Especialista
Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: E1052102
Inicio e fin
23/09/2021 – 26/05/2022
Modalidade
Presencial
Duración
360 horas
Campus
Ourense
Descrición
Director/a académico
988387101 | jesfernandez@uvigo.es
Entidade organizadora
Facultade de Educación e Traballo Social
As Lagoas S/N (Campus Universitario) 32004 Ourense
Colaboradores
Coorganizador: IGAXES
Período de preinscrición:
28/06/2021 – 30/07/2021
Período de matrícula:
09/08/2021 – 10/09/2021
Modalidade
Docencia presencial/virtual
150 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
210 horas
(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial
Lugar de impartición
Prezos
Comunidade UVigo | Alumni UVigo | Público en xeral |
---|---|---|
686 € | 686 € | 686 € |
Obxectivos
- Facilitar unha formación especializada no ámbito da protección á infancia e á adolescencia.- Favorecer o deseño profesional de estratexias específicas no apoio á transición á vida adulta da adolescencia vulnerable.
- Coñecer os procesos de acompañamento socioeducativo con adolescencia en protección.
Destinatarios
Estudantes de primeiro e segundo ciclo dos graos de educación social, traballo social, pedagoxía e psicoloxía, así como doutras titulacións afíns.
Titulados/as universitarios/as nas anteriores titulacións.
Condicións de acceso
Para acceder ao título de ESPECIALISTA:
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.
Criterios de selección
– Nota media de expediente académico.
Calendario
Os módulos teóricos e as titorías realizaranse entre o 23/09/2021 e o 27/01/2022 en sesións a celebrar os xoves e os venres de 16 a 21 horas.
O módulo de prácticas realizarase os mércores, xoves e venres en horario variable a acordar coa institución de prácticas (IGAXES) entre o 28/01/2022 e o 26/05/2022
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Regulación xurídica do sistema de protección de menores
- Lexislación internacional, estatal e autonómica no ámbito da protección á infancia.
- Conceptos de medidas administrativas de protección.
- A estrutura organizativa do sistema de protección de menores.
Perfil da adolescencia en protección
- A adolescencia en protección. BALLESTER
- A Intervención familiar.
- Construción de redes sociais e de apoio.
- Situación e desafíos do sistema educativo.
Competencias profesionais para a acción socioeducativa con adolescencia
- O autocoñecemento.
- O Traballo en equipo.
- A Comunicación.
- A xestión do conflicto.
Modelo de vivendas e protocolos
- Modelo de vivendas tuteladas e asistidas de Igaxes.
- Xestión de recursos residenciais: orzamento, protección de datos, mantemento do recurso.
- Documentación de impacto: protocolos e informes. Especial mención ao proxecto educativo individualizado e aos informes de seguimento.
Acción socioeducativa e xénero
- O acompañamento socioeducativo dende o enfoque de xénero.
- Ás relacións afectivo sexuais na adolescencia
- Mocidade e nova pornografía
Ocio e adolescencia
- Aproximación teórica ó ocio.
- Xestión do tempo de lecer.
- Novas tecnoloxías e ocio
Vínculo e acompañamento socioeducativo
- Vínculo e estratexia socioeducativa no sistema de protección.
Inserción laboral da mocidade en dificultade social.
- HH.SS. para o emprego
- Principais retos nos itinerarios de inserción sociolaboral con mocidade IGAXES
- O acceso ao emprego da mocidade estranxeira.
- O achegamento á realidade laboral da mocidade con medidas xudiciais.
- A análise do mercado laboral.
- As estratexias de procura de emprego.
- A facilitación de oportunidades laborais.
- A elaboración do Proxecto de Inserción Laboral.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Prácticas en recursos do sistema de protección
- Practicas en vivendas tuteladas, vivendas asistidas ou en oficinas de inserción laboral con mocidade en protección.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 686 €. O pagamento farase efectivo mediante tarxeta ou en calquera oficina de ABANCA, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.
Otorgaranse dúas axudas aos estudos.
Unha vez rematado o programa completo, seleccionaranse os mellores expedentes para o acceso a 10 bolsas de emprego.
Sistema de avaliación
Para a avaliación do alumnado teranse en conta os seguintes criterios:
1º Asistencia presencial a aulas.
2º Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e a verificación dos coñecementos impartidos no curso.
Titulación
A superación do curso completo dará dereito á obtención dun título propio de ESPECIALISTA expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao (Edificio Filomena Dato, 2º Andar, Campus de Lagoas-Marcosende, Telf.: 986 811 950 / negociado.formacionpermanente@uvigo.gal / posgrao@uvigo.gal para a solicitude e pago das taxas correspondentes (123,10 €) non incluídas no prezo da matrícula do curso.