Curso de formación en fundamentos de deseño técnico con SolidWorks

Curso de Formación

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: F3122003

Inicio e fin

15/07/2021 – 30/07/2021

Modalidade

Presencial

Duración

60 horas

Campus

Vigo

30 prazas

 

Descrición

Curso eminentemente práctico, impartido por docentes da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo cunha ampla experiencia no deseño técnico con SolidWorks. Fórmate nunha das ferramentas CAD 3D máis requiridas no mercado laboral. Mellora o teu C.V. en só 60 horas. Prepárate para o teu proxecto final de carreira e/ou actividade profesional. Este curso é bonificable para traballadores en activo contratados por conta allea, a través da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE). Contacta con Bonifica o teu curso e informaranche de todo o procedemento e a mellor modalidade de bonificación para ti e a túa empresa.

 

Director/a académico

José Ignacio Armesto Quiroga
986812244 | armesto@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola de Enxeñaría Industrial
C/ Maxwell, s/n – Campus As Lagoas-Marcosende – 36310 Vigo

Período de preinscrición:

29/01/2021 – 17/03/2021

Período de matrícula:

18/03/2021 – 14/07/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

60 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición
Sede Campus da EEI

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
240,00 € 240,00 € 240,00 €

 

Destinatarios

Orientado ao alumnado universitario de segundo ciclo e profesionais cuxa dedicación estea encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas CAD de última xeración.

De acordo coa normativa vixente, ofreceranse varias bolsas de estudo. A súa asignación realizarase, con posterioridade ao peche da matrícula, entre os alumnos da Universidade de Vigo que se matriculen no mesmo, en base á Nota Media do seu expediente académico.

 

Condicións de acceso

  1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo
  2. Alumnos/as da universidade
  3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios
  4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de solicitude de preinscrición e abono das taxas de matrícula ata esgotar as prazas dispoñibles.

 

Calendario

15, 16, 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de xullo de 2021 de 9.00 h a 14.00 h Lugar: Sede Campus da EEI

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

PRINCIPIOS DE DESEÑO. INICIACIÓN Ao DESEÑO AVANZADO ASISTIDO POR COMPUTADOR Conceptos básicos de SolidWorks. Contorna de traballo para a modelización. Barras de menú despregables. Paletas de funcións. Configuración e personalización. Área de diálogo usuario-programa. Xanela gráfica. Xestión de modelos e sesións de traballo. Creación e manexo de modelos. Modos de traballo: modo espazo 2D/3D e modo plano.

TÉCNICAS DE DESEÑO. MODELADO CON SÓLIDOS Conceptos de modelado de sólidos. Xeración de perfís: sketcher (esbozo). Sólidos baseados en perfís de esbozos. Ferramentas de modificación de sólidos. Repetición de sólidos. Análise de propiedades da xeometría. Medidas, pesos e momentos de inercia. Parametrización de sólidos e creación de sólidos mediante táboas Excel.

TÉCNICAS DE DESEÑO. MODELADO DE ENSAMBLAXES Conceptos de uso de Assembly. Uso e aplicación de restriccionado entre pezas. Operacións de ensamblaxe. Xestión e salvado de pezas e ensamblaxes. Creación de pezas en contexto. Xeración de estourados.

TÉCNICAS DE DESEÑO. MODELADO DE SUPERFICIES Ferramentas de modelado de superficies. Manipulación de superficies. Xeración de sólidos a partir de superficies e modificación de superficies.

TÉCNICAS DE DESEÑO. MODELADO DE CHAPA Ferramentas de modelado de pezas tipo chapa. Xeración de despregamentos.

PROXECTO TÉCNICO DE MODELO INDUSTRIAL. DOCUMENTACIÓN E INTEGRACIÓN DA INFORMACIÓN Metodoloxía de documentación 2D. Xeración de vistas frontais, proxeccións, vistas isométricas e vistas auxiliares. Xeración de seccións e cortes así como seccións e cortes abatidos. Creación de detalles, roturas e roturas parciais. Xeración de vistas automáticas. Xestión de estándares de debuxo. Creación e uso de detalles e catálogos 2D.

SIMULACIÓN FEM Introdución ao cálculo FEM. Estudo FEM de elementos mecánicos con CosmosWorks.

  MÓDULOS PRÁCTICOS:

INICIACIÓN PRÁCTICA Ao DESEÑO AVANZADO ASISTIDO POR COMPUTADOR O alumno adquirirá habilidades básicas en relación ao uso da ferramenta de deseño SolidWorks.

PRÁCTICAS DE MODELADO CON SÓLIDOS O alumno adquirirá habilidades no manexo de esbozo e sólidos

PRÁCTICAS DE MODELADO DE ENSAMBLAXES O alumno adquirirá habilidades na creación e manexo de ensamblaxes a partir de pezas predefinidas e a creación de pezas no contexto da ensamblaxe.

PRÁCTICAS DE MODELADO DE SUPERFICIES O alumno adquirirá habilidades na creación e manipulación de superficies 3D.

PRÁCTICAS DE MODELADO DE CHAPA O alumno adquirirá habilidades no manexo de ferramentas específicas de modelado sólido para pezas realizadas en chapa.

PRÁCTICAS DE ELABORACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INTEGRACIÓN DA INFORMACIÓN O alumno adquirirá habilidades na xeración de documentación 2D a partir dos modelos tridimensionais.

PRÁCTICAS DE SIMULACIÓN FEM. SIMULACIÓN FEM SOBRE PEZAS O alumno adquirirá habilidades básicas sobre o cálculo estrutural FEM aplicado ao deseño de pezas.

PRÁCTICAS DE SIMULACIÓN FEM. SIMULACIÓN FEM SOBRE ENSAMBLAXES O alumno adquirirá habilidades básicas sobre o cálculo estrutural FEM aplicado ao deseño de ensamblaxes.

PRÁCTICAS AVANZADAS SOBRE SIMULACIÓN FEM O alumno adquirirá habilidades avanzadas sobre o cálculo estrutural FEM aplicado ao deseño de pezas e ensamblaxes (análises de resonancia, cálculo de impacto, comprobación a pandeo, …).

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 240,00 €, con posibilidade de obtención dunha bolsa de 110,00 €.
O pagamento farase por tarxeta bancaria na plataforma Bubela.

 

Profesorado

 

Sistema de avaliación

Para a avaliación dos alumnos terase en conta:

  1. Asistencia presencial ás clases
  2. Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.

Adicionalmente exporase, durante o Curso, un traballo de deseño CAD que se desenvolverá sobre os medios dispoñibles na aula. Os participantes deberán executar e documentar devandito traballo, contando para iso coa asistencia do profesorado dedicado a esta misión nas horas asignadas a prácticas.

 

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2020/2021).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato, 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811 950
E-mail: negociado.formacionpermanente@uvigo.es