Axenda 2030: Teoría e prácticas transformadoras na Universidade

Curso de formación do PDI

Ámbito: TransversalCódigo: PFPPRS21

Inicio e fin

01/11/2021 – 30/11/2021

Modalidade

Duración

20 horas

Campus

Campus Remoto

20 prazas

 

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

 

Director/a académico

Área de Formación e Innovación Educativa
986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Ernestina Otero 3º

Colaboradores

Trátase dun curso dirixido ao PDI e PAS da Universidade de Vigo onde se fará un repaso polos 6 anos da Axenda 2030 e se reflexionará sobre o rol da Universidade na sociedade e de que xeito a Axenda 2030 pode contribuír a transformala.

A Axenda 2030 configurouse como o principal proxecto de transformación das nosas sociedades. Unha das súas principais carácterísticas e a que a dota dun carácter rupturista co pasado e a súa integridade e transversalidade. A maior parte das institucións públicas e privadas teñen que levar a cabo accións que apunten nesa transformación, e a Universidade correspóndelle un papel esencial neste eido.
Neste curso traballaremos sobre o rol que debe desenvolver a universidade nos seguintes eidos: Gobernanza, Compromiso Social, Investigación e Docencia.

Período de preinscrición:

20/09/2021 – 22/10/2021

Período de matrícula:

20/09/2021 – 22/10/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

8 horas

Docencia non presencial

12 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

As sesións virtuais síncronas desenvolveranse a través do Campus remoto e as sesións virtuais asíncronas desenvolveranse a través de Moovi.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Coñecer a Axenda 2030 e as súas implicacións.
  • Reflexionar sobre o papel da Universidade na sociedade e como a Axenda 2030 pode contribuír a tranformala.
  • Desenvolver propostas para a aplicación da Axenda 2030.

 

Destinatarios

Esta formación está incluída no marco das actividades organizadas pola Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e organizada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e a Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

 

Calendario

Sesións asíncronas: Desenvolverase do 1 ao 30 de novembro na plataforma Moovi.
Sesións síncronas virtuais: Desenvolveranse os seguintes días:

  • Venres 5 de novembro de 12.30 a 14.30. Módulo 1: 6 anos da Axenda 2030 (1-8 de novembro).
  • Venres 12 de novembro de 12.30 a 14.30. Módulo 2: Axenda 2030 e Universidade (8-15 de novembro).
  • Xoves 18 de novembro de 16 a 18 horas. Módulo 3: Prácticas transformadoras en gobernanza e extensión (15-22 de novembro).
  • Xoves 25 de novembro de 16 a 18 horas. Módulo 4: Prácticas transformadoras en investigación e docencia (22-30 de novembro).

 

Programa

  • Semana 1. Seis anos da axenda 2030 (1-8 de novembro):Traballarase o contido xeral da Axenda 2030 así como a súa recepción e as súas principais aplicacións ata a data, con especial énfase na Estratexia de Desenvolvemento Sostible do noso país.
  • Semana 2. Axenda 2030 e Universidade (8-15 de novembro):Traballarase a aplicación específica da A2030 na Universidade desde o punto de vista da política xeral universitaria. Presentaranse os 14 espazos de aplicación da A2030 na universidade: gobernanza, extensión, investigación e docencia.
  • Semana 3. Prácticas transformadoras en gobernanza e extensión (15-22 de novembro):Traballarse sobre algunhas implantacións da Axenda 2030 en gobernanza e extensión para discutir sobre o alcance transformador desta no citado ámbito.
  • Semana 4. Prácticas transformadoras en investigación e docencia (22-30 de novembro):Traballarase sobre algunhas implantacións da Axenda 2030 en investigación e docencia para discutir sobre o alcance transformador neste ámbito.

 

Profesorado

José Medina Mateos

É licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, posgraduado en Desigualdade, Cooperación e Desenvolvemento e mestrado en Relacións Internacionais e Estudos Africanos.
É investigador no Grupo de Relacións Internacionais Universidade Autónoma de Madrid do Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais.
As súas liñas de investigación son a cooperación para o desenvolvemento, a seguridade alimentaria, a soberanía alimentaria e a teoría das relacións internacionais.
Colaborou na elaboración da diagnose da Ayuda Oficial al Desarrollo (AOD) española en gobernabilidade para la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) con CIDEAL.
Participa no colectivo de creación política La Mundial.

 

Sistema de avaliación

As persoas participantes serán avaliadas a través de 3 tipos de probas:
Participación nos foros de debate dos módulos.
Asistencia ao 80 % das sesións síncronas virtuais e participación durante elas.
Realización dun traballo fina/memoria de acordo coas indicacións do profesor.