Curso de Formación en Mediación Civil e Mercantil - Lei 5/2012

Curso de Formación

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: FX032101

Inicio e fin

07/06/2021 – 23/07/2021

Modalidade

Semipresencial

Duración

100 horas

Campus

Vigo

30 prazas

 

Descrición

Os conflitos son aspectos inevitables e recorrentes en todas as sociedades e ao longo da vida do individuo. Pero non por iso hai que pensar sempre no conflito como algo negativo que se debe suprimir, se non como un mecanismo que posibilita atopar a forma de crear as condicións que alenten unha confrontación construtiva e vivificante do mesmo.

A forma tradicional de resolver os conflitos foi, ata a actualidade, acudir á vía xudicial. Con todo os resultados que se obteñen da xestión dos conflitos a través desta vía fan que a percepción xeral sexa que dita vía non é sempre a máis adecuada, dado que en moitas ocasións a resolución do tribunal non satisfai ás persoas do conflito e non consegue acabar con este, producindo, en ocasións, mesmo o seu agravamento.

Os ADR (Alternative Dispute Resolution) ou MASC (Métodos Alternativos de Resolución de Conflitos) son siglas que se popularizaron en todo o mundo e refírense a unha nova metodoloxía chamada a ser peza esencial no proceso de modernización da xustiza.

Son mecanismos alternativos e/ou complementarios ao método de controversia clásica, isto é, o proceso xudicial, naqueles casos nos que as persoas enfrontadas por un conflito teñen unha mínima predisposición a buscar unha solución alternativa á sentenza xudicial.

Desde hai décadas a Comunidade Europea está a promover a súa utilización por medio de recomendacións e directivas, como vías alternativas e/ou complementarias da vía xudicial.

Neste contexto, a Facultade de Ciendias Xurídicas e do Traballo decidiu reunir os esforzos do seu persoal docente, froito de anos de experiencia dos organizadores no ensino de títulos de posgrao e de investigación académica no campo dos métodos alternativos de resolución de conflitos, para ofrecer un coñecemento e formar novas xeracións de especialistas que asuman os desafíos en materia de mediación.

 

Director/a académico

986 812413 | blotero@uvigo.es

Entidade organizadora

Departamento de Dereito Público
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Período de preinscrición:

18/05/2021 – 25/05/2021

Período de matrícula:

26/05/2021 – 03/06/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

100 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
360,00 € 360,00 € 360,00 €

 

Obxectivos

O obxectivo do Curso de formación en Mediación é formar profesionais capacitados para intervir, facilitando a xestión e solución de conflitos nos distintos contextos nos que se pode desenvolver a Mediación.

Os obxectivos específicos son:

  • Dar a coñecer os ámbitos de aplicación da Mediación
  • Dotar ao alumnado das ferramentas, estratexias, técnicas e habilidades para afrontar os conflitos dunha forma máis positiva
  • Dotar dos coñecementos necesarios para desenvolver os procedementos de Mediación
  • Incorporar unha visión interdisciplinaria

 

Destinatarios

Todas as persoas que teñan interese en especializarse en mediación civil e mercantil.

 

Condicións de acceso

  1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo
  2. Alumnos/as da universidade
  3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios
  4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade

 

Criterios de selección

A selección realizarase en función dos seguintes criterios:

  • Expediente académico (50%)
  • Curriculum Vitae (50%)

 

Calendario

Inicio: 7 de xuño de 2021.

Finalización: 23 de xullo de 2021.

Semanas presenciais: do 28 de xuño ao 2 de xullo de 2021, do 19 ao 23 de xullo de 2021, de luns a venres de 16.00 a 21.00 n na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

A mediación como medio de solución de conflitos. A mediación como método autocompositivo de xestión e solución de conflitos. Características e piares da mediación. O papel do mediador. Ética do mediador. Protección de datos.

Técnicas de mediación e negociación. Técnicas de comunicación e negociación do Mediador. Procesos psicolóxicos nos procedementos de mediación e competencias que se requiren ao mediador. Técnicas de mediación, ferramentas e estratexias. Ferramentas de coaching para mediadores.

Mediación civil e mercantil: Regulación. Lei 5/2012, de mediación en asuntos civís e mercantís. Ámbito de aplicación: Asuntos civís e mercantís. Mediación en materia de consumo. Principios da mediación. Mediación concursal. O procedemento de mediación. Mediación intraxudicial e extraxudicial. Mediación por medios electrónicos. O acordo e os seus efectos. Execución.

Mediación familiar: Regulación. Normativa autonómica. Incidencia da Lei 5/2012. Ámbito de aplicación: Crises matrimoniais. Conflitos patrimoniais derivados da separación ou divorcio. Conflitos derivados das relacións paterno-filiais. Igualdade, violencia de xénero e mediación. Detección da violencia de xénero. Outros conflitos familiares. Exercicio da corresponsabilidade parental nos supostos de crises de parella. Consecuencias da ruptura da parella na familia.

MÓDULOS PRÁCTICOS:

A mediación. Técnicas de negociación e mediación. Sesión informativa. Procedemento de mediación. Retos éticos. Formalización de acordos. Documentos que interveñen.

Mediación civil e mercantil e mediación familiar. Características da mediación civil e mercantil. Características da mediación familiar. Role play.

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 400 €, con posibilidade de obtención dunha bolsa de 200 €. O pagamento farase efectivo mediante pago por tarxeta bancaria.

 

Sistema de avaliación

Cada semana online al alumno se le colgará material para el estudio de la materia
de la semana, y se planteara una actividad que en función de la asignatura podrá ser
una tarea práctica, teórica, un foro, un test etc.. que puntuará el 50% del módulo,
siendo el otro 50% evaluable en la semana presencial a través de las actividades
prácticas.

 

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato, 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811950
E-mail: posgrao@uvigo.es