Botiquín emocional para afrontar o curso dirixido a docentes universitarios

Curso de formación do PDI

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: PFPPBOTEM211

Inicio e fin

10/05/2021 – 13/05/2021

Modalidade

Virtual

Duración

8 horas

Campus

Vigo

25 prazas

 

Descrición

Trátase dun obradoiro teórico-práctico dirixido ao profesorado universitario que ten como obxectivo ofrecer pautas para afrontar as clases desde unha xestión emocional  motivadora e facilitadora para a creación dun ambiente favorecedor para a aprendizaxe. A partir do reto que nos brinda esta situación inusual de cambios, descubriremos como abordar o ensino desde outras perspectivas adaptadas ao ambiente emocional do alumnado e ao noso propio.

Ante esta situación, faise necesario dispoñer de ferramentas de xestión emocional persoais para afrontar os cambios e atopar a maneira de adaptar as nosas emocións a cada situación para que o noso labor como docentes sexa o máis eficaz posible en beneficio do funcionamento académico e do benestar do alumnado.

Este curso ofrece pautas de crecemento persoal para adecuar os nosos roles, as nosas crenzas e valores á nosa vida e ás tarefas que realizamos. O obradoiro pretende ser unha pausa para o  autocoidado e o crecemento persoal.

 

Director/a académico

986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar

Período de preinscrición:

19/04/2021 – 30/04/2021

Período de matrícula:

19/04/2021 – 30/04/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

8 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

A través do Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Coñecer e a aprender sobre como sentimos.
  • Afrontar a xestión do cambio.
  • Falar de comunicación asertiva e de como tranquilizar coa palabra.
  • Tomar o pulso emocional á clase.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

 

Calendario

Desenvolverase os días 10, 11, 12 e 13 de maio de 16 a 18 horas.

 

Programa

Bloque 1. Xestión emocional e xestión do cambio:
Como sentimos?  Autocoñecemento. Como senten? Empatía.
– Como nos relacionamos ante o descoñecido?
– Somos flexibles?
– O medo ao cambio é o medo a perder algo. A autoconfianza.
– Pensamento lateral e a innovación no día a día.

Bloque 2.  Falar para tranquilizar:
– O que dicimos e o que interpretan as demais persoas. A comunicación efectiva.
– A comunicación non verbal. Que transmitimos na aula.
– Comunicación empática.
– Falar para tranquilizar: como me dirixo ao alumnado.

Bloque 3. Xestión da tensión:
– O noso botón vermello” e a falta de autocontrol.
– O esgotamento psicolóxico.
– Non estamos sós. A procura de apoios.
– A necesidade de gozar.

Bloque 4. Emocións na aula:
– Emocións adaptativas para a aprendizaxe.
– Emocións positivas para favorecer a motivación.
– O sentido do humor para  autorregularnos.

 

Profesorado

Gracia Vinagre Bonillo
Graduada en Psicología pola UNED. Mención clínica.
Licenciada en Comunicación Audiovisual. Universitat de València.
Psicóloga na Federación de Salud Mental de la CV. Proyecto Ama la vida en las Aulas.
Terapeuta en consulta privada en IVANN (Instituto de Neurociencias de Valencia).
Imparte cursos de regulación emocional e dinámicas sobre intelixencia emocional na aula en diferentes organizacións da comunidade educativa dirixidos ao profesorado e as familias.

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días despois da finalización da formación.