Curso de formación en estatística con

Curso de Formación

Ámbito: Ciencias da SaúdeCódigo: F3062106

Inicio e fin

01/11/2021 – 15/12/2021

Modalidade

Virtual

Duración

31 horas

Campus

Vigo

90 prazas

 

Descrición

O programa estatístico R é gratuíto e moi fácil de instalar en calquera computador e sistema operativo. Converteuse en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente. A comunidade estatística colabora de forma desinteresada co proxecto R, e miles de investigadores achegan constantemente rutinas e utilidades.
 
Actualmente é fácil atopar paquetes de R e aplicacións avanzadas para calquera área de coñecemento, incluídas as ciencias da saúde.
O curso, totalmente non presencial, inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas básicas de tratamento de datos no ámbito da medicina, con exemplos paso a paso alcanzables para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.
 
É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.

 

Director/a académico

986 813713 | vaamonde@uvigo.es

Entidade organizadora

E.U. ESTUDOS EMPRESARIAIS
C/ TORRECEDEIRA 105

Período de preinscrición:

01/10/2021 – 25/10/2021

Período de matrícula:

01/10/2021 – 28/10/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

31 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
125,00 € 125,00 € 125,00 €

 

Obxectivos

O alumno debe adquirir a competencia de aplicar correctamente as técnicas estatísticas básicas aos seus propios datos, utilizando o programa estatístico de uso libre ” R”.

 

Destinatarios

O curso está recoñecido en todas as edicións anteriores (en trámite na actual) polo Sistema Nacional da Saúde, a través do Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia, coa asignación de 4 créditos de formación continua para todos os profesionais sanitarios.

 

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

Orden cronolóxico de solicitude.

 

Calendario

O curso ten lugar desde o 1 de novembro ata o 15 de decembro de 2021, de forma totalmente non presencial, a través da plataforma de teledocencia MOOVI da Universidade de Vigo, con horario continuo e flexible. O alumno pode elixir cada día o momento do seu acceso aos materiais docentes, prácticas e probas, debendo unicamente cumprir cos prazos de envio de traballos, informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
 
  • Introdución a ‘ R’:
    • Introdución ao programa estatístico ‘ R’.
    • Instalación. Sintaxe.
    • Operacións elementais cos datos.
  • Estatística Básica con R:
    • Estatística Básica con R
    • Táboas de Frecuencias, medias e medidas de resumo.
  • Gráficos:
    • Gráficos con R:
    • Diagrama de barras
    • Diagrama de sectores Histograma
    • Diagrama de dispersión
    • Diagrama de caixas
    • Outra gráficos
  • Correlación e regresión:
    • Correlación e regresión
    • Regresión lineal
    • Regresión loxística
  • Inferencia estatística:
    • Intervalos de confianza
    • Contraste de hipótese
    • Análise da varianza
  • Inferencia non paramétrica contrastes de hipóteses non paramétricos:
    • Kruskal- Wallis
    • Mann- Whitney
    • Outros contrastes
  • Elementos de epidemiología con R:
    • Prevalencia
    • Incidencia
    • Risco Relativo
    • Razón de Predominios (OR)
 
MÓDULOS PRÁCTICOS:
PRÁCTICAS CON ‘ R’:
Aplicación, paso a paso, das distintas técnicas estatísticas básicas aplicadas nas ciencias da saúde, utilizando datos específicos adecuados para cada unha delas. Resolución de problemas e exemplos. Aplicación polo alumno dos diferentes métodos con outros datos distintos.

 

Modo de pagamento

Importe matrícula : 125 €
Parados e estudantado, incluidos os de doctorado, 90 € (deberase xustificar)
O pago realizarase mediante tarxeta bancaria na plataforma Bubela da Universidade de Vigo.

 

Sistema de avaliación

Exame mediante cuestionarios de avaliación en liña (a través de Moovi): 12,5% da cualificación final
Envío de tarefas e informes de prácticas: 87,5% da cualificación final

 

Titulación

A superación do curso de formación dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse Servizo de Posgrao (Telf.: 986 811950 / posgrao@uvigo.gal) para á súa solicitude e pago das taxas correspondentes (12,02 €) non incluídas no prezo da matrícula do curso.