O IVE na fiscalidade empresarial

Diplomado de curso de Formación Universitaria

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: DCFUX062201

Inicio e fin

14/06/2022 – 23/06/2022

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

1.5 ECTS

Campus

Vigo

60 prazas

 

Descrición

 

Director/a académico

986.812517 // 986.812490 | xalvarez@uvigo.es

Entidade organizadora

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA APLICADA
FACULTADE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS

Período de preinscrición:

01/06/2022 – 13/06/2022

Período de matrícula:

02/06/2022 – 14/06/2022

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

15 horas

Docencia non presencial

23 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
76,50 € 81,00 € 90,00 €

 

Obxectivos

Estudo introductorio do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) no Sistema Fiscal Español a través da análise da lexislación vixente. O estudo deste importante Imposto realizaráse cun enfoque aplicado, a través da análise e resolución de casos prácticos.

 

Destinatarios

– Alumnado da Universidade de Vigo dos Graos en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Comercio, simultaneidade ADE-Dereito, Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos
– Titulados/as Universitarios de Diplomatura, Licenciatura ou Grao en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos
– Outros/as membros da Comunidade Universitaria da UVigo (alumn@s, PAS ou PDI)
– Profesionais relacionados coa xestión da empresa

 

Criterios de selección

A orde de prioridade para o acceso ó curso será:
1º. Alumnado actual ou xa egresados/as de titulacións de Empresa, Economía ou Ciencias Xurídicas da Universidade de Vigo. Na orde de selección priorizaránse aqueles/as alumnos/as con coñecementos previos de fiscalidade, comezando polos/as matriculados/as nos últimos cursos da titulación
2º. Orde de preinscripción

 

Calendario

– Martes 14 de xuño de 16 a 18:30h

– Mércores 15 de xuño de 16 a 18:30h

– Xoves 16 de xuño de 16 a 18:30h

– Martes 21 de xuño de 16 a 18:30h

– Mércores 22 de xuño de 16 a 18:30h

– Xoves 23 de xuño de 16 a 18:30h

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

  • Introducción ó Imposto sobre o Valor Engadido: Natureza e ámbito de aplicación

Introducción ás caracterísiticas básicas e consideracións xerais do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Armonización fiscal na Unión Europea.

  • Operacións Interiores: Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo

Análise dos elementos sustantivos relativos á suxeción do Imposto.

Desenrolo dunha das principais parcelas das operacións sometidas: as entregas de bens e as prestacións de servizos por empresas ou profesionais.

Análise en cada caso do feito impoñible, posibles operacións non suxeitas e lugar onde se entenden realizadas.

  • Tráfico Internacional: Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións.

Desenrolo do tratamento no IVE doutra das principais parcelas de operacións sometidas: as operacións fora do territorio español. As adquisicións intracomunitarias, as importacións e as exportacións.

Análise en cada caso do Feito Impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.

  • Base Impoñible e Tipos Impositivos

Cuantificación do Feito Impoñible. Aclaracións sobre compoñentes a incluir. Regras especiais para valoración de determinados bens e servizos (contraprestacións en especie, autoconsumo, etc…). Análise dos tipos impositivos segundo operacións.

  • Deduccións e Devolucións

Análise da neutralidade na aplicación do IVE.

Determinación da Prorrata e as súas modalidades.

Requisitos e prazos para as Declaracións-Liquidacións.

Condicións para a Devolución do IVE.

  • Rexímenes Especiais. Réxime Simplificado e Recargo de Equivalencia

Descripción dos Rexímenes Especiais do IVE. Sectores acollidos a cada réxime.

Simplificación na xestión do Imposto.

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

  • Operacións Interiores: estudo de casos

Aplicación do proceso liquidatorio do IVE nas Operacións Interiores mediante a discusión e resolución de casos prácticos.

  • Tráfico Internacional: estudo de casos

Aplicación do proceso liquidatorio do IVE nas Operacións Internacionais mediante a discusión e resolución de casos prácticos.

  • Base Impoñible e Tipos Impositivos: estudo de casos

Aplicación do proceso liquidatorio global e obtención de cuotas mediante a discusión e resolución de casos prácticos.

  • Rexímenes Especiais. Réxime Simplificado e Recargo de Equivalencia: estudo de casos

Discusión e resolución de casos prácticos de actividades acollidas ós Rexímenes Espciais.

 

Modo de pagamento

O pago dos prezos públicos efectuarase a través da plataforma Bubela mediante tarxeta bancaria:
– Matrícula curso completo (tarifa xeral): 90 Euros
– Matrícula curso completo (comunidad alumni): 81 Euros
Para poder obter o desconto “ALUMNI”, é necesario que se rexistren no seguinte enlace: https://alumni.webs.uvigo.es/register/ .
– Matrícula curso completo (desempregados): 76.5 Euros. Debe enviar a acreditación da situación de desemprego a prezospublicos@uvigo.gal
– Matrícula curso completo (comunidad universitaria): 76.5 Euros

 

Sistema de avaliación

Asistencia e participación na resolución comentada de casos prácticos

 

Titulación

A superación dos estudos dará dereito a obter o diploma de Curso de Formación Universitaria”O IVE na Fiscalidade Empresarial” pola Universidade de Vigo