Curso de formación en deseño, programación e administración de bases de datos

Curso de Formación

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: FT072103

Inicio e fin

15/10/2021 – 03/12/2021

Modalidade

Presencial

Duración

53 horas

Campus

Vigo

30 prazas

 

Descrición

As bases de datos son os sistemas de información máis implantados no mundo. Pensemos por exemplo na xestión de información bancaria, de reservas de voos en compañías aéreas, xestión de almacéns, de produción en plantas industriais, sanidade, e un larguísimo etc. O punto crave que explica o uso tan extenso desta tecnoloxía é que é un recurso básico sobre o que traballan multitude de sistemas de todo tipo de organizacións.

 

Director/a académico

986812222 | amador@uvigo.es

Entidade organizadora

Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática
Rúa Maxwell, s/n. Campus universitario Lagoas-Marcosende

Período de preinscrición:

01/06/2021 – 10/10/2021

Período de matrícula:

01/06/2021 – 10/10/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

53 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
195,00 € 195,00 € 195,00 €

 

Obxectivos

Dominar as técnicas de deseño de bases de datos, a linguaxe SQL, a construción de vistas e o desenvolvemento de rutinas almacenadas (procedementos, funcións e triggers). Así mesmo, o alumno será capaz de xestionar os usuarios da base de datos, controlar a concorrencia por medio de transaccións, usar ficheiros de intercambio de información, crear e restaurar copias de seguridade.

 

Destinatarios

Alumnos de áreas científico-técnicas, que queran ampliar o seu currículo de cara á súa futura carreira profesional ou interesados en proxectos fin de carreira con necesidade de uso de bases de datos. Profesionais do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións interesados en introducirse na administración ou desenvolvemento con bases de datos. Sempre e cando todos eles reunan as condicións de acceso.

 

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

Ainda que non son imprescindibles, resultaría de utilidade ter coñecementos básicos de programación en calquera linguaxe.

 

Calendario

Todos os días lectivos do 15 de outubro ó 3 de decembro de 2021.Ademáis, simultáneamente á docencia do curso desenvolveranse 21 horas de traballo non presencial.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

Deseño da base de datos: Modelo Conceptual con diagramas Entidade/Relación. Deseño lóxico con grafos relacionais.

Linguaxe SQL: Constructión e modificación do esquema da base de datos. Consulta e modificación da información

Rutinas: Funcións. Procedementos. Cursores. Triggers.

Vistas: Creación e actualización.Vistas virtuais e materializadas. Restriccións.

Importación e exportación de datos: Instruccións para a carga e exportación de información en ficheiros.

Índices: Obxectivo e limitaciones. Tipos Creación e reconstrucción.

Seguridade: Directrices. Privilexios. Xestión de usuarios e roles. Copias de seguridade.

Transaccións: Concepto e propiedades. Modelo ACID. Inconsistencias. Niveles de aillamentos.

Aplicacións: Criterios de deseño. Optimización de sentenzas SQL. APIs de linguaxes, JDBC, ODBC. Integración de bases de datos na web.

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Deseño da base de datos: Aplicación das técnicas de deseño aprendidas.

Linguaxe SQL: Estruturas da linguaxe SQL para definición, consulta e modificación da información na base de datos.

Rutinas: Uso dos distintos tipos de rutinas existentes.

Vistas: Posta en práctica das vistas.

Importación e exportación de datos: Comandos de importación e exportación de datos. Formato dos ficheiros de intercambio.

Índices: Construcción de índices. Comparación de velocidade das consultas con e sen índices.

Seguridade: Posta en práctica das técnicas de xestión de usuarios. Creación e restauración de copias de seguridade.

Transaccións: Uso de transaccións e niveis de illamento para o control da concorrencia.

Proxecto: Aplicación das técnicas aprendidas en en curso ao deseño dunha base de datos completa para unha aplicación web. Non presencial.

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 195,00 €. O pagamento farase efectivo mediante pago con tarxeta, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

 

Sistema de avaliación

Avaliación continua por parte do profesor

 

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato, 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811 950
E-mail: posgrao@uvigo.es; negociado.formacionpermanente@uvigo.es