Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web (modalidade virtual síncrona)

Curso de formación do PDI

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: PFPP21VI6

Inicio e fin

15/06/2021 – 29/06/2021

Modalidade

Virtual

Duración

20 horas

Campus

Campus Remoto

30 prazas

 

Descrición

A actividade formativa busca proporcionar ao profesorado de técnicas de produción de vídeo a través do emprego de ferramentas libres e recursos de publicación web da Universidade de Vigo.

Nel aprenderanse parámetros básicos da imaxe e son dixital, edición e retoque de vídeo, transcodificación de vídeo e xeración de subtítulos. Os programas empregados serán o Shotcut, Audacity, OBS, Openboard, VLC, HandBrake, Aegysub e GDocs+Youtube.

 

Director/a académico

986812035 | eafp.innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar

Período de preinscrición:

30/04/2021 – 14/05/2021

Período de matrícula:

30/04/2021 – 14/05/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

20 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Campus remoto.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
0,00 € 0,00 € 0,00 €

 

Obxectivos

Proporcionar claves para a mellora da calidade técnica e artística das producións audiovisuais de carácter docente e divulgativo a través de técnicas relacionadas coa gravación e edición de vídeo e son; mediante o emprego de ferramentas libres e multiplataforma así coma dos recursos propios da Universidade de Vigo destinados á gravación, xestión e publicación web.

 

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas a Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

 

Calendario

Desenvolverase os días 15, 17, 22, 24 e 29 de xuño  de 16 a 20  horas.

 

Programa

15/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • Parámetros básicos da imaxe e son dixital. Dixitalización. Conversión. Compresión. Formatos.
  • Gravación con smartphone ou videocámara, accesorios recomendados. Gravación de son. Normas básicas de composición e recomendacións de iluminación.

17/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • OBS. Captura de escritorio, webcam, micrófono e dispositivos externos de vídeo.
  • Composición de escenas e selección e configuración de fontes dixitais.
  • Ferramenta ‘Meus vídeos-CampusRemoto’. Autogravación, edición básica e publicación web.

22/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • Shotcut. Programa de edición de vídeo.
  • Interfaz, creacións de proxectos e importación de materiais dixitais.
  • Liña de tempo. Ferramentas e operacións básicas.

24/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • Shotcut. Programa de edición de vídeo.
  • Efectos: transformacións (2D e 3D), clave, rótulos e color. Cadros clave (keyframes), copiando-pegando efectos. Transicións de vídeo.
  • Son (mezcla de son, axuste de niveis e transicións de son, locución).
  • Exportando o meu vídeo.

29/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • Audacity. Interfaz, creación de proxecto, gravación, retoque, edición de son, exportando son.
  • Bancos de recursos audiovisuais libres, en liña. Tipos de licencias.
  • HandBrake: transcodificación, queimando subtítulos no vídeo.
  • Aegysub: creación manual de subtítulos.

 

Profesorado

Luis Pena Morandeira

De formación publicista e comunicador audiovisual. Desenvolve a identidade corporativa e manual de aplicación de varias iniciativas empresariais. Leva a cabo dúas estadías de prácticas formando parte do equipo de realización dos programas  ‘Obxectivo Innovar’ e ‘Máxima Audiencia’ producidas pola produtora viguesa Faro Comunicación e emitidos na canle TVG. Comeza a traballar primeiro en labouras de cámara e edición e, máis tarde, exercendo como realizador en diferentes programas de prime time, na canle rexional ‘Canal Vía’. Dende xaneiro de 2007 ate outubro de 2011 asume o cargo de coordinador de videoconferencia en Universidade de Vigo. É coordinador de produción de UVigoTV e CampusdoMarTV dende xaneiro de 2007 ata a actualidade. Desde 2016 exerce como docente en diversos cursos relacionados coa produción de contidos audiovisuais orientados a docencia e divulgación.

 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.