Curso de formación en análise avanzada da información (Microsoft Excel)

Curso de Formación

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: F3122004

Inicio e fin

11/06/2021 – 03/07/2021

Modalidade

Presencial

Duración

40 horas

Campus

Vigo

38 prazas

 

Descrición

Excel é unha ferramenta informática amplamente utilizada no mundo empresarial, tanto pola súa facilidade de uso como polas prestacións que ofrece. Este curso permite obter os coñecementos avanzados para analizar e tratar a información con Excel.

 

Director/a académico

José Ignacio Armesto Quiroga
986812244 | armesto@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Campus)
C/ Maxwell, s/n – Campus Universitario As Lagoas-Marcosende – 36310 Vigo

Período de preinscrición:

29/01/2021 – 10/02/2021

Período de matrícula:

11/02/2021 – 10/06/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

40 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición
Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Campus)

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
150,00 € 150,00 € 150,00 €

 

Destinatarios

Profesores, investigadores e estudantes universitarios interesados en obter os coñecementos avanzados para analizar a información mediante a folla de cálculo Microsoft Excel.

De acordo coa normativa vixente, ofreceranse varias bolsas de estudo. A súa asignación realizarase, con posterioridade ao peche da matrícula, entre os alumnos da Universidade de Vigo que se matriculen no mesmo, en base á Nota Media do seu expediente académico.

 

Condicións de acceso

  1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo
  2. Alumnos/as da universidade
  3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios
  4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos aos mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de solicitude de preinscrición e abono das taxas de matrícula ata esgotar as prazas dispoñibles.

Será condición imprescindible que cada rexistrado dispoña dun computador portátil co que asistirá a todas as clases do curso.

 

Calendario

Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Campus) Venres de 16.00 h a 21.00 h, Sábados de 9.00 h a 14.00 h: 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de xuño de 2021; 2 e 3 de xullo de 2021 As titorías xestionaranse por correo electrónico, no periodo comprendido entre o 11 de xuño e o 3 de xullo de 2021. Sede: Sede Campus da EEI.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

INTRODUCCIÓN Introducción al entorno Excel. Tratamiento de la información. Concepto globalizado de la herramienta

PROGRAMACIÓN DE MACROS Concepto de Macro. Aplicación de las Macros. Editor VBA. Compilación y ejecución de Macros.

ANÁLISIS AVANZADO DE LA INFORMACIÓN Fórmulas. Tablas dinámicas. Listas avanzadas. Regresión lineal. Regresión Múltiple. Transformaciones. Fórmulas matriciales. Referencias mixtas. Control de fechas.

INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN CON OUTRAS FERRAMENTAS Intercambio de información con Microsoft Word | Intercambio de información con Microsoft PowerPoint | Intercambio de información con Microsoft Access

  MÓDULOS PRÁCTICOS:

DESARROLLO DE EJERCICIOS PRÁCTICOS Realización de diversos casos prácticos relacionados con los contenidos teóricos del curso.

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 150,00 €, con posibilidade de obtención dunha bolsa de 60,00 €. O pagamento farase efectivo mediante tarxeta bancaria ou en calquera oficina de ABANCA, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

 

Sistema de avaliación

Para a avaliación dos alumnos terase en conta:

  1. Asistencia presencial ás clases
  2. Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.

Adicionalmente exporase, durante o curso, un traballo que se desenvolverá sobre os medios dispoñibles na aula. Os participantes deberán executar e documentar devandito traballo, contando para iso coa asistencia do profesorado dedicado a esta misión nas horas asignadas a prácticas.

 

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato, 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 816 554 – 811950
E-mail: posgrao@uvigo.es  – negociado.formacionpermanente@uvigo.es