos de vídeo e mezcla de son.
3. Autogravación coa ferramenta “Meus vídeos”.
4. Edición básica coa ferramenta “Meus vídeos”.
5. Publicación web coa ferramenta “Meus vídeos”.

Formación asíncrona:
6. Visionado de videotutoriais.
 – Bancos de recursos audiovisuais libres, en liña. Tipos de licenzas.
 – Captura e retoque de son.
 – Transcodificación de vídeo.

 

Profesorado

José Carlos López Ardao


É profesor titular da Universidade de Vigo e pertence ao departamento de Enxeñaría telemática.
Con 30 anos de experiencia docente nas materias de Redes de Ordenadores e Internet. O seu campo de investigación estivo sempre relacionado coa análise de prestacións das redes de comunicacións e a enxeñería de tránsito, mais nos últimos 10 anos empezou a traballar e investigar tamén no ámbito da innovación educativa e, de xeito máis concreto, no estudo das relacións sociais na aula, e a aplicación da gamificación e do modelo de aula invertida na docencia. Nestes últimos anos ten impartido tamén numerosos cursos para profesorado, tanto en modalidade presencial como non presencial, esencialmente para a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia sobre Moodle, Gamificación na docencia e o modelo de aula invertida.

Luis Pena Morandeira


De formación publicista e comunicador audiovisual. Desenvolve a identidade corporativa e manual de aplicación de varias iniciativas empresariais. Leva a cabo dúas estadías de prácticas formando parte do equipo de realización dos programas  ‘Obxectivo Innovar’ e ‘Máxima Audiencia’ producidas pola produtora viguesa Faro Comunicación e emitidos na canle TVG. Comeza a traballar primeiro en labouras de cámara e edición e, máis tarde, exercendo como realizador en diferentes programas de prime time, na canle rexional ‘Canal Vía’. Dende xaneiro de 2007 ate outubro de 2011 asume o cargo de coordinador de videoconferencia en Universidade de Vigo. É coordinador de produción de UVigoTV e CampusdoMarTV dende xaneiro de 2007 ata a actualidade. Dende 2016 exerce como docente en diversos cursos relacionados coa produción de contidos audiovisuais orientados á docencia e divulgación.

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas e calificación de apto/a polo profesorado do curso.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.