Curso de formación en programación JAVA

Curso de Formación

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: FT072102

Inicio e fin

23/07/2021 – 30/07/2021

Modalidade

Semipresencial

Duración

53 horas

Campus

Vigo

30 prazas

 

Descrición

Tras o éxito de anos anteriores, preséntase unha nova edición deste curso de programación en Java. Cun enfoque fundamentalmente práctico estudaranse os conceptos máis importantes da programación orientada a obxectos: herdanzas, programación en paralelo, interface gráfica, comunicación TCP/IP, acceso a bases de datos, acceso á web, etc.

Ademais, dado que os dispositivos móbiles Android prográmanse en java, este curso é o complemento ideal previo a iniciarse no desenvolvemento para esta plataforma.

 

Director/a académico

986812222 | amador@uvigo.es

Entidade organizadora

Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática
Rúa Maxwell, s/n. Campu…tario Lagoas-Marcosende

Período de preinscrición:

01/03/2021 – 16/07/2021

Período de matrícula:

01/03/2021 – 25/07/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

53 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Escola de Enxeñaría Industrial

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
195,00 € 195,00 € 195,00 €

 

Obxectivos

Dominar os conceptos máis importantes da programación orientada a obxectos en Java.

 

Destinatarios

Alumnos ou profesionais interesados en introducirse na programación con Java, de cara a ampliar o seu currículum ou interesados en traballos fin de grao ou mestrado con necesidade de programación.

 

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

Ter coñecementos básicos de programación en calquera linguaxe.

 

Calendario

Todos os días lectivos do 15 ó 24 de Xullo 2020, de 10h a 14h. Ademáis, simultáneamente á docencia do curso desenvolveranse 21 horas de traballo non presencial.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

Programación estructurada: Elementos básicos da programación estructurada en Java: tipos de datos, estruturas de control de fluxo, etc.

Programación orientada a obxectos: Clases e obxectos, herdanza, interfaces, paquetes, etc.

APIs: Clases ArrayList, HashMap, StringTokenizer, etc. Autoboxing. Generics. Enumeracións.

Xestión de erros: Captura e xestión de excepcións.

Entrada e saída: Fluxos de entrada e saída, serialización, clase Properties, etc.

Swing: Interfaz de usuario con Swing: Frames, paneis, diálogos e outros contenedores. Controles. Eventos Gráficos.

Acceso a bases de datos: Acceso a servidores de bases de datos.

Programación multifío: Programación multifío coa clase Thread

Acceso a Redes: HTTP, URL, etc.

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Programación estructurada: Elementos básicos de Java

Programación orientada a obxectos: Clases e obxectos, herdanza, interfaces, paquetes, etc.

APIs

Entrada e Saída: I/O Streams. Clase Properties.

Swing: Interfaces gráficas con Swing.

Multifío: Programación multifío coa clase Thread.

Proxecto: Desenvolvemento non presencial dunha aplicación Java donde se utilizarán os principais recursos da linguaxe: programación orientada a obxectos, acceso a bases de datos, acceso a Internet, ficheiros, etc.

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 195,00 €. O pagamento farase efectivo mediante de pago con tarxeta, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

 

Sistema de avaliación

Avaliación continua por parte do profesor

 

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato, 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811 950
E-mail: posgrao@uvigo.es; negociado.formacionpermanente@uvigo.es