Igualdade entre mulleres e homes nas relacións laborais

Diplomado de curso de Formación Universitaria

Ámbito: Xurídico-SocialCódigo: DCFU3082201

Inicio e fin

19/01/2022 – 08/06/2022

Modalidade

Presencial

Duración

horas

Campus

Vigo

40 prazas

 

Descrición

 

Director/a académico

Belén Fernández Docampo
986813840 | curso.igualdade@uvigo.gal

Entidade organizadora

DEPARTAMENTO DE DEREITO PÚBLICO ESPECIAL
FACULTADE DE CIENCIAS XURIDICAS E DO TRABALLO

Período de preinscrición:

06/12/2021 – 14/01/2022

Período de matrícula:

17/12/2021 – 14/01/2022

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

150 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
300,00 € 350,00 € 420,00 €

 

Obxectivos

Ofrecer unha formación especializada en perspectiva de xénero que proporcione as persoas destinatarias as ferramentas necesarias para poder implantar plans e medidas de igualdade tanto na empresa privada como no ámbito público, así como facer efectivo o dereito á igualdade de trato e á non discriminación entre traballadoras e traballadores en materia retributiva. A tenor do vixente marco normativo, en particular, coa aprobación dos RD 901/2020 e 902/2020, de 13 de outubro, a formación para a negociación, avaliación e revisión dos plans de igualdade e a efectividade do principio de igualdade de trato na retribución conforman, na actualidade, unhas materias con unha alta empregabilidade e demanda empresarial. Os contidos do presente curso, estruturados en 7 módulos de carácter teórico e práctico, proporciona uns coñecementos completos e integrais que permiten coñecer o marco normativo necesario para satisfacer a referida demanda.

 

Destinatarios

Persoas que posúan un título universitario de grao ou licenciatura, preferentemente, en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Economía ou Ciencias Políticas. Tamén as persoas diplomadas en Relacións Laborais ou Graduado Social. O estudantado universitario tamén poderá inscribirse. Igualmente, poderán acceder ao curso as persoas con responsabilidades en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesorías e cadros das organizacións empresariais e sindicais, teñan ou non titulación universitaria, sempre e cando na súa actividade profesional concorra unha especial vinculación coa especialidade do curso.

 

Condicións de acceso

1. Persoas con titulación universitaria de grao ou licenciatura e tamén diplomatura.
2. Estudantado universitario.
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade do curso, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios.
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos estudantes, poderán admitirse profesionais con relación coa especialidade impartida no curso aínda que non reúnan os requisitos legais para poder acceder á universidade.

 

Criterios de selección

A asignación de prazas realizarase pola dirección do curso por rigoroso orde de preinscrición conforme os seguintes criterios de selección:
1.- Profesionais da especialidade do curso con titulación universitaria de grao o licenciatura e diplomatura.
2.- Profesionais con relación directa coa especialidade do curso, sen titulación universitaria sempre e cando reúnan os requisitos legais para poder cursala.
3.- Profesionais con relación coa especialidade do curso aínda que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
4.- Persoas con titulación universitaria de grado, licenciatura e diplomatura que non sexan profesionais.
O cupo de profesionais -con titulación universitaria ou non- poderá chegar ata o 60 por 100 do total das prazas ofertadas e o das persoas non profesionais ata o 40 por 100. O número de prazas sobrantes de algún dos cupos acrecerá ao outro.

 

Calendario

Calendario: do 19 de xaneiro de 2022 (mércores) ao 3 de xuño de 2022 (venres). O acto de clausura do curso terá lugar o xoves 9 de xuño.

Horario : mércores e venres de 16:00 h a 20:00 h.

Lugar: Santiago de Compostela na sede que facilitará a Dirección Xeral de Relacións Laborais e que se comunicará no momento oportuno.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

INTRODUTORIO

  • A igualdade de oportunidades e a prohibición de discriminación. Conceptos
  • O marco internacional: o Convenio de NU de 1979. OIT. Consello de Europa. Igualdade e non discriminación no Dereito da UE. A protección constitucional da igualdade. Normativa estatal en materia de igualdade.
  • Normativa autonómica en materia de igualdade.
  • Discriminación da muller na industria 4.0: a fenda dixital.

IGUALDADE, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

  • Acceso ao emprego: igualdade e discriminación. Medidas de fomento do emprego das mulleres. Acción positiva, medidas compensadoras e discriminación positiva.
  • Modalidades contractuais . Especial atención ao traballo a tempo parcial.
  • Clasificación profesional e promoción interna.
  • Conciliación e corresponsabilidade.
  • Perspectiva de xénero na extinción do contrato de traballo.
  • A igualdade de trato no emprego público. A igualdade na empresa como factor de competitividade. Formación. Comunicación.

PLANS DE IGUALDADE

  • Igualdade e negociación colectiva.
  • Diagnose. A regulación legal dos plans de igualdade.

IGUALDADE RETRIBUTIVA

  • A fenda salarial.
  • Principio de transparencia retributiva e obriga de igual retribución por traballo de igual valor. Instrumentos de transparencia retributiva. Rexistro retributivo. Auditoría retributiva.

PREVENCIÓN DE RISCOS. ESPECIAL REFERENCIA ÁS CONDUTAS CONSTITUTIVAS DE ACOSO

  • Prevención de riscos con perspectiva de xénero.
  • Muller, discapacidade e adaptación de postos de traballo.
  • O acoso sexual e por razón de sexo no traballo.
  • Violencia de xénero e traballo.

PROTECCIÓN SOCIAL E IGUALDADE

  • Protección xeral.
  • Maternidade e risco durante o embarazo e lactación.
  • Outras prestacións. Viuvez.
  • Xubilación.
  • Igualdade e non discriminación en materia de SS no Dereito da UE.

TUTELA DA IGUALDADE

  • A tutela administrativa da igualdade.
  • Mecanismos procesuais laborais de tutela.
  • A tutela penal da igualdade no traballo.

MÓDULOS PRÁCTICOS:

PLANS DE IGUALDADE

  • Elaboración dun plan. Distintivos en materia de igualdade.

IGUALDADE RETRIBUTIVA

  • Rexistro, valoración de postos de traballo e auditoría.

 

Modo de pagamento

O pagamento das taxas na plataforma Bubela mediante tarxeta bancaria:
– Matrícula curso completo (tarifa xeral): 420 Euros
– Matrícula curso completo (comunidade alumni): 350 Euros
– Matrícula curso completo (comunidade universitaria ): 300 Euros
– Matrícula curso completo (persoas desempregadas): 300 Euros. Debe enviar a acreditación da situación de desemprego a prezospublicos@uvigo.gal
 

 

Sistema de avaliación

Avaliación: Os contidos teóricos de cada un dos módulos do plan de estudos do curso serán avaliados en varias probas tipo test que realizará o estudantado de forma individual e virtual na PLATAFORMA DE TELEDOCENCIA habilitada pola Universidade de Vigo e consonte ás indicacións que se lle achegarán no momento oportuno.

 

Titulación

A  superación dos estudos dará dereito a obter o diploma de «Curso de formación universitaria en igualdade entre mulleres e homes nas relacións laborais pola Universidade de Vigo».