Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego

Curso de formación do PDI

Ámbito: CienciasCódigo: PFPPACC21

Inicio e fin

14/06/2021 – 18/06/2021

Modalidade

Virtual

Duración

5 horas

Campus

Vigo

25 prazas

 

Descrición

O curso Elaboración de documentos accesibles para o alumnado cego insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2021.

 

Director/a académico

986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar

Período de preinscrición:

02/06/2021 – 09/06/2021

Período de matrícula:

02/06/2021 – 09/06/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

5 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Moovi e Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

  • Formar ao profesorado no uso de documentos accesibles a persoas cegas nas aulas.
  • Sensibilizar á comunidade educativa sobre as necesidades específicas do estudantado cego.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

 

Calendario

Traballo autónomo na plataforma Moovi: do 14 ao 20 de xuño.

Sesión síncrona no Campus Remoto: 17 de xuño de 16 a 18 horas.

 

Programa

1. Procesadores de texto:

  • Vista de documentos.
  • Tipos de letra e tamaños.
  • ingua dos documentos.
  • Táboas.
  • Texto alternativo en imaxes.
  • Uso de columnas.
  • Uso da tipografía negra, itálica e subliñado.
  • Uso de información baseada en cores.

2. Follas de cálculo:

  • Creación de cadros uniformes.
  • Distribución de datos nun libro.
  • Combinación de celas.
  • Creación dun índice.

3. Presentacións en PowerPoint:

  • Orde de lectura dun revisor de pantalla.
  • Texto alternativo en imaxes.

4. Arquivos pdf:

  • Como crear documentos pdf accesibles.
  • Conversión de texto a son.

 

Profesorado

Pablo Vilariño Otero

É Enxeñeiro en informática de xestión pola UNED, realizou formación en técnicas especializadas en tiflotecnoloxía e braille para persoas con discapacidade visual e traballa como instrutor en tiflotecnoloxía e braille no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra desde 2016.

 

Sistema de avaliación

Visualización dos vídeos na plataforma Moovi e asistencia á sesión síncrona no Campus remoto.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.