Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo

Especialista

Ámbito: HumanísticoCódigo: E3012102

Inicio e fin

14/10/2021 – 06/05/2022

Modalidade

Presencial

Duración

200 horas

Campus

Vigo

27 prazas

 

Descrición

 

Director/a académico


986813803 | etivigo@gmail.com

Entidade organizadora

Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus Lagoas-Marcosende. FFT

Período de preinscrición:

01/07/2021 – 07/10/2021

Período de matrícula:

01/07/2021 – 07/10/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

200 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. 

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
1200 € 1200 € 1200 €

 

Obxectivos

O título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo ( ETIV) ofrece unha visión completa de todos os ámbitos deste sector, con vistas a formar especialistas no exercicio profesional da tradución e interpretación. Os obxectivos do curso son:

  •  Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente o labor localizadora na industria do videoxogo.
  • Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente os labores de revisión e control de calidade ( testeo) de videoxogos.
  • Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente os labores de interpretación especializada na industria do videoxogo.
  • Adquirir os coñecementos e as competencias transversais que se necesitan para saber traballar con diferentes culturas e afrontar adecuadamente todas as complexidades lingüísticas do día a día da industria do videoxogo.

Páxina web do título: http://paratraduccion.com/videojuegos/

 

Destinatarios

– Alumnado licenciado ou graduado no sistema universitario estatal.
– Alumnado de 4º ano de grao do sistema universitario estatal.
– Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

 

Condicións de acceso

a) Modalidade de matrícula ordinaria (20 prazas): Poderá matricularse aquel alumnado que cumpra os requisitos fixados no Regulamento de Títulos de Posgrao e outros cursos da Universidade de Vigo:
1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2. Estudantes dunha licenciatura, grado ou equivalente cos tres primeiros cursos superados,
y
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.
b) Modalidad de matrícula de taxas reducidas (Resérvanse 5 prazas):
– Poderá acollerse a esta modalidade aquel alumnado que curse ou cursase o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, así como alumnado do programa de doutorado Tradución & Paratraducción (T& P).

*A condición de que se cumpra o mínimo de alumnado matriculado, a organización poñerá a disposición 12 bolsas de 125 euros.

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.
Seleccionarase ao alumnado a partir da data de preinscrición. Ao alumnado prerexistrado e seleccionado comunicaráselle o prazo para formalizar a matrícula e enviará aos coordinadores do curso a seguinte documentación:
– Xustificante de pago.
Currículo (académico, investigador e profesional) así como unha copia do expediente académico.
Unha vez formalizadas todas as matrículas informarase o alumnado cuxa bolsa lle foi concedida, en función do currículo (académico, investigador e profesional) enviado. Concederanse as 12 bolsas a condición de que se alcance o número mínimo de matriculados, en caso contrario farase segundo a cociente correspondente.
– Se non se cobren todas as prazas abrirase un segundo prazo de preinscrición e matrícula a mediados de setembro.

 

Calendario

As sesións do curso desenvolveranse na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, os xoves e venres de 16.00 a 21.00

 *En caso dunha nova emerxencia sanitaria, cabe a posibilidade dunha modificación na planificación.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
 
Módulo A: A industria do videoxogo
1. Traducir para a pantalla.
2. O tradutor, entre o texto e a imaxe.
3. Definindo a localización.
4. A localización de videoxogos como disciplina autónoma.
5. Historia dos videoxogos.
6. Historia da localización.
7. Xéneros e subgéneros de videoxogos.
8. O mercado actual.
9. Figuras profesionais na localización dun videoxogo.
 
Módulo B: O proceso de localización
1. O proceso de creación dun videoxogo.
2. O proceso de localización.
3. Ferramentas de traballo.
4. Aspectos específicos da localización.
5. Acceso á profesión.
 
MÓDULOS PRÁCTICOS:
 
Módulo C: Práctica localizadora
1. Os tipos de texto.
2. Elementos textuais.
2.1. Textos ingame.
2.2. Textos para o subtitulado.
2.3. Textos para a dobraxe.
3. Traballar con determinadas características textuais.
3.1. Terminoloxía especializada.
3.2. Textos humorísticos.
3.3. Poesía.
3.4. Textos literarios.
4. Elementos paratextuales.
4.1. Manuais.
4.2. Textos publicitarios.
4.3. Textos legais.
4.4. Guías de estrategia.
 
Módulo D: Outros campos da industria do videoxogo
1. Testeo lingüístico.
2. Interpretación especializada.
3. Tradución para a prensa especializada.
4. Tradución de xogos de mesa.

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula común é de 1200 €.
O importe da matrícula reducida é de 840€ para o alumnado e antigo alumnado do Máster de Tradución para a Comunicación Internacional e do Programa de Doutoramento en Tradución & Paratradución.
O pago farase efectivo mediante por tarxeta bancaria

*Sempre que se cumpla o mínimo de alumnado necesario matriculado, a organización poderá conceder 12 bolsas de 125 euros.
Unha vez formalizadas todas as matrículas informarase o alumnado cuxa bolsa lle foi concedida, en función do currículo (académico, investigador e profesional) enviado. Concederanse as bolsas a condición de que se alcance o número mínimo de matriculados, en caso contrario farase segundo a cociente correspondente.

 

Sistema de avaliación

– É obligatorio a asistencia dun 80%.
– O 100% da avaliación dependerá; dun proxecto final de tradución.

 

Titulación

A superación do curso completo dará dereito á obtención dun título propio de “Especialista” expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao (Edificio Filomena Dato, 2º Andar, Campus de Lagoas- Marcosende, Telf.: 986 811 950 / negociado.formacionpermanente@uvigo.es // posgrao@uvigo.es) para a solicitude e pago das taxas correspondentes (123,10 €) non incluídas no prezo da matrícula do curso