Propiedade intelectual e persoal docente universitario

Curso de formación do PDI

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: PFPPPROP201

Inicio e fin

23/02/2021 – 25/02/2021

Modalidade

Virtual

Duración

8 horas

Campus

1

100 prazas

 

Descrición

O curso Propiedade intelectual e persoal docente investigador universitario insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021. Esta actividade forma parte das liñas de accións do selo HR. Este selo busca mellorar o futuro profesional do personal investigador. Podes consultar máis información en: https://www.uvigo.gal/es/investigar/idi-uvigo/estrategia-investigadora/estrategia-personal-investigador-hrs4r .

 

Director/a académico

986 812 035 | eafp@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Ernestina Otero 3º

Período de preinscrición:

26/01/2021 – 08/02/2021

Período de matrícula:

00/00/0000 – 00/00/0000

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición
A través do Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

Ter unha visión dos problemas, retos e solucións sobre a propiedade intelectual na universidade e resolver as dúbidas que nesta materia se podan formular polas persoas asistentes.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

 

Calendario

Desenvolverase os días 23 e 25 de febreiro de 16 a 20 horas.

 

Programa

  1. Introdución á propiedade intelectual.
  2. Regulación.
  3. Dereitos de propiedade intelectual.
  4. Réxime xeral de titularidade dos dereitos.
  5. Licenzas Creative Commons
  6. Propiedade intelectual:
    1. Do alumnado.
    2. Da universidade.
    3. Do PDI.
    4. Do PAS.
  7. Titularidade dos dereitos de propiedade intelectual das universidades: principais problemas.
  8. Persoa traballadora asalariada-autora.
  9. Propiedade intelectual (PI) e adquisicións.
  10. PI do PDI: descubrimentos científicos.
  11. PI na era dixital.
  12. PI nas leis.
  13. PI noutras normas.
  14. Open Access.
  15. Difusión en novos formatos: e-book e bibliotecas.
  16. Programas de ordenadores.
  17. Bases de datos.
  18. A propiedade intelectual nas teses doutorais.
  19. Lei de modificación da LPI:
    1. Citas.
    2. Compensación por copia privada.
    3. Usos educativos.
  20. PI e entidades de xestión.
  21. A defensa dos dereitos de PI.
  22. A explotación dos dereitos de PI, nova fonte de ingresos?
  23. Negocios relativos á  propiedade intelectual.
  24. Lei de transparencia e Lei de reutilización da información do sector público e open data.

 

Profesorado

Carlos A. Gómez Otero
É licenciado en Dereito e Diplomado pola Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Funcionario da escala de Técnico superior de Administración da USC, do Corpo Superior da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e da escala de Xestión da USC. Ocupou os postos de xefe de Sección do Gabinete Xurídico, de Xefe de Servizo de Asesoría Xurídica e de Secretario Xeral Adxunto  da USC dende o ano 2002. Participou en libros, artigos e capítulos de libros sobre temática universitaria. Impartiu seminarios, cursos e conferencias relacionadas co réxime xurídico universitario. Membro do Equipo Español de Expertos de Bolonia (BET). Especialista no marco xurídico de creación de Empresas de Base Tecnolóxica,  transferencia de resultados de investigación e en Administración Electrónica, onde coordinou traballos no Sistema Universitario Español. Membro da Xunta directiva da Asociación Española para el Estudio del Derecho Universitario (AEDUN).

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas e calificación de apto/a polo profesorado do curso.

 

Titulación

superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.