Formación en redes sociais para docentes universitarios

Curso de formación do PDI

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: PFPPRRSS211

Inicio e fin

14/06/2021 – 01/07/2021

Modalidade

Virtual

Duración

20 horas

Campus

Campus Remoto

30 prazas

 

Descrición

Neste curso, de carácter eminentemente práctico, describiranse as ferramentas e as técnicas para crear unha estratexia de comunicación e unha identidade dixital nas redes sociais no ámbito da educación universitaria. Traballaranse as competencias para a difusión de información dixital con finalidade divulgativa e os aspectos particulares da comunicación en liña. Finalmente, describiranse os recursos  institucionais da Universidade de Vigo para a creación de contidos dixitais.

 

Director/a académico

986 812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar

Período de preinscrición:

10/05/2021 – 24/05/2021

Período de matrícula:

10/05/2021 – 24/05/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

20 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

A través do Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

Este curso ten como obxectivo mellorar a competencia dixital no uso das redes sociais no ámbito da docencia universitaria.

 

Destinatarios

Esta actividade destínase a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD do curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles, poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

 

Calendario

Desenvolverase os días 14, 16, 21, 23, 28, 30 de xuño de 11 a 14 horas e 1 de xullo de 12 a 14 horas.

 

Programa

1. Introdución. Estratexia, identidade dixital e plan de comunicación:

  • Definición de estratexia de comunicación en redes.
  • Como crear a miña identidade dixital como PDI?
  • Creación de guías de redes sociais.
  • Marca persoal vs marca institucional.
  • Plan Social Media.

2. Contidos e mensaxes. Construír a pegada dixital:

  • Adaptar os mensaxes.
  • Storytelling.
  • Tendencias.

3. Xestión das redes sociais. como facelo?

  • Calendario editorial.
  • Trucos para o día a día.
  • Actitude e conduta.
  • A comunidade.

4. Ferramentas docentes abertas:

  • Características dos blogs.
  • Contidos para un blog.
  • Redacción de artigos divulgativos.

5. Redes sociais e ciencia:

  • Usos e aplicacións.
  • Dúbidas e reticencias.
  • Beneficios.

6. Recursos uvigo para RRSS:

  • Manual de RRSS da Universidade de Vigo.
  • Recursos en liña para a creación de contidos.

 

Profesorado

Sergio Fernández García

É licenciado en Xornalismo pola Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla, onde actualmente é community  manager e membro da dirección de comunicación en tarefas de divulgación científica, de redacción e de presentación do programa de TV Universitas. Foi redactor en ABC de Sevilla, en RNE de Andalucía e redactor de informativos de Canal Sur Televisión.

Mercè Guillén

É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universitat Pompeu Fabra, Mercè Guillén conta con dous mestrados pola Universitat Oberta de Catalunya: un en medios sociais: xestión e estratexia e outro en xestión de proxectos multimedia. Actualmente é responsable da comunicación nas redes sociais e dos contidos dixitais da área de comunicación da UOC. Encárgase da estratexia e da planificación da comunicación institucional nas redes sociais e das campañas específicas de comunicación corporativa aliñadas coa estratexia institucional. Á súa vez, é responsable da xestión e do mantemento das contas institucionais da  UOC en Facebook, Twitter, Instagram e  Linkedin así como da definición e da implementación dos plans de contidos dixitais e RS dos estudos e dos centros de investigación.

Javi Polinario

É licenciado en Xornalismo e especializado en redes sociais e en contidos dixitais. É responsable da estratexia das redes sociais na Universitat Rovira i Virgili (a universidade pública de Tarragona), onde planifica e executa a estratexia de comunicación 2.0 e onde, durante algúns anos, elaborou contidos científicos como técnico da Unidade de Cultura Científica e da Innovación. Colaborou nun blog en ElHuffPost. Foi gañador dos IX Premios de Xornalismo Fundación  Grünenthal na categoría de prensa escrita pola reportaxe «Crecer con dolor» sobre a dor infantil publicada en HuffPost. É autor dos manuais «Como divulgar ciencia a través de las redes sociales» e «Cómo divulgar ciencia en vídeo, paso a paso».

Mónica Valderrama

É licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada e doutora en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, ten experiencia profesional en diferentes medios de comunicación galegos. Pertence ao grupo de innovación docente ComTecArt e imparte diferentes materias de títulos vencellados á comunicación dixital e á produción publicitaria en medios audiovisuais. Desempeñou distintos cargos de xestión como vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coordinadora do Grao de Comunicación Audiovisual e directora do Mestrado en dirección de arte publicitaria. Na actualidade é vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo.

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma xenerarase electrónicamente nun prazo de 15 días despois de que remate a formación.