O dereito á protección de datos persoais no ámbito universitario

Curso de formación do PDI

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: PFPPLOPD211

Inicio e fin

12/04/2021 – 15/04/2021

Modalidade

Virtual

Duración

10 horas

Campus

1

100 prazas

 

Descrición

Formación específica para o persoal docente e investigador sobre o dereito fundamental á protección de datos persoais e as obrigas e requisitos dos tratamento de datos persoais no Regulamento (UE) 2016/679, Regulamento Xeral de Protección de Datos e na Lei orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

 

Director/a académico

986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Ernestina Otero 3º

Período de preinscrición:

15/03/2021 – 31/03/2021

Período de matrícula:

15/03/2021 – 31/03/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

10 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición
A través do Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

O principal obxectivo desta acción formativa é que o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo coñeza cales son as principais esixencias en materia de protección de datos persoais nos ámbitos da docencia, a xestión e a investigación e a transferencia do coñecemento.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición

 

Calendario

Desenvolverase do 12 ao 14 de abril de 16 a 18.30 horas.

 

Programa

I. Introdución: Sistema de fontes. O dereito fundamental á protección de datos persoais e a súa distinción de outros conexos. Conceptos legais básicos.

II. A licitude do tratamento: Principios relativos ao tratamento. Base de lexitimación adecuada. Breve referencia aos dereitos dos interesados.

III. As obrigas do responsable do tratamento: Especial referencia á obriga de confidencialidade.

IV. A protección de datos persoais na docencia: Especial referencia á publicación das calificacións.

V. A protección de datos nas actividades de xestión: Transparencia e protección de datos persoais. Especial referencia á publicidade activa da actividade dos centros e dos seus órganos.

VI. A protección de datos persoais no ámbito da investigación e a transferencia: Requisitos para o tratamento de datos nos estudios científicos e na transferencia do coñecemento. Prestarase especial  atención ao uso e/ou difusión dos denominados datos especialmente protexidos e as súas consideracións específicas. 

 

Profesorado

Ana Garriga Domínguez
É profesora de Filosofía do Dereito e Delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Alcalá de Henares doctorouse  en Dereito pola Universidade de Vigo onde ocupou varios cargos académicos. Entre outros, foi Directora da Área de Igualdade (2008-2009) e Directora da Escola Superior de Enxeñería Informática (2013-2016). Actualmente é a Delegada de Protección de Datos nesa Universidade.

Conta cunha ampla experiencia docente en titulacións de grao e posgrao, tanto en universidades españolas como estranxeiras. As súas principais liñas de investigación son: liberdades de expresión e información, o principio de igualdade e os dereitos sociais, os dereitos humanos e a protección do medioambiente e o impacto do desenvolvemento tecnolóxico nos dereitos fundamentais, especialmente, a protección dos datos persoais.
Como resultado da actividade investigadora pódense citar máis de 60 publicacións entre artigos en revistas científicas, capítulos de libro e monografías, así como a participación en numerosos proxectos de investigación.

Susana Álvarez González
É profesora da Universidade de Vigo.

É autora de máis de 50 publicacións e participou en diferentes proxectos e contratos de investigación. Entre todos os proxectos, destacan, dunha forma especial, o Programa Consolider Enxeño 2010 “O tempo dos dereitos”, e o proxecto ECORAEE, financiado polo programa Life+ da Unión Europea Esta participación en proxectos e contratos complétase coa intervención en actividades de difusión e transferencia de resultados da investigación a través colaboración na elaboración borradores de proxectos lexislativos, nos que destaca a colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia para a elaboración do borrador de Lei de Universidades de Galicia, e da elaboración de informes, entre os figura a titulado “Situación actual dos dereitos relativos á Conciliación da vida familiar e laboral en España: Avances e retrocesos” que obtivo o accésit dos VI Premios da Fundación Alares 2012 á Conciliación da Vida Familiar, Laboral e Persoal e á Responsabilidade Social no apartado de Innovación.

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.