Curso de formación en Javascript para aplicacións web e móbiles

Curso de Formación

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: FT072101

Inicio e fin

09/06/2021 – 18/06/2021

Modalidade

Presencial

Duración

53 horas

Campus

Vigo

30 prazas

 

Descrición

Neste curso presentaranse os elementos que compoñen a linguaje Javascript: tipos de datos, estruturas de control, funcións, obcextos, etc. A continuación presentaranse as principais APIs dispoñibles nos navegadores (multimedia, xeolocalización, debuxo, almacenamento persistente, AJAX, etc.). Estas APIs son as que proporcionan a Javascript a súa potencia e capacidade de acceder ao hardware do dispositivo. 

 

Director/a académico

986812222 | amador@uvigo.es

Entidade organizadora

Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática
Escola de Enxeñaría Industrial – Sede Campus

Período de preinscrición:

01/04/2021 – 06/06/2021

Período de matrícula:

01/04/2021 – 07/06/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

32 horas

Docencia non presencial

21 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Escola de Enxeñaría Industrial, sede Campus.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
195,00 € 195,00 € 195,00 €

 

Obxectivos

O obxectivo deste curso é que o alumno sexa capaz de utilizar as principais ferramentas do Javascript e as APIs de HTML5, así como ser capaz de desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles independentes da plataforma, accedendo aos recursos propios do dispositivo (cámara, GPS, etc.)

 

Destinatarios

Estudantes ou profesionais con interese na programación en Javascript, especialmente para o desenvolvemento de aplicacións web ou apps multiplataforma para dispositivos móbiles.

 

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

Teranse en conta os coñecementos de programación en cualquera linguaxe de alto nivel (Java, Python, PHP, C, C++, C#, Visual Basic, Pascal, etc.)

 

Calendario

Todos os días lectivos do 2 ao 11 de xuño en horario de 10h a 14h.

Ademais, simultáneamente á docencia do curso, desenvolveranse 21 horas de traballo non presencial.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

Contexto: HTML e CSS: Conceptos de HTML e CSS necesarios para a programación en Javascript.

Javascript básico: Estruturas de datos e control, funcións, etc.

Javascript avanzado: Obxectos. Eventos. Manipulación do DOM.

APIs de navegador: Geolocalización Multimedia AJAX. Arrastrar e soltar. Debuxo. Almacenamento local. Mensaxes.

jQuery e jQuery Mobile: Framework jQuery Framework para dispositivos móbiles jQuery Mobile

App móviles: Desenvolvemento de apps con HTML5, Javascript, jQuery Mobile e CSS

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Contexto: HTML e CSS: Elementos HTML e CSS necesarios para o traballo con Javascript

Javascript: Práctica cos elementos máis importantes de Javascript, desde os elementos básicos (variables, estruturas de control) ata os máis avanzados (obxectos, por exemplo).

APIs de navegador: Prácticas coas principais APIs: xeolocalización, multimedia, debuxo, AJAX, etc.

jQuery e jQuery Mobile: Práctica cos frameworks de jQuery e jQuery Mobile

Apps móbiles

Proxecto: Proxecto no que se integran a varios dos temas estudados no curso.

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 195 €. O pagamento farase efectivo mediante pago con tarxeta, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

 

Profesorado

  • Amador Rodríguez Diéguez

 

Sistema de avaliación

Avaliación continua por parte do profesor.

 

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato, 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811 950
E-mail: posgrao@uvigo.es; negociado.formacionpermanente@uvigo.es