Especialista en Innovación Educativa para unha educación transformadora no ámbito escolar e comunitario

Especialista

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: EEFP2101

Inicio e fin

01/10/2021 – 30/05/2022

Modalidade

Virtual

Duración

285 horas

Campus

Vigo

100 prazas

 

Descrición

Na actualidade, a sociedade está en constante transformación. Esta situación provoca a necesidade de profesionais capaces de adaptar os procesos de ensino-aprendizaxe a cada cambio e situación, promovendo e guiando ao alumnado desde métodos innovadores.
 
Cada vez máis estudos avalan a necesidade dun modelo centrado na aprendizaxe baseada en competencias desde un enfoque activo e colaborativo que favoreza o desenvolvemento, a implicación e a responsabilidade do alumnado no seu propio proceso aprendizaxe, co fin de que poidan desenvolver habilidades como pensamento crítico, disposición a cooperar e aprender, análise reflexiva, diálogo construtivo, creatividade ou asertividade. Ademais, as novas metodoloxías favorecen unha formación continua e unha educación multidisciplinar, que permiten dar resposta a diversidade, tendo en conta as diferenzas individuais de cada persoa e ofrecendo as ferramentas adecuadas para que cada estudante poida desenvolverse en base á súa necesidade.
 
Unha das grandes necesidades que presenta a sociedade e á que a educación debe dar resposta é á diversidade. É necesario que as metodoloxías de ensino teñan en conta as diferenzas individuais de cada persoa e ofrezan as ferramentas adecuadas para que o estudante poida desenvolverse en base á súa necesidade e identidade. Estas diferenzas afectan de forma directa aos procesos de aprendizaxe e responden a constructos cognitivos, biolóxicos, culturais, sociais, políticos, etc. É dicir, a educación e os constructos que forman á persoa están en constante retroalimentación. Isto esixe profesionais flexibles, activos e creativos que poidan dar resposta a cada problemática que xurda no proceso de ensino aprendizaxe.
 
Diferentes investigadores sinalan a importancia dunha renovación metodolóxica que permita este cambio e para iso en necesario desenvolver formacións específicas que permitan aos profesionais adquirir recursos e habilidades que lles permitan enfrontar este cambio nas súas áreas de traballo. En base a isto, esta titulación ofréceche a oportunidade de adquirir ferramentas e desenvolver habilidades que che permitan implementar, tanto no ámbito comuntiario como escolar, unha educación práctica, transformadora e adaptada ao contexto, mediante procesos de ensino-aprendizaxe innovadores. Desenvolverase desde unha metodoloxía activa e participativa, adquirindo ferramentas a través do desenvolvemento práctico dun proxecto idividual ou colectivo tutorizado. Ademais, este curso é baremable para oposicións.
 

 

Director/a académico

986 13 02 93 | especializacion_innovacion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero 3º andar, Praza Erasmo, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

Período de preinscrición:

01/07/2021 – 30/09/2021

Período de matrícula:

01/09/2021 – 30/09/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

285 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
750,00 € 750,00 € 750,00 €

 

Obxectivos

O obxectivo xeral do curso é adquirir coñecementos e destrezas para o deseño de procesos de ensino-aprendizaxe que permita a introdución de metodoloxías activas para converter ao educando en protagonista da súa aprendizaxe e a utilización de recursos deseñados “ad hoc” tendo en conta os principios de atención á diversidade.

Obxectivos específicos

Modulo I.

  • Coñecer os fundamentos teóricos da innovación educativa como ecosistema de aprendizaxe.
  • Comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxes como na educación para a cidadanía.
  • Analizar os distintos elementos que a neurociencia achega aos procesos de ensino e aprendizaxe.
  • Desenvolver a capacidade de crear e aplicar propostas innovadoras a través de metodoloxías activas.
  • Identificar os principais trazos que debe ter un líder para a promoción da innovación educativa nunha institución.
  • Caracterizar os piares da innovación para a inclusión educativa.
  • Analizar os fundamentos e características da educación inclusiva xeradores dunha convivencia nunha sociedade democrática.
  • Determinar o alcance dos termos integración e inclusión na o ámbito educativo.
  • Coñecer a influencia dos factores organizativos persoais, funcionais e materiais propiciadores dunha inclusión equitativa.
  • Analizar as diferentes metodoloxías e técnicas de inclusión no contexto educativo.
  • Estudar as posibilidades da mediación como referente inclusivo de convivencia nos centros educativos

Modulo II

  • Conocer as distintas ferramentas tecnolóxicas que están ao noso alcance na área educativa e as súas posibilidades para o ensino e a aprendizaxe.
  • Valorar e promover o traballo en equipo e interdisciplinar en contextos educativos e comunitarios.
  • Aplicar ferramentas dixitais na práctica educativa que faciliten o desenvolvemento competencial do alumnado e unha adecuada recollida de información do progreso dos estudantes.
  • Deseñar recursos innovadores para o ensino centrados no estudante para a súa aplicación na aula ou outros contextos comunitarios.
  • Aplicar modelos metodolóxicos innovadores vinculados particularmente coa tecnoloxía dixital e as metodoloxías activas para a inclusión educativa.
  • Elaborar unha listaxe de recursos educativos en aberto que permita a construción da propia contorna persoal de aprendizaxe ( PLE).
  • Coñecer os principais entonos virtuais de aprendizaxe (EVA), as súas características e os recursos que ofrecen para o ensino e a aprendizaxe do coñecemento.
  • Identificar os principios básicos da programación e a robótica aplicados á educación.
  • Coñecer as principais características das artes e os recursos que ofrecen para o ensino e a aprendizaxe do coñecemento.
  • Utilizar as metodoloxías activas para a elaboración de proxectos artísticos interdisciplinares.
  • Identificar as principais características e recursos que ofrece a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.
  • Utilizar o traballo en rede como ferramenta para o desenvolvemento da aprendizaxe entre iguais.

