Curso de formación en negociación colectiva e individual no ámbito laboral

Curso de Formación

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: FX132101

Inicio e fin

30/09/2021 – 24/11/2021

Modalidade

Virtual

Duración

73 horas

Campus

Vigo

40 prazas

 

Descrición

 

Director/a académico

986 813769 | emmarodriguez@uvigo.es

Entidade organizadora

Departamento de Dereito Público Especial
Facultade de CC. Xurídicas

Período de preinscrición:

21/07/2021 – 29/09/2021

Período de matrícula:

26/07/2021 – 01/01/1970

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

73 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
270,00 € 270,00 € 270,00 €

 

Destinatarios

Posto que o fin último é a formación de profesionais nas técnicas de negociación, as persoas destinatarias do curso de formación serán as que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais. Tamén poderán acceder ao curso as persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.

 

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

Para un óptimo aproveitamento do curso establécese un límite máximo de 40 participantes, seleccionados pola dirección do curso. Os criterios concretos serán:
-60%: persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.
-40%: as persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde.

 

Calendario

O curso terá lugar desde o 30 de setembro ata o 24 de novembro de 2021. A docencia será non presencial, en todo caso, por mor da pandemia do COVID-19 e as dificultades para garantir a distancia de seguridade recomendada polas autoridades sanitarias. Haberá dúas modalidades de docencia: a sincrónica (en diferido) desenvolverarse pola plataforma TEMA, fundamentalmente e, por outro lado, a docencia diacrónica (en directo) que se levará a cabo polo Campus remoto da Universidade de Vigo. A docencia está organizada para impartirse os martes e xoves, fundamentalmente, entre ás 16:30h. e as 20:30h, cós descansos que se consideren oportunos.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

Inaguración

Lección maxistral impartida o comezo do curso por unha persoa experta na materia da negociación colectiva. Fundamentalmente do ámbito académico ou de relancia xurídica.

Concertación social e negociación colectiva

  •  Participación institucional e concertación social (concepto, experiencias, o papel dos sindicatos e axentes sociais, especial referencia a Galicia –histórica e actual-…)
  •  A negociación colectiva no modelo constitucional e legal español:
    • 1. Marco xeral
    • 2. A negociación colectiva estatutaria:
    • a. Suxeitos negociadores (lexitimación inicial, deliberante e decisoria)
    • b. Estrutura da negociación colectiva, unidades de negociación e concorrencia de convenios
    • c. Duración dos convenios, denuncia, prórroga e ultraactividade
    • 3. A negociación colectiva extraestatutaria e informal.
    • 4. Procedemento de negociación. O deber de negociación de boa fe. Análise de xurisprudencia e casos prácticos
    • 5. Puntos críticos dos convenios e acordos colectivos (salario, tempo de traballo, seguridade e saúde)
    • 6. A inaplicación de convenios
    • 7. Interpretación e aplicación dos convenios. Comisións Paritarias. Proceso de conflito colectivo
    • 8. A xestión do convenio colectivo. Rectificacións, depósito, rexistro, impugnación de oficio, publicación

Comunicación e intelixencia emocional

  • A comunicación como factor clave nas negociacións laborais individuais e colectivas. Comunicación verbal e no verbal. Teoría e práctica.
  •  A intelixencia emocional.
  • Estilos de negociación e test de negociación. Análise individualizado do perfil negociador de cada alumno/a.

Aspectos estratéxicos da negociación

  •  A negociación individual: aspectos estratéxicos e de contido específicos.
  •  A mesa negociadora, a plataforma de negociación e a banda negocial. Selección das materias importantes na negociación.
  •  Técnicas de negociación

Os acordos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos e individuais

  • O AGA.
  • Outros sistemas extraxudiciais de solución autónoma de conflitos individuais e colectivos: o ASAC, o SERCLA, o PRECO… ClausuraLección maxistral impartida por unha persoa experta no ámbito das relacións laborais, fundamentalmente do ámbito universitario ou xudicial.

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Concertación social e negociación colectiva

  •  Participación institucional e concertación social (concepto, experiencias, o papel dos sindicatos e axentes sociais, especial referencia a Galicia –histórica e actual-…)
  •  A negociación colectiva no modelo constitucional e legal español:
    • 1. Marco xeral
    • 2. A negociación colectiva estatutaria:
      • a. Suxeitos negociadores (lexitimación inicial, deliberante e decisoria)
      • b. Estrutura da negociación colectiva, unidades de negociación e concorrencia de convenios
      • c. Duración dos convenios, denuncia, prórroga e ultraactividade
    • 3. A negociación colectiva extraestatutaria e informal.
    • 4. Procedemento de negociación. O deber de negociación de boa fe. Análise de xurisprudencia e casos prácticos
    • 5. Puntos críticos dos convenios e acordos colectivos (salario, tempo de traballo, seguridade e saúde)
    • 6. A inaplicación de convenios
    • 7. Interpretación e aplicación dos convenios. Comisións Paritarias. Proceso de conflito colectivo
    • 8. A xestión do convenio colectivo. Rectificacións, depósito, rexistro, impugnación de oficio, publicación

Comunicación e intelixencia emocional

  •  A comunicación como factor clave nas negociacións laborais individuais e colectivas. Comunicación verbal e no verbal. Teoría e práctica.
  •  A intelixencia emocional.
  • Estilos de negociación e test de negociación. Análise individualizado do perfil negociador de cada alumno/a.

Aspectos estratéxicos da negociación

  • A negociación individual: aspectos estratéxicos e de contido específicos.
  •  A mesa negociadora, a plataforma de negociación e a banda negocial. Selección das materias importantes na negociación.
  • Técnicas de negociación Análise de casos reais e práctica Experiencias en mediacións e arbitraxes Taller de negociación (xogo de roles)

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 270 €. O pagamento farase efectivo mediante pago con tarxeta.

 

Sistema de avaliación

Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas a distancia, tanto da docencia sincrónica coma na modalidade diacrónica.
-Superación dos cuestionarios teórico-prácticos correspondentes a cada tema do curso.

 

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio anexo a Xerencia 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 816 554
E-mail: negociado.formacionpermanente@uvigo.es