A metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo

Curso de formación do PDI

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: PFPPAPS211

Inicio e fin

19/04/2021 – 09/05/2021

Modalidade

Virtual

Duración

20 horas

Campus

1

50 prazas

 

Descrición

A Aprendizaxe-Servizo é unha maneira de aprender facendo un Servizo á comunidade. Esta metodoloxía activa de aprendizaxe pode traballar todas as competencias (básicas, específicas, transversais e xerais) e artéllase nun proxecto de educación para a cidadanía que fortalece a comunidade, xa que fomenta o capital social, estimula o traballo en rede e afonda nos valores en normas que aportan cohesión social.

A filosofía que sustenta esta metodoloxía considera que a educación debe servir para mellorar o mundo.

 

Director/a académico

986813035 / 986130261 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente e Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación
Ernestina Otero 3º

Período de preinscrición:

12/03/2021 – 05/04/2021

Período de matrícula:

12/03/2021 – 05/04/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

20 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición
A través da plataforma Moovi e do Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Analizar as potencialidades pedagóxicas da Aprendizaxe –Servizo no EEES
  • Fomentar a participación social dende as aulas
  • Explorara as posibilidades da ApS como canle de desenvolvemento cognitivo, afectivo e ético no alumnado
  • Deseñar un proxecto de ApS adaptado ás diferentes áreas de coñecemento e titulación

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo mais terá preferencia:

1. O PDI con carga docente que estea interesado en presentar un proxecto á convocatoria ApS que non participase na edición anterior.
2. O demais PDI organizado por orde de preinscrición.
3. No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

 

Calendario

Curso teórico en liña (asíncrono): desenvolveranse do 19 de abril ao 9 de maio na plataforma Moovi.

Xornadas (sesións síncronas): desenvolverase o 22 de abril  de 16 a 18 horas e o 26 de abril de 16 a 18.30 horas a través do Campus remoto.

 

Programa

Curso teórico en liña (plataforma Moovi)
– Introdución á Aprendizaxe-Servizo.
– Que é e que non é ApS.
– Tipoloxías de ApS a desenvolver.
– Deseño de proxectos ApS.

Xornadas síncronas a través do Campus remoto (A estas xornadas poderán acceder persoas non matriculadas no curso)

 22 de abril (de 16  a 18 horas)
– A metodoloxía ApS na Universidade de Vigo. María Isabel Doval Ruiz.
Por qué funciona el aprendizaje-servicio? Una metodología pedagógica poderosa de interés europeo. Pilar Aramburuzabala.
– Quenda de preguntas.

26 de abril (de 16 a 18.30 horas)
– A convocatoria ApS na Universidade de Vigo.
– A práctica de ApS. Experiencia de tres proxectos da convocatoria UVigo de 2019 dende a visión da/o docente coordinador/a , do estudantado participante e das entidades sociais participantes.

 

Profesorado

Pilar Aramburuzabala
Doutora en Educación pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente traballa como profesora na Facultade de Formación do Profesorado e Educación da Universidade Autónoma de Madrid. Dende 2008, orientou os seus intereses de investigación ao eido do Aprendizaxe-servizo e a educación para a xustiza social. O seu traballo foi publicado en varios libros e revistas científicas, tanto nacionais como Internacionais .é membro da Rede Española de Servicio-Aprendizaxe, da Rede de Servicio-Aprendizaxe de Educación Superior, ApS (U). Coordina a Rede de Madrid para a Promoción da Servicio-Aprendizaxe. É a presidenta do Observatorio Europeo de Aprendizaxe-Servicio en Educación Superior.

María Isabel Doval Ruiz
Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.
Profesora titular de universidade do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo.

Alexandre Sotelino Losada
Profesor da Universidade de Santiago de Compostela que pertence oa Grupo de Investigación ESCULCA que está especializado na Aprendizaxe-Servizo.

Coa colaboración das entidades sociais que teñen acordo coa Universidade de Vigo e a participación de profesorado  e alumnado que lparticiparon na convocatoria de proxectos ApS de 2019.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas no curso, que obteñan a calificación de apto nas actividades de teleformación e que asistan ás dúas sesións síncronas a través do campus remoto.

A asistencia as xornadas síncronas está aberta as persoas interesadas sen necesidade de inscrición previa mais non se acreditará a súa asistencia.