Diplomado de curso Avanzado de Posgrao
Ámbito: Ciencias da SaúdeCódigo: DCAPT142201
Inicio e fin
02/05/2022 – 29/07/2022
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
3 ECTS
Campus
Vigo
Descrición
“Este curso está acreditado pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia) con 3,3 créditos ECTS, para os profesionais sanitarios titulados da diplomatura ou grao en enfermería, licenciatura ou grao en medicina e licenciatura ou grao en farmacia. Válido para todo o Sistema Nacional de Saúde español”.
Director/a académico
Ramón Hermida Dominguez
986812148 | rhermida@uvigo.es
Entidade organizadora
Departamento de Teoría de la Señal y Comunicaciones
E.E de Telecomunicación, Rúa Maxwell, s/n. Campus Universitario de Vigo
Período de preinscrición:
01/04/2022 – 22/04/2022
Período de matrícula:
04/04/2022 – 29/04/2022
Modalidade
Docencia presencial/virtual
0 horas
Docencia non presencial
75 horas
Prácticas en empresa
0 horas
(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial
Lugar de impartición
Para o seguimento do curso utilizarase MooVi, a plataforma de teleformación da Universidade de Vigo. Esta plataforma está baseada en Moodle, un software especificamente deseñado para teledocencia.
Prezos
Comunidade UVigo | Alumni UVigo | Público en xeral |
---|---|---|
38,25 € | 40,50 € | 45,00 € |
Obxectivos
Proporcionar a información máis relevante e actual que permita ao persoal sanitario coñecer e debater a relevancia da MAPA e, máis concretamente, a importancia de parámetros específicos calculados a partir dela, especialmente a PA durante o soño e a profundidade, para unha mellor estratificación de risco CV, un diagnóstico máis obxectivo de hipertensión arterial e o establecemento dun esquema terapéutico máis adecuado para diminuír o risco CV. Así mesmo, o curso inclúe módulos específicos sobre o valor diagnóstico e prognóstico da MAPA en poboacións especiais, incluíndo a diabetes, a enfermidade renal crónica, a insuficiencia cardíaca e a xestación.
Destinatarios
Profesionais de ciencias da saúde con interese na hipertensión arterial e a MAPA
Condicións de acceso
Titulación universitaria en medicina, enfermería, farmacia, bioloxía, enxeñería biomédica, ou outras afíns
Criterios de selección
– Adaptación do CV a liñas de investigación en MAPA e hipertensión arterial
– Se fose necesario: entrevista persoal e carta de recomendación
Calendario
Debido a que na totalidade do curso a docencia é asíncrona, cada estudante pode ir ao ritmo que mellor se adapte ás súas necesidades, aínda que se establecerán referencias temporais amplas, por exemplo, dedicando aproximadamente unha ou dúas semanas a cada módulo do curso.
O obxectivo, por tanto, é que cada estudante poida completar o curso en aproximadamente dous meses.As titorías síncronas anunciaranse con antelación suficiente para que os estudantes poidan conectarse.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Variabilidade circadiana da presión arterial ( PA): Implicacións fisiopatológicas.
- Factores asociados á regulación circadiana da PA.
- Fenotipos en función da variación circadiana da PA.
Valor diagnóstico e prognóstico da PA durante o soño.
- Tratamento da PA durante o sueño
- PA durante o soño como factor de risco e obxectivo terapéutico para redución de risco de diabetes, ERC e insuficiencia cardiaca.
- Identificación precoz e prevención de complicacións hipertensivas no embarazo
Modo de pagamento
O pago das taxas efectuarase a través da plataforma Bubela mediante tarxeta bancaria:
– Matrícula curso completo (tarifa xeral): 45 Euros
– Matrícula curso completo (comunidade alumni): 40.50 Euros
– Matrícula curso completo (desempregados): 38.25 Euros. Debe enviar a acreditación da situación de desemprego a prezospublicos@uvigo.gal
– Matrícula curso completo (comunidade universitaria): 38.25 Euros
Sistema de avaliación
A través das facilidades técnicas da plataforma de teledocencia MooVi, para poder visualizar cada vídeo na orde do programa docente, requirirase o visualizado do anterior e a contestación ás preguntas básicas multi-resposta incorporadas en cada vídeo.
Ao final do curso cada estudante realizará un test de avaliación a fin de poder obter a acreditación.
O requirimento mínimo esixido consiste na visualización de todos os vídeos do curso, contestando as preguntas intercaladas en cada un deles, realizar outras tarefas asignadas (revisión de bibliografía, discusión de casos clínicos, etc.), así como a realización do test final.
Titulación
A superación dos estudos dará dereito a obter o diploma de «Curso avanzado de posgrao pola Universidade de Vigo».