Introdución á linguaxe con Python para a docencia universitaria

Curso de formación do PDI

Ámbito: TransversalCódigo: PFPPPYTHONV211

Inicio e fin

15/09/2021 – 15/10/2021

Modalidade

Virtual

Duración

25 horas

Campus

1

30 prazas

 

Descrición

 Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021.

 

Director/a académico

Área de Formación e Innovación Educativa
986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Ernestina Otero 3º

Período de preinscrición:

26/07/2021 – 06/09/2021

Período de matrícula:

26/07/2021 – 06/09/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

2 horas

Docencia non presencial

23 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 Moovi e Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Coñecer os aspectos básicos da linguaxe.
  • Elaborar código en Python.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o profesorado con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Condicións de acceso

Coñecementos básicos de programación nalgunha outra linguaxe (coñecer que é unha variable, un bucle, condicionais etc.).

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

As persoas matriculadas en anteriores edicións e que non superaron o curso so poderán participar se quedan prazas dispoñibles.

 

Calendario

Parte síncrona: desenvolverase do 15 de setembro ao 15 de outubro a través de Moovi.

Sesión síncrona desenvolverase o 15 de setembro de 16 a 17 horas a través do Campus remoto.

Sesión titorial: desenvolverase o 1 de outubro de 16 a 17 horas a través do Campus remoto.

 

Programa

  1. Contorna de traballo.
  2. Tipos de datos.
  3. Módulos.
  4. Control de fluxo.
  5. Listas por comprensión.
  6. Funcións.
  7. Entrada e saída.
  8. Aspectos avanzados.

 

Profesorado

Ernesto Aranda Ortega

É doutor en Matemáticas pola Universidad de Sevilla, profesor titular na Universidad de Castilla-La Mancha.Está doutorado en Matemáticas pola Universidad de Sevilla e a súa área de investigación atinxe ao cálculo de variacións e optimización topolóxica. Impartiu diferentes cursos de programación en Python como na Escuela de Verano Conjunta UVEG-UASLP (2014),  Escuela de Ingenieros Industriales da UCLM (2015)  e formación permanente na UCLM desde 2017.

José Carlos Bellido Guerrero

É catedrático na Universidad de Castilla-La Mancha.Está doutorado en Matemáticas pola Universidade de sevilla e a súa área de investigación atinxe ao cálculo de variacións, optimización topolóxica e EDP non locais.Compartiu a docencia en Python citada anteriormente.

 

Sistema de avaliación

Superación dos cuestionarios en liña (75 %) e dos exercicios finais de programación.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días despois da finalización da formación.