Scrum: metodoloxías áxiles na docencia

Curso de formación do PDI

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: PFPPSC21

Inicio e fin

18/10/2021 – 18/11/2021

Modalidade

Virtual

Duración

15 horas

Campus

Vigo

36 prazas

 

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

 

Director/a académico

Área de Formación e Innovación Educativa
986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Ernestina Otero 3º

Período de preinscrición:

16/07/2021 – 09/09/2021

Período de matrícula:

16/07/2021 – 09/09/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

As sesións virtuais síncronas desenvolveranse a través do Campus remoto e as sesións virtuais asíncronas desenvolveranse a través de Moovi.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Comprender os principios e valores das metodoloxías áxiles.
  • Descubrir/Aprender como abordar a xestión de proxectos no marco de traballo de Scrum estudando as súas principais características.
  • Coñecer ferramentas que permitan integrar a metodoloxía Scrum na aula.
  • Poñer en práctica os conceptos aprendidos desenvolvendo un proxecto segundo a metodoloxía Scrum.

 

Calendario

Desenvolverase do 19 de outubro ao 11 de novembro.
Trátase dun curso no que o alumnado traballará en grupos, polo que haberá sesións que serán para todo o alumnado e outras específicas para cada grupo de traballo.
O curso empregará as modalidades síncrona e a asíncrona. Ligazón ao calendario.

 

Programa

  • Introdución ás metodoloxías áxiles.
  • Metodoloxías Scrum.
  • Scrum na docencia.
  • Experiencia docente no uso de Scrum: caso de uso.
  • Xestión práctica dun proxecto.

 

Profesorado

Cristina López Bravo

É profesora titular de universidade na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. É coordinadora do Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo “LIZGAIRO: Grupo de Integración de metodoloxías áxiles na docencia” desde o 15 de xaneiro de 2019. Imparte docencia en dúas materias do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación nas que se empregan metodoloxías áxiles.  

Felipe Gil Castiñeira

É profesor titular do departamento de Enxeñaría Telemática. Comezou a aplicar as metodoloxías áxiles en docencia no ano 2013, en dúas materias do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación. Desde entón ven aplicando estas metodoloxías en distintas materias de grao e de mestrado, xeralmente en combinación coa aprendizaxe orientada a proxectos.  Así mesmo, foi un dos impulsores da adopción destas metodoloxías de traballo no Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).

Pablo Fondo Ferreiro

É profesor predoutoral na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación dende o ano 2018 mediante unha bolsa da Fundación “la Caixa”. É membro do Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo “LIZGAIRO: Grupo de Integración de metodoloxías áxiles na docencia” desde a súa creación o 15 de xaneiro de 2019. Imparte docencia en dúas materias do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación nas que se empregan metodoloxías áxiles.

 

Sistema de avaliación

Requerirase un mínimo de asistencia ás sesións síncronas do 85 % (ademais das sesións de exposición de contidos, realizaranse unha sesión inicial para o lanzamento do proxecto, unha sesión intermedia de revisión e unha sesión final de presentación de proxecto).
Deberá de desenvolverse un proxecto en grupos de traballo seguindo os principios da metodoloxía Scrum, que se presentará ao final do curso.