Curso de formación en didáctica da ficción e creación literaria

Curso de Formación

Ámbito: HumanísticoCódigo: F1052101B

Inicio e fin

06/09/2021 – 16/11/2021

Modalidade

Presencial

Duración

75 horas

Campus

Ourense

35 prazas

 

Descrición

 

Director/a académico

636694616 | ramong@uvigo.es

Entidade organizadora

Facultade de Educación e Traballo Social
Avda. Castelao s/n, 32004

Período de preinscrición:

23/03/2021 – 31/08/2021

Período de matrícula:

01/05/2021 – 06/09/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

75 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
59,72 € 59,72 € 59,72 €

 

Destinatarios

  1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo
  2. Alumnos/as da universidade
  3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade
  4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos profesionais non relacionados coa especialidade.

 

Condicións de acceso

Comprensión oral e escrita da lingua galega

 

Criterios de selección

  1. Persoas que, en lista de espera, solicitaron o curso anteriormente e non puideron acceder a el.
  2. Alumnos da Universidade de Vigo, que cursaron ou cursan estudos no Campus de Ourense.
  3. Titulados ou alumnos doutras universidades.
    4. Persoas alleas á Universidade.

 

Calendario

luns, martes e mércores: de 19 a 21´30 horas.

Curso presencial en liña.

Titorías de 18´30 a 21´30 h: xoves 9 de setembro, 23 setembro, 14 outubro, 28 outubro, 4 novembro.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

A literatura. Elementos narrativos. Temas, motivos e estilos literarios:

A singularidade da linguaxe literaria.

As formas naturais de literatura.

Elementos estruturais da narrativa 1: argumento, trama, modalización, enfoque.

Elementos estruturais da narrativa 2: personaxes.

Elementos estruturais da narrativa 3: o espazo e o tempo.

Elementos estruturais da narrativa 4: narración, descrición e diálogo.

Elementos estruturais da narrativa 5: visibilidade e construción dunha escena.

Elementos estruturais da narrativa 6: figuras retóricas e estilo.

O mundo medieval e o mito.

Narración e ideoloxía. A visión da historia no espello do relato.

A eficaz plasmación das emocións no texto narrativo.

O engado do misterio como motivo literario.

O conto realista como forma de autocoñecemento.

Parodia, ironía e intertextualidade.

A radiografía social no texto narrativo.

A irrupción do elemento fantástico na narrativa

Didáctica da narración e creatividade:

O retrato, a descrición, análise de retratos e descricións no conto e na novela.

O diálogo, a transformación, análise do diálogo e a transformación na novela.

A ligazón de recordos, a experiencia.

Comentario de textos narrativos que recollen a ligazón de recordos e a experiencia.

O relato a partir de palabras clave.

Análise de relatos breves a partir de palabras clave.

Comentario de personaxes e conflitos nas novelas.

Creación de conflitos e creación de personaxes.

Análise de relatos marabillosos, fantásticos e realistas.

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Práctica da creación literaria:

Práctica da creación literaria 1: o retrato.

Práctica da creación literaria 2: a descrición.

Práctica da creación literaria 3: o diálogo.

Práctica da creación literaria 4: a transformación.

Práctica da creación literaria 5: a ligazón dos recordos.

Práctica da creación literaria 6: a experiencia.

Práctica da creación literaria 7: o relato a partir de palabras clave.

Práctica da creación literaria 8: a creación de conflitos e personaxes.

Práctica da creación literaria 9: a construción de relatos marabillosos e fantásticos.

Práctica da creación literaria 10: a construción de relatos realistas.

Lectura, corrección e comentarios de exercicios narrativos:

Creación a partir da singularidade da voz narradora. (I)

Creación a partir da singularidade da voz narradora. (II)

Creación a partir da contextualización do relato. Tempo, espazo e ambientación. (I)

Creación a partir da contextualización do relato. Tempo, espazo e ambientación. (II)

Creación a partir do conflito. Punto de xiro. (I)

Creación a partir do conflito. Punto de xiro. (II)

Creación a partir dos personaxes: caracterización directa e indirecta. O diálogo. (I)

Creación a partir dos personaxes: caracterización directa e indirecta. O diálogo. (II)

A Revisión: comentario e avaliación dos textos elaborados. Lectura en voz alta (I).

A Revisión: comentario e avaliación dos textos elaborados. Lectura en voz alta (II).

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 59,72  €. O pagamento farase efectivo mediante pago con tarxeta na plataforma Bubela.

 

Sistema de avaliación

* É un curso presencial que se leva a cabo en liña.
Requírese asistencia (mínimo 85%).
* Elaboración dun relato breve (texto de 2 folios por unha cara, Times New Roman, corpo 12, interliñado 1´5, xustificado) que debe presentarse ao final do curso.

 

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato

Campus de Lagoas-Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811950
E-mail: posgrao@uvigo.es /negociado.formacionpermanente@uvigo.es