Estatística avanzada con R para profesionais da saúde

Diplomado de curso de Formación Universitaria

Ámbito: Ciencias da SaúdeCódigo: DCFU3062203

Inicio e fin

01/06/2022 – 15/07/2022

Modalidade

Virtual

Créditos ECTS

7,60 ECTS

Campus

Vigo

100 prazas

 

Descrición

O programa estatístico R é gratuíto e pódese instalar libremente en calquera computador e sistema operativo. Converteuse en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada co proxecto R ( R Project), e miles de investigadores achegan constantemente rutinas e utilidades. Actualmente é fácil atopar paquetes de R e aplicacións avanzadas no ámbito das ciencias da saúde.
 
O curso inclúe diversas técnicas estatísticas utilizadas na investigación médica, con datos e exemplos paso a paso alcanzables para usuarios non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual, totalmente non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Moovi/ Faitic.
 
“Este curso está acreditado pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia, Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, con 4 créditos ECTS (acreditada por 31 horas lectivas), para os profesionais sanitarios titulados. Válido para todo o Sistema Nacional de Saúde español”.
 
 
Observacións: 
Non se requiren coñecementos previos avanzados de Estatística, ou do programa R. O alumno debe comprobar que dispón dun computador, para o seguimento do curso, con conexión da internet, no que poida instalarse correctamente o programa estatístico R (de uso libre e gratuíto). Na primeira unidade explícase o proceso de instalación desde un sistema Windows (na páxina web de R existen instrucións para outros sistemas operativos).
 
O curso impártese en castelán.
 

 

Director/a académico

986813713 | vaamonde@uvigo.es

Entidade organizadora

ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDIOS EMPRESARIAIS DE VIGO

Período de preinscrición:

01/05/2022 – 28/05/2022

Período de matrícula:

01/05/2022 – 28/05/2022

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

70 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Totalmente non presencial a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (moovi/Faitic)

Pode seguirse dende calquera lugar, soamente é necesario un ordenador e conexión á rede. 

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
119,00 € 126,00 € 140,00 €

 

Obxectivos

Adquisición de competencias na aplicación de técnicas estatísticas avanzadas no ámbito da medicina e a saúde.

 

Destinatarios

– Médicos
– Profesionais da saúde
– Técnicos investigadores no ámbito das ciencias da saúde

 

Condicións de acceso

1.Titulados/ as universitarios de primeiro ou segundo ciclo
2.Alumnos/ as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios
4.De forma excepcional e sempre que non superen o 50% do total de alumnos do curso, poderán ser admitidos o mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

 

Criterios de selección

Orde cronolóxica de solicitude

 

Calendario

O curso ten lugar desde o 1 de xuño ata o 15 de xullo de 2022, de forma non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Moovi, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, con horario contínuo e flexible. O alumno pode elixir cada día o momento do seu acceso aos materiais docentes, prácticas e probas, debendo cumprir os prazos de envío de traballos, informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

  • ANÁLISE DE SUPERVIVENCIA
    • Análise de supervivencia. Método de Kaplan- Meier.
  • REGRESIÓN DE COX: O MODELO DE RISCOS PROPORCIONAIS
  • ESTRATIFICACIÓN. TAMAÑO DE MOSTRA
    • Métodos de estratificación. Estudos de cohortes, estudos caso/control. Determinación de tamaños de mostra.
  • META- ANÁLISIS
  • REGRESIÓN DE POISSON
    • Regresión de Poisson: estudo causal da incidencia
  • REGRESIÓN LOXÍSTICA MULTINOMIAL
  • REGRESIÓN LOXÍSTICA ORDINAL

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

PRÁCTICAS CON ” R”

Aplicación co programa R de cada unha das técnicas estatísticas estudadas no curso.

 

Modo de pagamento

O pago das taxas efectuarase a través da plataforma Bubela mediante tarxeta bancaria:
– Matrícula curso completo (tarifa xeral): 140 Euros
– Matrícula curso completo (antigos alumnos U. Vigo): 126 Euros
– Matrícula curso completo (desempregados): 119 Euros. Debe enviar a acreditación da situación de desemprego a prezospublicos@uvigo.gal
– Matrícula curso completo (comunidade universitaria Uvigo): 119 Euros

 

Profesorado

  • Antonio Vaamonde Liste, Catedrático de Estatística da Universidade de Vigo
  • Ricardo Luaces Pazos, Profesor Titular de Estatística da Universidade de Vigo

 

Sistema de avaliación

Envío e avaliación de 7 tarefas e informes de prácticas: 87,5% da cualificación final
Exame mediante cuestionario de avaliación en liña (a través de Moovi): 12,5% da cualificación final.

 

Titulación

A superación dos estudos dará dereito a obter o diploma de «Curso de formación universitaria pola Universidade de Vigo» (título propio).
A tramitación do diploma, unha vez finalizado o curso, realízase no Servizo de Posgrao da Universidade de Vigo

Edificio Filomena Dato, 2º andar
Campus de Lagoas- Marcosende
36310 – VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811 950
E-mail: posgrao@uvigo.es/negociado.formacionpermanente@uvigo.es

Profesorado