Oratoria e comunicación para docentes (Campus de Vigo)

Curso de formación do PDI

Ámbito: TransversalCódigo: PFPPORVI

Inicio e fin

08/11/2021 – 15/12/2021

Modalidade

Presencial

Duración

24 horas

Campus

1

20 prazas

 

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.
A actividade formativa desenvolverase mediante unha metodoloxía eminentemente práctica onde se asimilarán as técnicas necesarias para unha comunicación eficaz.
Realizaranse exercicios de control do medo escénico, do dominio do espacio, improvisación, autocontrol das emocións e do ego previos á posta en práctica das técnicas de comunicación verbal, non verbal e empatía imprescindibles para un labor profesional eficiente.

 

Director/a académico

Área de Formación e Innovación Educativa
986 812 035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Ernestina Otero 3º

Período de preinscrición:

04/10/2021 – 22/10/2021

Período de matrícula:

04/10/2021 – 22/10/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

24 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Trátase dun curso presencial. Que se desenvolverá na sala 1 do edificio Miralles do Campus de Vigo.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Descubrir os elementos más importantes da comunicación.
  • Elaborar mensaxes con maior poder de motivación.
  • Ser quen de valorar a calidade de diferentes comunicacións.
  • Perfeccionar a empatía.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

 

Calendario

Desenvolverase os días 8, 15, 22, 29 de novembro, 13 e 15 de decembro de 16 a 20 horas.

 

Programa

  • Bloque A: A preparación do discurso interno: o control do medo e a xestión das emocions (4 horas):Como darlle forma e corpo a cada un dos nosos medos a hora de falar traballando para comprender onde xorden as dificultade.
  • Bloque B: A mensaxe (6 horas):A preparación da mensaxe. Que debemos dicir.
  • Bloque C: O comunicador/a (6 horas):Como expoñer a mensaxe a través do dominio do corpo (mirada e xestos) e do dominio da voz (dicción, vocalización, interpretación, improvisación…).
  • Bloque D: A empatía (8 horas):Como lograr que a mensaxe chegue coa máxima eficacia ao receptor/a mediante técnicas de programación neurolingüística (PNL), intelixencia emocional, control das emocións e do ego.

 

Profesorado

Daniel Formoso Vérez

Avogado en exercicio con despachos profesionais en Vigo e Lugo. Ten un mestrado en Perfeccionamento en Habilidades Profesionais e da Avogacía polo ISDE (Instituto Superior de Dereito e Economía) de Madrid e é especialista en Oratoria e Comunicación con PNL e Intelixencia Emocional pola Escola Europea de Oratoria.
Imparte formación en oratoria e comunicación en diversos colexios de avogados/as e universidades, empresarios/as e diferentes profesionais.

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80% das sesións presenciais.
Superación dos exercicios que encargue o docente. Por exemplo, unha presentación en público.