Curso de formación en estatística avanzada con R para profesionais da saúde

Curso de Formación

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: F3062103

Inicio e fin

01/06/2021 – 15/07/2021

Modalidade

Virtual

Duración

31 horas

Campus

Campus Remoto

100 prazas

 

Descrición

O programa estatístico R é gratuíto e pódese instalar libremente en calquera computador e sistema operativo. Converteuse en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada co proxecto R ( R Project), e miles de investigadores achegan constantemente rutinas e utilidades. Actualmente é fácil atopar paquetes de R e aplicacións avanzadas no ámbito das ciencias da saúde.

O curso inclúe diversas técnicas estatísticas utilizadas na investigación médica, con datos e exemplos paso a paso alcanzables para usuarios non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual, totalmente non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Moovi/Faitic.

En trámite (concedido para todas as edicións anteriores) o recoñecemento como actividade de formación continua da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (Sistema Nacional de Saúde), para todos os profesionais sanitarios titulados.

 

Director/a académico

986 813713 | vaamonde@uvigo.es

Entidade organizadora

Departamento de Estatística
Campus As Lagoas, Marcosende – 36310 Vigo

Período de preinscrición:

01/05/2021 – 28/05/2021

Período de matrícula:

01/05/2021 – 28/05/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

31 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Plataformas Faitic e Moovi da Universidade de Vigo

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
90,00 € 125,00 € 125,00 €

 

Obxectivos

Adquisición de competencias na aplicación de técnicas estatísticas avanzadas no ámbito da medicina e a saúde.

 

Destinatarios

Médicos profesionais da saúde, técnicos e investigadores no ámbito das ciencias da saúde.

 

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

Orde cronolóxica de solicitude.

 

Calendario

O curso ten lugar desde o 1 de Xuño ata o 15 de xullo de 2021, de forma non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia TEMA/MOOVI da Universidade de Vigo, con horario continuo e flexible. O alumno pode elixir cada día o momento do seu acceso aos materiais docentes, prácticas e probas, debendo cumprir cos prazos de envío de traballos, informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

ANÁLISE DE SUPERVIVENCIA. Análise de supervivencia. Método de Kaplan-Meier.

REGRESIÓN DE COX: O MODELO DE RISCOS PROPORCIONAIS. Regresión de Cox: o modelo de riscos proporcionais.

ESTRATIFICACIÓN. TAMAÑO DE MOSTRA. Métodos de estratificación. Estudos de cohortes, estudos caso/control. Determinación de tamaños de mostra.

META-ANÁLISE. Meta-análise.

REGRESIÓN DE POISSON. Regresión de Poisson: estudo causal da incidencia.

REGRESIÓN LOXÍSTICA MULTINOMIAL. Regresión Loxística multinomial.

REGRESIÓN LOXÍSTICA ORDINAL. Regresión Loxística ordinal.

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

PRÁCTICAS CON “R”. Aplicación co programa R de cada unha das técnicas estatísticas estudadas no curso.

 

Modo de pagamento

TAXAS DE MATRÍCULA
Matrícula ordinaria: 125 €
– Matrícula reducida (parados, estudantes): 90 €

 

Profesorado

  • Antonio Vaamonde Liste
  • Ricardo Luaces Pazos

 

Sistema de avaliación

Envio de 7 tarefas e informes de prácticas: 87,5% da calificación final.
Exame mediante cuestionarios de avaliación en liña (a través de Moovi): 12,5% da calificación final

 

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.   Importe do diploma:  12,02 €

A tramitación do diploma, unha vez finalizado o curso, realizase no Servicio de Posgrao da Universidade de Vigo

Edificio Filomena Dato, 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811 950
E-mail: posgrao@uvigo.es/negociado.formacionpermanente@uvigo.es