Especialista en interpretación simultánea de voz a texto

Especialista

Ámbito: HumanísticoCódigo: E3012101

Inicio e fin

25/01/2021 – 04/06/2021

Modalidade

Virtual

Duración

horas

Campus

Vigo

15 prazas

 

Descrición

 

Director/a académico

986812063 | lalonso@uvigo.es

Entidade organizadora

Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus As Lagoas-Marcosende – 36310 Vigo

Período de preinscrición:

02/12/2020 – 22/01/2021

Período de matrícula:

12/01/2021 – 22/01/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

200 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
855,00 € 855,00 € 855,00 €

 

Obxectivos

Formar ao alumnado nas técnicas de interpretación simultánea (inglés-español) a nivel especializado, co foco de atención posto no desenvolvemento das destrezas prácticas desta especialidade.

Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en refalado intralingüístico (español-español)

Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (ISVT) (inglés-español).

 

Destinatarios

Todas aquelas persoas interesadas na tradución e interpretación de linguas en xeral, e en particular aquelas interesadas na tradución audiovisual e a provisión de servizos de accesibilidade para persoas con algún tipo de limitación auditiva.

 

Condicións de acceso

1. titulados/as universitarios de primero y segundo ciclo,
2. alumnos/as de una licenciatura o equivalente con los tres primeros cursos superados, y
3. profesionales directamente relacionados con la especialidad del título que reúnan los requisitos legales para cursar estudios universitarios y que acrediten un mínimo de 3 años de experiencia profesional.

 

Criterios de selección

Orde de chegada das solicitudes.

 

Calendario

Tanto as sesións teóricas, como as prácticas e as titorías serán de natureza non presencial. Todas elas desenvolveranse a através de medios electrónicos en sesións diarias, de luns a xoves, de dúas horas de duración cada día.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

Interpretación simultánea.

    1. A interpretación simultánea: orixes e evolución.
    2. A interpretación simultánea: definición e características principais.
    3. A interpretación simultánea para os medios de comunicación: orixe e estudo de dificultades (situacionais, emocionais e técnicas).
    4. O intérprete para os medios: un novo perfil. Características e análises do papel do público.
    5. Dificultades en interpretación simultánea. Énfase especial na dificultade que conlevan os acentos e a velocidade de produción.
    6. Tácticas e estratexias en interpretación simultánea.
    7. O código deontolóxico do intérprete para os medios: ética, deontología e neutralidade.
    8. Interpretación da linguaxe política: definición e características fundamentais.

Refalado intralingüístico (ES-ES). Este módulo permitirá ós estudantes coñecer:

  • Como se practica o subtitulado en directo e máis concretamente o refalado intralingüístico en diferentes continentes
  • Cales os aspectos máis importantes sobre como funciona o recoñecemento de fala
  • Cales son as principales limitaciones e retos do refalado intralingüístico e como superalos
  • En que consiste a división de atención no refalado
  • Cales son as características principais dos diferentes xéneros audiovisuais que precisan subtítulos refalados
  • Cales son os diferentes modelos de avaliación da calidade do refalado e en que consiste o modelo NER

Interpretación Simultánea de Voz a Texto (EN-ES). Este módulo permitirá ós estudantes coñecer:

  • Como se practica o subtitulado interlingüístico en directo e máis concretamente o refalado interlingüístico en diferentes continentes
  • Cales os aspectos máis importantes que hai que ter en conta no uso do recoñecemento de fala con cambio de idioma
  • Cales son as principales limitacións e retos do refalado interlingüístico e como superalos
  • En que consiste a división de atención no refalado interlingüístico
  • Cales son as principais diferencias e semellanzas entre os diferentes xéneros audiovisuais en inglés e español de cara á produción de subtítulos en directo
  • Cales son os diferentes modelos de avaliación da calidade do refalado interlingüístico e en que consiste o modelo NTR, adaptación do modelo NER ó refalado interlingüístico.

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Interpretación simultánea. Exercitar a capacidade de análise e de síntese. Desenvolver a escoita disociada. Desenvolver a capacidade de concentración. Desenvolver a diversificación da focalización da atención. Mellorar a capacidade oratoria. Xestionar o estrés. Coñecer as características do traballo de intérprete simultáneo para os medios a través de materiais reies. Aprender a analizar e avaliar o propio traballo e traballos alleos. Coñecer as pautas intelectuais e éticas de conduta profesional de tradutores e intérpretes. Aprender a enfrontarse ao inesperado (cambios de ámbito, tema, esquema, etc.) e ás interrupcións na comunicación. Detectar e evitar os erros de transferencia máis frecuentes neste par de linguas.

Refalado intralingüístico (ES-ES). Este módulo proporcionará ós estudantes as ferramentas para poder:

  • Dictar ó programa de recoñecemento de fala dun xeito eficiente para maximizar a precisión
  • Dictar os signos de puntuación axustándose ás regras ortográficas do subtitulado
  • Dividir a atención entre o que se escoita, o que se dicta, a aparición dos subtítulos en pantalla e a posible intervención para a corrección de erros en directo
  • Aprender a segmentar as unidades de refalado- axustar o refalado ás características de diferentes xéneros audiovisuais
  • Avaliar a calidade do refalado mediante o uso do modelo NER.

Interpretación Simultánea de Voz a Texto (EN-ES). Este módulo permitirá ós estudantes adquirir as ferramentas necesarias para combinar as destrezas de interpretación simultánea coas do refalado intralingüístico e, máis concretamente:

  • Dividir a atención entre o idioma que se escoita e o que se dicta, prestando atención á aparición dos subtítulos en pantalla e á posible intervención para a corrección de erros en directo
  • Dictar signos de puntuación no idioma meta en base á escoita do idioma orixe, tendo en conta as diferencias sintácticas entre inglés e español
  • Aprender a segmentar as unidades de refalado tendo en conta as diferencias de lonxitude entre inglés e español
  • Axustar o refalado ás características dos diferentes xéneros audiovisuais tendo en conta as diferencias culturais e lingüísticas entre os dous idiomas, así como as discrepancias de velocidade de dicción
  • Desenvolver a capacidade de editar o discurso orixinal ou reducilo cando a velocidade de dicción orixinal requira dictado máis pausado
  • Avaliar a calidade do refalado interlingüístico mediante o uso do modelo NTR.

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 855,00 €. O pagamento farase efectivo mediante pago con tarxeta na plataforma Bubela ou en calquera oficina de ABANCA, indicando o código do curso, ademais do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

 

Sistema de avaliación

O sistema de avaliación será (tal e como corresponde a un curso deste tipo) remota, mediante a plataforma en liña desde onde se impartirá o curso. Tratáse dun sistema de avaliación continua por acumulación de notas nas 16 semanas que dura o curso, concretamente, da suma das notas dos exercicios semanais que o alumnado subirá á plataforma e da nota da súa participación no foro para cada unidade.

 

Titulación

A superación do curso completo dará dereito á obtención dun título propio de ESPECIALISTA expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao (Edificio Filomena Dato, 2º Andar, Campus de Lagoas-Marcosende, Telf.: 986 811 950 / negociado.formacionpermanente@uvigo.es // posgrao@uvigo.es) para a solicitude e pago das taxas correspondentes (123,10 €) non incluídas no prezo da matrícula do curso.