A comunicación escrita en contornas virtuais

Curso de formación do PDI

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: PFPPCESC211

Inicio e fin

31/05/2021 – 03/06/2021

Modalidade

Virtual

Duración

horas

Campus

Campus Remoto

30 prazas

 

Descrición

Esta formación busca analizar algúns dos factores que inciden na comunicación virtual como, por exemplo, favorecer o coñecemento do alumnado e fomentar a participación en clase. Abordaranse, de maneira específica, algúns temas relacionados coa comunicación escrita, como o uso da linguaxe positiva; como transmitir seguridade e motivar coas palabras; a elaboración de mensaxes claras e eficaces; a corrección na redacción; o uso adecuado do correo electrónico e, por último, a xestión do conflito a través da linguaxe.

 

Director/a académico

986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar

Período de preinscrición:

03/05/2021 – 19/05/2021

Período de matrícula:

03/05/2021 – 19/05/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

10 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Coñecer os problemas que supón a comunicación no ensino virtual e as claves para solucionalos.
  • Xerar confianza no alumnado.
  • Utilizar o correo electrónico e as plataformas (Moovi, Campus remoto) como ferramentas de comunicación efectiva que sirvan para planificar consultas, organizar o tempo das respostas e manter unha relación próxima co estudantado.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

 

Calendario

Desenvolverase do 31 de maio ao 3 de xuño de 16 a 18.30 horas.

 

Programa

0. Introdución:
   – A comunicación eficaz no ensino non presencial.
   – Factores que inciden nesta comunicación. Obxectivos do  persoal docente.

1. Coñece ao estudantado e coida o ton (familiar, formal, agresivo, aburrido etc.):
   – Que sabes deles/elas?
   – Como podes potenciar a participación en clase?
   – A linguaxe positiva: como transmitir seguridade e motivar coas palabras.

2. Elabora mensaxes claras e eficaces:
   – Características.
   – Estrutura.
   – As emocións na linguaxe.      

3. Expresa as túas ideas con corrección. Breve repaso aos erros máis frecuentes nos diferentes niveis da linguaxe:
   – Puntuación.
   – Gramática e sintaxe.
   – Léxico.

4. O correo electrónico nesta modalidade: saber redactalo e saber utilizalo:
   – Problemas frecuentes: asunto vago ou pouco definido, comezar con escusas, falta de concreción e non saber “escoitar” á persoa emisora (non responder ao que se pregunta).
   -Algúns consellos para un uso eficaz: concretar a idea que se desexa transmitir, revisar e corrixir a redacción do texto, revisar a dirección e programar o envío para días e horarios laborais.

5. Xestión do conflito a través da linguaxe:
  – Cando abordar un conflito.
  – Frases asertivas.
  – Contexto emocional.

 

Profesorado

Inmaculada Anaya Revuelta

É profesora titular da Universidade de Vigo. Pertence ao Departamento de Lingua Española. Doctorouse en Filoloxía e obtivo o Premio Extraordinario de doutoramento da Universidade Complutense de Madrid. No ano 2004 é nomeada socia colaboradora do Círculo de Empresarios de Galicia onde desenvolve tarefas de formación e asesoramento lingüístico  a empresas e institucións. Tamén colabora en tarefas de formación co Instituto de Comunicación Empresarial (ICE) desde hai máis de 10 anos.

Impartiu máis de 50 cursos e seminarios sobre comunicación eficaz en consultarías, e centros de formación como GAMESA, Cadena Ser, P&A, Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos etc.

Belén Varela Romero

É asesora de empresas, formadora e relatora en diferentes países, con docencia e investigación na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC).

Licenciouse en Dereito e estudou un posgrao en práctica xurídica e un mestrado en Recursos Humanos. A súa traxectoria directiva pasa pola dirección de Escurís ou Gestamp onde comeza a interesarse polo comportamento humano nas empresas e a partir do ano 2005 adéntrase na especialización na psicoloxía positiva aplicada ás organizacións.

Pertence á International Positive Psychology Association (IPPA) e foi presidenta da Asociación de Recursos Humanos (AEDIPE) en Galicia, entidade desde a cal impulsa o Movimiento de Felicidad en el Trabajo.Colabora en Onda Cero Radio e outros medios de comunicación. Jobcrafting (Urano, 2019) y La Rebelión de las Moscas (Ediciones B, 2012). 

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas e calificación de apto/a polo profesorado do curso.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.