Módulo III

  • Concienciarse sobre a importancia da planificación dunha intervención educativa como instrumento para a transformación social.
  • Analizar as características das dimensións da planificación de programas: Plan, programa e proxecto.
  • Diferenciar os elementos e fases do proceso dunha intervención educativa e aplicalos en diferentes contextos.
  • Definir e aplicar sistemas de indicadores para avaliar a calidade de proxectos educativos innovadores.
  • Sintetizar os diferentes modelos de xestión da Calidade na Educación, desenvolver procesos e detectar necesidades e priorizalas para unha innovación de calidade.

 

Destinatarios

  • Mestres das diferentes especialidades (Grao de mestre ou equivalente)
  • Profesores de Educación Secundaria nas distintas áreas de coñecemento
  • Educadores Sociais
  • Psicopedagogos
  • Pedagogos
  • Psicólogos
  • Equipos directivos
  • Estudantes de maxisterio
  • Estudantes do Máster de Formación do profesorado

 

Condicións de acceso

Para acceder ao título de especialista:
1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo.
2.Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados.
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que teñan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

 

Criterios de selección

Riguroso orden de solicitud e abono de taxas ata finalizar as prazas.

 

Calendario

01/10/2021. Comezo das clases teóricas.

As clases terán lugar os xoves e venres polas tardes, de 15:00 a 20:00 (ambas de maneira virtual, no campus remoto).

15/12/2021. Fin das clases do módulo teórico.

01/12/2021. Comezo dos proxectos tutelados.

16/12/2021. Comezo das clases dos módulos prácticos.

31/03/2022. Fin das clases dos módulos prácticos.

05/2022. Presentación e defensa d e os proxectos de fin de curso.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

Innovación educativa. Implementación de un cambio significativo en los procesos de enseñanza aprendizaje.

  • A innovación educativa como ecosistema de aprendizaxe (Mercedes González Sanmamed)
  • Achegas da neurociencia á innovación pedagóxica (Jorge Soto Carballo)
  • Liderazgo para a innovación educativa (Martín Visconti Ibarra)
  • Estratexias para a participación das familias na escola ( Ainoa Zabalza)
  • Metodoloxías para unha sociedade do coñecemento (Margarita Piño Juste)
  • Escola Inclusiva: Convivencia, Innovación e Diversidade (Tomás Sola)

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Recursos para a innovación

  • As contornas virtuais de aprendizaxe (José Antonio Marín)
  • Os recursos en aberto e a construción do PLE (Juan Manuel Trujillo)
  • Recursos textuais, audiovisuais e multimedia para o ámbito educativo(Beatriz Legeren Lago)
  • Aprender a aprender en traballos colaborativos dixitais (Antonio J. Moreno)
  • As artes como recurso interdisciplinar para o dominio de competencias (Sara Domínguez-Sara Fernández)
  • Programación e robótica aplicada á educación (Pedro Praza Merino)
  • A aprendizaxe entre iguais mediante o traballo en rede ( Abner J. Colón Ortiz)
  • E-actividades para unha aprendizaxe activa e innovadora (Pablo C. Muñoz Carril)
  • Deseño universal de recursos didácticos para unha inclusión educativa (Fátima García)

Deseño e avaliación de proxectos innovadores

  • Enfoques e modelos para o deseño de proxectos innovadores (Eduardo Chaves Barboza)
  • Deseño de programas e proxectos de innovación na escola e a comunidade (Margarita Pino Juste)
  • O proxecto innovador como propulsor da calidade educativa (Isabel Cantón)
  • Avaliación dos proxectos de innovación e propostas de mellora (Isabel Dans Alvárez de Sotomayor)

 

Modo de pagamento

El importe de la matrícula es de 750 €. El pago se hará mediante pago por tarjeta o en cualquier oficina de ABANCA, indicando el código del curso, además del nombre, apellidos y DNI del alumno/la.
 

 

Sistema de avaliación

Realización y defensa de un proyecto individual o colectivo de fin de curso.
Prueba objetiva en cada materia de los tres módulos.

 

Titulación

La superación del curso completo dará derecho a la obtención de un título propio de ESPECIALISTA expedido por la Universidad de Vigo, para lo cual deberán dirigirse al Servicio de Gestión de Estudios de Posgrado (Edificio Filomena Dato, 2º Andar, Campus de Lagunas- Marcosende, Telf.: 986 811 950 / negociado.formacionpermanente@uvigo.es // posgrao@uvigo.es) para la solicitud y pago de las tasas correspondientes (123, 10 €) no incluidas en el precio de la matrícula del curso.