Aulas virtuais en Moodle para uso docente - Nivel 1-2-3

Curso de formación do PDI

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: PFPPAL211

Inicio e fin

08/03/2021 – 23/04/2021

Modalidade

Virtual

Duración

36 horas

Campus

1

200 prazas

 

Descrición

O uso das aulas virtuales constitúe un importante recurso de apoio á docencia presencial, semipresencial ou en liña, sendo o espazo a través do que o profesorado deseña a súa docencia, facilita materiais e actividades aos seus alumnos, ademais de comunicarse e realizar avaliacións. Este curso aborda cuestións básicas sobre a configuración e xestión dun aula virtual para uso docente. Pola súa condición de software libre, Moodle está en constante actualización. Neste curso traballaremos coas versións dispoñibles na Universidade, que son a 3.8 en Campus Remoto e a 3.9 en Moovii. Para participar neste curso non se requiren coñecementos previos, xa que se trata dun curso que empeza cos coñecementos básicos sobre Moodle e que che permitirá ir avanzando a conceptos máis avanzados para lograr configurar un aula virtual con fins docentes, colgar ou enlazar contidos, configurar actividades e corrixilas, ou xestionar a comunicación cos alumnos/as. En varios niveis de intensificación incrementais, o alumnado aprenderá neste curso a deseñar, planificar e xestionar un curso na plataforma Moodle, adquirindo incluso no nivel básico, os coñecementos suficientes para a utilización da plataforma Moodle para apoiar o seu labor docente tanto presencial como en liña.

 

Director/a académico

986812035 | innovacion.educativa@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Ernestina Otero 3º

Período de preinscrición:

15/02/2021 – 02/03/2021

Período de matrícula:

15/02/2021 – 02/03/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

36 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición
A través de Moovi e do Campus remoto (titorías).

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Coñecer os aspectos claves no deseño e creación dun curso en Moodle.
  • Coñecer a distintos niveis, ata dominar, as ferramentas de creación de contido máis utilizadas en Moodle.
  • Coñecer a distintos niveis, ata dominar, os distintos tipos de actividades máis utilizadas en Moodle.
  • Aprender a avaliar mediante Moodle e empregar axeitadamente o libro de cualificacións.
  • Conseguir que o alumnado leve un seguimiento do seu progreso.
  • Aprender a crear exames de distinto tipo mediante Moodle.
  • Aprender a importar e exportar contidos e distintos tipos de datos en Moodle.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

 

Calendario

Do 8 de marzo ao 23 de abril de 2021.

Haberá 2 horas de titoría cada semana que se avisarán con antelación.

 

Programa

Nivel 1 (Básico): 12 horas:
Primeiros pasos. Introducción aos recursos e actividades en Moodle. Emprego dos grupos. O libro de cualificacións: Categorías e elementos. Copia, exportación e importación de cursos. Repositorio arquivos. O editor HTML.

Nivel 2 (Intermedio): 12 horas:
Crear cursos e matricular alumnos/as. Completado de actividades. Restriccións. Configuración dos foros. Configuración das tarefas. Emprego avanzado de cuestionarios: o banco de preguntas, creación de preguntas de opción múltiple, configuración da proba e creación do cuestionario.

Nivel 3 (Avanzado): 12 horas:
Traballando con foros. Avaliando tarefas. Configuración de obradoiros. Avaliando obradoiros. Outros tipos de preguntas para cuestionarios. Análise de resultados de cuestionarios. Introdución á creación de recursos H5P en Moodle. Outros recursos: cartafol, libro, lección, Scorm, wiki. Empregando actividades para crear distintos tipos de enquisas.

 

Profesorado

José Carlos López Ardao
É profesor titular da Universidade de Vigo e pertence ao departamento de Enxeñaría telemática.
Con 30 anos de experiencia docente nas materias de Redes de Ordenadores e Internet. O seu campo de investigación estivo sempre relacionado coa análise de prestacións das redes de comunicacións e a enxeñería de tránsito, mais nos últimos 10 anos empezou a traballar e investigar tamén no ámbito da innovación educativa e, de xeito máis concreto, no estudo das relacións sociais na aula, e a aplicación da gamificación e do modelo de aula invertida na docencia. Nestes últimos anos ten impartido tamén numerosos cursos para profesorado, tanto en modalidade presencial como non presencial, esencialmente para a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia sobre Moodle, Gamificación na docencia e o modelo de aula invertida.

 

Sistema de avaliación

Obtención dunha cualificación igual ou maior ao 80 % no cuestionario  sobre os contidos aprendidos nos vídeos do curso.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.