Análise de datos cualitativos con ATLAS.ti

Curso de formación do PDI

Ámbito: TransversalCódigo: PFPPAT21VIR

Inicio e fin

06/09/2021 – 09/09/2021

Modalidade

Duración

6 horas

Campus

1

20 prazas

 

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021.

 

Director/a académico

Área de Formación e Innovación Educativa
986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Ernestina Otero 3º

Período de preinscrición:

01/07/2021 – 09/09/2021

Período de matrícula:

01/07/2021 – 09/09/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

6 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Coñecer a importancia da estratexia analítica e a súa implantación en ATLAS.ti.
  • Identificar os principais compoñentes do programa no escenario analítico.
  • Aprender a xestionar documentos de diferentes tipos no programa.
  • Coñecer os principios da segmentación, memoing e codificación.
  • Aprender a recuperar datos e dar resposta ás preguntas de investigación.
  • Coñecer as ferramentas gráficas para representar resultados como os mapas conceptuais.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico. De quedar prazas dispoñibles poderán participar outros perfís.

 

Condicións de acceso

Experiencia básica en metodoloxía cualitativa e coñecementos informáticos a nivel ofimático.

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

 

Calendario

Desenvolverase os días 6, 7 e 9 de setembro de 10 a 13 horas.

 

Programa

  • A importancia da estratexia analítica.
  • O escenario de análise.
  • Xestión de documentos.
  • Citas e memos.
  • A codificación cualitativa.
  • Recuperando información e obtendo resultados.
  • Mapas conceptuais.

 

Profesorado

Antoni V. Casasempere Satorres

É licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía e Doutor en Educación. Desde 1998 traballa como analista de datos cualitativos e asesor no deseño de investigacións cualitativas e mixtas. Do mesmo xeito, asesora e forma no uso de programas informáticos de apoio á análise cualitativa e mixta como ATLAS.ti, MAXQDA ou NVivo, sendo formado no instituto CAQDAS da Universidade de Surrey, Reino Unido.

A nivel de formación participou en cursos e talleres de Juliet Corbin, Barney Glaser, John Creswell, Udo Kuckartz, Stefan Rädiker ou Pat Bazeley.

 

Sistema de avaliación

Terase en conta a asistencia e un exame tipo test.

Asistencia. Será necesario asistir ao 100 % da sesión.
Exame tipo test. Será un cuestionario composto de 10 preguntas relacionadas con toda a temática impartida no curso. Para superar a formación será necesario obter o 70 % de respostas correctas. Haberá dous intentos e a duración será de 30 minutos. As preguntas erróneas non descontan.

 

Titulación

Esta actividade está acreditada pola Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado. O diploma poderá descargarse quince días despois de que remate a formación.