Interactividade nos contidos educativos con H5P (Nivel 1)

Curso de formación do PDI

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: PFPPH5P211

Inicio e fin

11/05/2021 – 20/05/2021

Modalidade

Virtual

Duración

12 horas

Campus

Campus Remoto

30 prazas

 

Descrición

O curso de H5P nivel I é unha formación que permitirá coñecer de primeira man unha ferramenta para creación de experiencias web interactivas. H5P permite crear, compartir e reutilizar o contenido. Contidos que poden ser empregados tanto nos blog ou web como integralos en xestores de aprendizaxe.

 

Director/a académico

986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar

Período de preinscrición:

12/04/2021 – 28/04/2021

Período de matrícula:

09/04/2021 – 28/04/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

12 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Familiarizar ás persoas participantes coa creación de contidos interactivos.
  • Familiarizar as persoas participantes coa filosofía e ferramentas open source.
  • Entender o obxetivo de H5P e os seus propósitos educativos.
  • Coñecer a estructura común dos exercicios H5P.
  • Crear e entender as funcionalidades dos exercicios H5P máis relevantes.
  • Coñecer a portabilidade de H5P a contornos LMS (Learning Management System) como método de realización de prácticas interactivas.
  • Insertar exercicios H5P na web ou plataforma online da que dispón o usuario/a ou participante.
  • Fomentar a filosofía de contido aberto.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición

 

Calendario

Desenvolverase os días 11, 13, 18 e 20 de maio de 16 a 19 horas.

 

Programa

1. Familiarizar aos/ás participantes coa filosofía e ferramentas de código aberto.
2. Comprender os modos de traballo de H5P.
3. Coñecer a estructura interna de H5P.
4. Personalizar exercicios empregando H5P.

 

Profesorado

Iván Otero González
PhD student at DOC_TIC program​ (Universidade de Vigo).
Enxeñería Técnica en Informática de Xestión ​ (Universidade da Coruña).
Mestrado en Consultoría de Software Libre​ (Universidade de Vigo).
Mestrado en Xeoinformática​ (Universidade de Vigo). 
Curso de Aptitude pedagóxica ​(Universidade da Coruña).

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.