Especialista en tecnoloxías de quinta xeración 5G

Máster/especialista

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: E3052001

Inicio e fin

11/01/2021 – 30/10/2021

Modalidade

Presencial

Duración

200 horas

Campus

Campus Remoto

25 prazas

 

Descrición

Curso de especialista en 5G, en liña, dirixido a titulados de Enxeñaría de Telecomunicación, para complementar e actualizar os seus coñecementos no ámbito da nova xeración de telefonía móbil. Os docentes proveñen en parte de empresas do sector (operadoras, provedores de equipamento e usuarias) e en parte son profesores da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

 

Director/a académico

986811966 | teleco.direccion@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Campus As Lagoas-Marcosende – 36310 Vigo

Período de preinscrición:

27/07/2020 – 06/01/2021

Período de matrícula:

01/12/2020 – 12/01/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

200 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
360,00 € 1.200,00 € 1.200,00 €

 

Obxectivos

  • Reciclar profesionais do sector da telefonía móbil celular nas características novas de 5G
  • Completar a formación de titulados de grao do ámbito da Enxeñaría de Telecomunicación, ou das TIC en xeral, especializándoos en 5G

 

Destinatarios

  • Titulados de grao do ámbito das Telecomunicacións ou as TIC
  • Enxeñeiros ou enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación ou Informática
  • Estudantes de mestrado do ámbito das Telecomunicacións ou de Informática

Adicionalmente:
Segundo o Regulamento de títulos propios da Universidade de Vigo, profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

 

Condicións de acceso

Para acceder ao título de ESPECIALISTA:

  1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo
  2. Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados
  3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

 

Criterios de selección

Ofértanse 25 prazas. De haber máis solicitudes, reservaranse 5 para estudantes da Universidade de Vigo, que de non cubrirse volverán a sumarse ás de libre acceso.
Terán preferencia, por esta orde:

  1. Titulados de Máster en Enxeñaría de Telecomunicación ou Enxeñeiros/as de Telecomunicación
  2. Estudantes de Máster en Enxeñaría de Telecomunicación
  3. Titulados de Grao de calquera das ramas de Telecomunicación ou Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación
  4. Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional
  5. Titulados de Máster en Enxeñaría Informática ou Enxeñeiros Informáticos
  6. Titulados de Grao en Informática

 

Calendario

11/01/2021. Comezo das clases de aula. A data da primeira clase será o 14 de xaneiro, xoves As clases terán lugar xoves e venres no serán, de 15.00 a 20.00 h (ambas en liña, en Campus Remoto) 01/06/2021. Fin das clases de aula 30/04/2021. Comezo dos proxectos de fin de curso 22/10/2021. Xornada de presentación e defensa de proxectos de fin de curso

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

Introducción a 5G Xornada inauguración ou Introdución á telefonía móbil e a evolución nas diferentes xeracións. A que nos enfrontamos? | Filosofía do sistema | Elementos dunha rede 5G | Arquitectura | Estándares | Tecnoloxías base | Efectos do cambio nas operadoras

O sector radio Propagación de ondas en frecuencias milimétricas e de microondas | Antenas multihaz | Planificación celular | MIMO masivo | Especificidades do 5G de cara a operadores

Codificación e modulacións Forma de onda NR | Capacidade de canle | Tratamento de sinais multiantena (énfase en MIMO masivo) | Conformación de haz, precodificación e receptores | Tratamento de sinais en bandas milimétricas | Soporte a M2M | Seguridade en capa física | Técnicas de acceso múltiple: acceso ortogonal e non ortogonal, acceso masivo.

Capa de red Arquitectura do núcleo de rede. Arquitectura orientada a servizos | Virtualización e softwarización (Network Function Virtualization – NFV) | Separación dos planos de control e de usuario | “Network Slicing”: Asignación de recursos de rede a servizos e/ou verticais | “Edge computing”: Recursos de cómputo no borde da rede | Orquestación de servizos | Novas tecnoloxías: “Data-driven networks”: Cara un plano de control intelixente e “Coded Cache-aided communications”: Optimizando a distribución de contidos

Seguridade nas comunicacións Fundamentos de seguridade en 5G

Casos de uso e aplicacións Escenarios de uso de 5G: eMBB (enhanced Mobile Broadband), URLLC (Ultra Reliable Low Latency Communications) e mMTC (massive Machine Type Communications) | Estudo de casos de uso e aplicación de 5G a sectores verticais: Servizos de banda ancha, Vehículo conectado e transporte, Control de infraestrutura e servizos críticos, Control de dispositivos remotos, Redes de sensores: industria 4.0

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Proxecto de fin de curso Xornada de operadores: ideas e propostas, ao comezo | Realización de proxectos individuais, titorizados por profesorado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (coa posibilidade de cotitures de empresas) | Xornada de presentación de proxectos, 3 minutos por proxecto

 

Modo de pagamento

TAXAS DE MATRÍCULA

  • Matrícula desempregados / estudantes: 360,00 €

En virtude dun convenio coa Xunta de Galicia, haberá reduccións de matrícula de modo que o alumnado regular terá a taxa que segue:

  • Bolseiros do Plan Galicia 5G: 840,00 € (en lugar da matrícula ordinaria de 1.200,00 €)

Mediante pago por tarxeta bancaria.

 

Profesorado

O profesorado combina docentes da Universidade de Vigo con profesorado externo.

Profesorado externo confirmado:

 

Sistema de avaliación

Para superar o curso, o estudante deberá asistir a un mínimo das sesións docentes e defender o seu proxecto individual de fin de curso. Na xornada de presentación, cada alumno disporá de 3 minutos para resumir, en tres transparencias, o proxecto que realizou e responder ás preguntas dun tribunal formado por tres profesores

 

Titulación

A superación do curso completo dará dereito á obtención dun título propio de ESPECIALISTA expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao (Edificio Filomena Dato, Campus de Lagoas-Marcosende, (Telf.: 986 811950 / posgrao@uvigo.es) para a solicitude e pago das taxas correspondentes (123,10 €) non incluídas no prezo da matrícula do curso.