Aulas virtuais en Moodle para uso docente (Nivel 4)

Curso de formación do PDI

Ámbito: TransversalCódigo: PFPPMO421

Inicio e fin

14/06/2021 – 16/07/2021

Modalidade

Virtual

Duración

12 horas

Campus

Vigo

200 prazas

 

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021. O uso das aulas virtuais constitúe un importante recurso de apoio á docencia presencial, semipresencial ou en liña, sendo o espazo a través do que o profesorado deseña a súa docencia, facilita materiais e actividades ao seu alumnado ademais de comunicarse e realizar avaliacións. Este MOOC aborda cuestións avanzadas sobre a configuración e xestión dun aula virtual para uso docente.

 

Director/a académico

Área de Formación e Innovación Educativa
986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar

Período de preinscrición:

19/05/2021 – 07/06/2021

Período de matrícula:

19/05/2021 – 07/06/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

12 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Moovi e Campus remoto (titorías).

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

Acadar coñecementos avanzados no emprego de Moodle para o uso docente:

  • Empregar métodos de cualificación avanzada (rúbricas, guías de avaliación).
  • Usar a ferramenta de detección de plaxio Turnitin, integrada en Moodle.
  • Facer exames con cuestionarios, tanto en liña como na aula, empregando ferramentas avanzadas como Offline Quiz e Safe Exam Browser.
  • Analizar as posibilidades e ferramentas que ofrece Moodle para implantar gamificación nunha materia a través da aula virtual.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición entre as persoas que cumpran os requerimentos para participar.

 

Calendario

Desenvolverase de forma síncrona do 14 de xuño ao 16 de xullo a través da plataforma Moovi.
O curso inclúe dúas horas semanais de titorías síncronas que se desenvolverán os xoves: 24 de xuño, 1, 8 e 15 de xullo de 10 a 12 horas a través do Campus remoto.

O seguimento das titorías será voluntario.

 

Programa

1. Avaliación en Moodle:

  • Rúbricas, guías de corrección e avaliación do grupo.
  • Rúbricas. – Guías de corrección.

Avaliación do grupo.

2. Emprego de Moodle como ferramenta de detección de plaxio: Turnitin.

3. Exames con cuestionarios:

  • Offlines Quiz.
  • Safe Exam Browser.

4. Gamificación con Moodle.

 

Profesorado

José Carlos López Ardao

É profesor titular da Universidade de Vigo e pertence ao departamento de Enxeñaría Telemática.

Con 30 anos de experiencia docente nas materias de Redes de Ordenadores e Internet. O seu campo de investigación estivo sempre relacionado coa análise de prestacións das redes de comunicacións e a enxeñería de tránsito, mais nos últimos 10 anos empezou a traballar e investigar tamén no ámbito da innovación educativa e, de xeito máis concreto, no estudo das relacións sociais na aula, e a aplicación da gamificación e do modelo de aula invertida na docencia. Nestes últimos anos ten impartido tamén numerosos cursos para profesorado, tanto en modalidade presencial como non presencial, esencialmente para a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia sobre Moodle, Gamificación na docencia e o modelo de aula invertida.

 

Sistema de avaliación

Obtención dunha cualificación igual ou maior ao 80 % no cuestionario sobre os contidos aprendidos nos vídeos do curso.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado.
O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.