Curso de formación en Estatística con

Curso de Formación

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: F3062105

Inicio e fin

10/10/2021 – 09/11/2021

Modalidade

Virtual

Duración

35 horas

Campus

Vigo

prazas

 

Descrición

Curso totalmente non presencial cuxos contidos son as técnicas estatísticas máis utilizadas na investigación científica, cun enfoque práctico que permite a súa aplicación inmediata a datos propios mediante o programa estatístico R. O programa estatístico R é gratuíto, fácil de instalar, e o máis potente (con moita diferenza) dos programas estatísticos de uso xeral existentes.

O curso pódese seguir desde un computador persoal en calquera localización, e en horario libre. A superación do curso permite obter un diploma acreditativo ou título propio da Universidade de Vigo.

 

Director/a académico

986-813713 | vaamonde@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo
E.U. Empresariais de Vigo

Período de preinscrición:

09/09/2021 – 05/10/2021

Período de matrícula:

25/09/2021 – 07/10/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

35 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Plataforma de Teledocencia da Universidade de Vigo, MOOVI

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
125,00 € 125,00 € 125,00 €

 

Obxectivos

Adquirir competencias na aplicación práctica e interpretación correcta das técnicas estatísticas multivariantes máis comúns na investigación científica.

 

Destinatarios

Profesorado.
Titulados universitarios, preferentemente de segundo ciclo (licenciados, enxeñeiros, arquitectos, doutores) que necesiten as técnicas estatísticas para a realización da súa tese doutoral, para o seu traballo investigador, ou para a docencia.
Alumnos universitarios de último curso, para quen sexa útiles as técnicas estatísticas habitualmente utilizadas no traballo investigador.

O curso utiliza o programa estatístico ” R”, totalmente gratuíto e accesible, cuxa potencia de análise estatística supera á de calquera outro programa estatístico de uso xeral. Este curso pretende ensinar -de modo non presencial- a utilizar ” R” para o tratamento estatístico avanzado de datos a todos aqueles investigadores (doutorandos, técnicos, etc) que puidesen necesitalo.

 

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo, profesores de calquera nivel de ensino
2.Alumnos/as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.De xeito excepcional e sempre que non superen o 20% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

Orden cronolóxico de solicitud.

Os parados e estudiantes teñen matrícula reducida (90 euros) no lugar da normal (125 euros).

 

Calendario

A preinscrición pódese facer desde o 9 de setembro. Os alumnos aceptados recibirán a través do correo electrónico instrucións (ao redor do 25 de setembro) para a realización da matrícula e o pago das taxas.

O curso terá lugar desde o 10 de outubro ata o 9 de novembro de 2021, de forma totalmente non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia MOOVI da Universidade de Vigo, con horario continuo e flexible. O alumno pode elixir cada dia o momento do seu acceso aos materiais docentes, prácticas e probas, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envio de traballos, informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
  • Introdución ao programa ” R”
    Introdución ao programa ” R”. Instalación. A contorna de usuario. Descrición de paquetes. Introdución e xestión de datos. Elementos de programación, tipos de variables e estruturas. Gráficos. A contorna R- Commander. Como utilizar o programa ” R” para operacións estatísticas sinxelas.
  • Análise de compoñentes principales
    Introducción á técnica de Análise de Compoñentes Principais. Obxectivos e condicións. Determinación do número de compoñentes a conservar. Grafico de sedimentos. Grafico de saturacións. Grafico de puntuacións. Realización co programa ” R”. Aplicaciones
  • Análisis factorial
    Introducción á técnica da Análise Factorial. O modelo. Obxectivos e condicións; verificación. O índice KMO. Comunalidad e especificidade. Grafico de saturacións. Rotacións. Realización co programa ” R”. Aplicaciones
  • Análisis de correspondencia
    Introducción á Análise de Correspondencias. Obxectivos e hipóteses. Perfil de filas e columnas. Masa ou inercia de cada elemento ou perfil. Contribucións absolutas e relativas. Realización co programa ” R”. Aplicacións.
  • Escalamiento multidimensional
    Introducción ao Escalamiento Multidimensional. Obxectivos e condicións. Matriz de disimilaridades e construción do mapa de obxectos. Medidas de axuste. Interpretación do gráfico conxunto. Realización co programa ” R”. Aplicacións.
  • Clasificación xerárjica e método de K-Medias
    Introducción aos métodos de clasificación. O método de Clasificación xerárquica. Criterio de distancia. Criterio de aglomeración. Dendrograma. O método de K-medias. Realización co programa ” R”. Aplicacións.
  • Análise discriminante
    Introducción á Análise Discriminante. Obxectivos e hipóteses. Introdución de variables paso a paso. Influencia das distintas variables explicativas. Validación. Realización co programa ” R”. Aplicacións.
 
MÓDULOS PRÁCTICOS:
  • Prácticas con ” R”
    Aplicación, paso a paso, das distintas técnicas estatísticas, utilizando datos específicos adecuados para cada unha delas. Resolución de problemas. Aplicación polo alumno dos diferentes métodos con outros datos.  
 

 

Modo de pagamento

TAXAS DE MATRÍCULA
– Matrícula ordinaria: 125 €
– Matrícula reducida (parados e estudantes): 90 €
Unha vez admitida a inscripción, o pago farase efectivo na mesma aplicación mediante tarxeta de crédito.

 

Profesorado

Antonio Vaamonde Liste, Catedrático de Estadística da Universidade de Vigo Ricardo Luaces Pazos, Profesor Titular de Estadística da Universidade de Vigo

 

Sistema de avaliación

Examen mediante cuestionarios de avaluación online (a través de Faitic): 12,5% da calificación final

Envio de tareas/informes de prácticas (7 tareas) : 87,5% da calificación final

 

Titulación

A superación do curso dará opción á tramitación dun diploma expedido pola Universidade de Vigo (taxas de emisión do diploma do curso de formación- 12,02 €)

A  tramitación do diploma realizarase no  Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811950
E-mail: posgrao@uvigo.gal