Promovendo a convivencia, xestionando os conflitos

Curso de formación do PDI

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: PFPPCONFLIT211

Inicio e fin

24/05/2021 – 28/05/2021

Modalidade

Presencial

Duración

20 horas

Campus

Vigo

15 prazas

 

Descrición

A Universidade de Vigo pretende ofrecer unha formación, cun preeminente enfoque práctico, que responda ás necesidades reais das traballadoras e dos traballadores, procurando que os coñecementos e habilidades que adquiren coa realización das actividades formativas sexan aplicables dunha forma directa e inmediata aos seus postos de traballo.

 

Director/a académico

986812035 | eafp.innovacion.educativa@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar

Período de preinscrición:

09/04/2021 – 12/05/2021

Período de matrícula:

09/04/2021 – 12/05/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

20 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Se as condicións derivadas da pandemia o permiten, as sesións do 24 e o 26 impartiranse na modalidade en liña e as demais serán presencias no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas do campus de Vigo. Noutro caso poderán ser todas en liña.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

Este curso ten como obxectivos:

  • Promover a convivencia dentro da institución.
  • Promover a visión construtiva da controversia e os conflitos na institución.
  • Promover nas persoas a linguaxe amigable: verbal e non verbal.
  • Desenvolver competencias para desactivar a escalada do conflito
  • Promover a mediación.

De xeito que ao seu remate os asistentes adquiran as seguintes competencias:

  • Utilizar a linguaxe verbal e non verbal amigable en calquera tipo de situacións.
  • Recoñecer os tipos de conflito.
  • Recoñecer as propias capacidades para desactivar a escalada do conflito destrutivo.
  • Saber cando cómpre solicitar a intervención dunha persoa mediadora.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e  Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

 

Calendario

Desenvolverase do 24 ao 28 de maio de 10 a 14 horas.

 

Programa

  • Como atopar a motivación emprendedora e transmitila na aula?
  • Metodoloxía Apoena (aprender a escoitar para obter o mellor feedback).
  • A convivencia na universidade e a resolución construtiva de conflitos.
  • Procesos psicolóxicos básicos, controversias e conflitos: o procesamento da información e o poder da linguaxe.
  • Conflito: tipos, resolución.
  • Intervención de terceiras persoas: a mediación.
  • Técnicas e habilidades de mediación para legos.

 

Profesorado

Francisca Fariña Rivera
Catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do Menor da Universidade de Vigo. Directora de área da Unidade de Convivencia e Resolución Positiva de Conflitos. Conta con experiencia docente no ámbito da resolución adecuada de conflitos, principalmente en formación de posgrao no campo da mediación; igualmente dispón dunha ampla experiencia investigadora nesta área, que lle supuxeron o recoñecemento de 5  sexenios de investigación e 1  sexenio de transferencia.

Leticia García Villaluenga
Doutora en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid (UCM). Directora do Máster de Mediación y gestión de conflictos. Directora do Grupo de Investigación en “Sistemas cooperativos de gestión de conflictos, mediación, negociación y cultura de paz en la sociedad del siglo XXI” (ADRsXXI), da UCM. Presidenta da Conferencia Universitaria Internacional para el Estudio de la Mediación y el Conflicto (CUEMYC). Foi Inspectora Xefe da UCM e desenvolveu a experiencia pioneira de mediación en organizacións universitarias. Foi Cofundadora e Directora do Instituto Universitario de Investigación en Mediación y Gestión de conflictos da UCM.

Mercedes Novo Pérez
Doutora en Psicoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora Titular de Universidade de Psicoloxía Social na Universidade de Santiago de Compostela. Secretaria da Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense. É membro da Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela. Conta cunha ampla traxectoria investigadora e de transferencia de coñecemento, que lle supuxeron o recoñecemento de 3  sexenios de investigación e 1  sexenio de transferencia.

Blanca Otero Otero
Profesora de Dereito Procesual da Universidade de Vigo. Avogada e Mediadora. Doutora en Dereito. Foi avogada en exercicio e mediadora familiar en Centros de Apoio ás Familias do Concello de Madrid, Xulgados de Familia e Puntos de Encontro Familiar da Comunidad de Madrid e formou parte do Equipo de Mediación Familiar Intraxudicial dos Xulgados de Familia de Vigo.

Manuel Rosales Álamo
Doutor en Psicoloxía. Profesor do Departamento de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Universidad de La Laguna.  Director do Centro de Estudios Universitarios de la Mediación y Convivencia de la Universidad de la Laguna. Secretario Xeral da Conferencia Universitaria Internacional para el Estudio de la Mediación y el Conflicto (CUEMYC). Conta con experiencia docente no ámbito da resolución adecuada de conflitos, principalmente en formación de posgrao no campo da mediación.

Dolores Seijo Mártínez
Licenciada en Psicoloxía e diplomada en  Criminoloxía e Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora pola Universidade de Vigo. Profesora Titular de Universidade de Psicoloxía Social na Universidade de Santiago de Compostela.  Membro da Conferencia Universitaria Internacional para el Estudio de la Mediación y el Conflicto (CUEMYC). Medalla ao Mérito Profesional do Diario de Mediación e a Escola Española de Mediación e Resolución de Conflitos.

Mª José Vázquez Figueiredo
Licenciada en Psicopedagoxía e doutora pola Universidade de Vigo. Profesora Interina de Psicoloxía Básica na Universidade de Vigo. Conta con experiencia docente no ámbito da resolución adecuada de conflitos, principalmente en formación de posgrao no campo da mediación; igualmente dispón dunha ampla experiencia investigadora nesta área. É membro da Asociación Iberoamericana de Justicia Terapéutica.

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días despois da finalización da formación.