Iniciación ao coaching educativo na universidade

Curso de formación do PDI

Ámbito: TransversalCódigo: PFPPCOAC21

Inicio e fin

17/11/2021 – 25/11/2021

Modalidade

Duración

8 horas

Campus

Campus Remoto

30 prazas

 

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

 

Director/a académico

Área de Formación e Innovación Educativa
986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Ernestina Otero 3º

Colaboradores

Nos últimos anos houbo un gran interese e desenvolvemento, dentro do ámbito educativo, pola potenciación e desenvolvemento persoal do alumnado. Neste sentido os/as docentes de todas as etapas víronse na necesidade de reelaborar os seus propios esquemas de actuación e formarse na adquisición de ferramentas e técnicas que lles permitan retomar o seu rol de axente activo no proceso de aprendizaxe do alumnado. Así, neste contexto, a figura do profesor/a como coach cada vez cobrou un maior protagonismo. Con esta proposta formativa, búscase introducir e iniciar ao profesorado da Universidade Vigo en técnicas e ferramentas de uso habitual no coaching educativo.

Período de preinscrición:

01/01/1970 – 01/01/1970

Período de matrícula:

01/01/1970 – 01/01/1970

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

8 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Realizarase a través do Campus remoto. Unha semana antes enviaranse os datos de acceso.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Coñecer de que maneira o coaching contribúe a mellorar a contorna da educación universitaria.
  • Potenciar as habilidades de comunicación e contribuír a que o profesorado sexa un dinamizador da aprendizaxe e a investigación.
  • Iniciar ao/á docente en ferramentas de coaching que lle faciliten o seu labor de orientación e titorización do alumnado.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

 

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade síncrona virtual os días 15, 18, 24 e 25 de novembro de 17 a 19 horas.

 

Programa

  • Que é o coaching educativo e para que serve?
  • Que teño eu que pode axudarme no meu traballo? Valores e crenzas que potencian a aprendizaxe.
  • Que necesito para converterme en parte da solución? Habilidades dun profesor/a-coach.
  • E como o fago? Metodoloxía do coaching: motivación e acción.
  • Acompañando e asesorando. Modelos de aplicación do coaching á titorización universitaria.

 

Profesorado

Roberto Baelo Álvarez

Doutor en Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de León. Director e formador en diferentes cursos relacionados coa aplicación do coaching ao ámbito educativo.

Ángela Arias Valcarce

Mestrado en Coaching, Intelixencia Emocional e PNL educativa pola Universidade Camilo José Cela. Coach educativo e directora do Mestrado e Bacharelato en Adestramento Educativo na Escola Universitaria ESNE.
Directora e formadora en diferentes cursos relacionados coa aplicació

 

Sistema de avaliación

Requerirase un mínimo de asistencia do 80 %. 
Superación dun exame baseado nun cuestionario de preguntas múltiples.