Python básico

Diplomado de curso Avanzado de Posgrao

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: DCAP3122201

Inicio e fin

31/01/2022 – 24/02/2022

Modalidade

Presencial

Duración

horas

Campus

Vigo

25 prazas

 

Descrición

Python é unha linguaxe de programación de alto nivel que goza dunha gran popularidade en aplicacións profesionais, científicas e académicas, e que resulta especialmente adecuado para programadores principiantes, como o demostra o feito de que sexa a linguaxe empregada nos cursos introdutorios de programación de moitas das universidades máis prestixiosas do mundo ( MIT, Berkeley, Columbia, etc.). Iso débese fundamentalmente a que a sintaxe de Python é moito máis simple e clara que a doutras linguaxes de uso xeneralizado, como Xava, C e C++, e por conseguinte a súa aprendizaxe é máis fácil.

Outras características destacables de Python son: portabilidad (posibilidade de executar o mesmo programa en máquinas con arquitecturas e sistemas operativos diferentes), orientación a obxectos, baterías incluídas (dispón dunha biblioteca estándar, rica e versátil), xestión dinámica de tipos e manexo automático da memoria.

Python dispón dunha licenza de código aberto e unha comunidade de usuarios moi numerosa e activa, que o converteron nunha alternativa gratuíta a programas comerciais como Matlab ou Mathematica. Ao longo do curso abórdanse os conceptos básicos de Python de maneira alcanzable, amena e eminentemente práctica, pois a descrición dos contidos teóricos compleméntase con numerosos exercicios e cuestionarios interactivos de dificultade gradual.

O curso é apropiado tanto para persoas que non teñen coñecementos previos de programación como para quen coñece outros linguaxes pero queren aprender Python. Ao final do mesmo, o alumnado será capaz de: Desenvolver programas sinxelos para resolver problemas relacionados con diversos campos científicos e técnicos (enxeñería, matemáticas, física, economía, bioloxía, etc.). Entender código Python escrito por outras persoas. Aprender programación avanzada en Python de maneira autónoma.

 

Director/a académico

Ignacio Armesto
986812244 | armesto@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola de Enxeñaría Industrial
CAMPUS UNIVERSITARIO. C/ MAXWELL S/N. 36310 VIGO

Período de preinscrición:

18/10/2021 – 28/01/2022

Período de matrícula:

22/11/2021 – 28/01/2022

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

55 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Sede Campus de la Escola de Enxeñería Industrial

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
160,00 € 170,00 € 200,00 €

 

Obxectivos

  • Familiarizarse cos conceptos fundamentais de programación
  •  Aprender a sintaxe de Python
  •  Manexar diferentes contornas de execución
  •  Coñecer os mecanismos de control de fluxo e os tipos de datos
  •  Crear funcións e clases
  •  Comprender o concepto de xerador
  • Entender a programación orientada a obxectos

 

Destinatarios

Estudantes, docentes, e investigadores que precisen iniciarse na programación en Python para a súa actividade académica ( TFG, TFM, tese doutoral, investigación). Titulados universitarios e profesionais que precisen adquirir novas competencias ou mellorar o seu currículo para aumentar as súas posibilidades de atopar emprego.

 

Condicións de acceso

1) Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
2) Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
3) Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao.
4) Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.

 

Criterios de selección

A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de solicitude de preinscrición e abono das taxas de matrícula ata esgotar as prazas dispoñibles.
Será condición imprescindible que cada participante dispoña dun computador portátil co que asistirá a todas as clases do curso.

 

Calendario

31 de xaneiro de 2022, de 16h a 21h
3, 7, 10, 14, 17, 21 e 24 de febreiro de 2022, de 16h a 21h

 

Programa

  • MÓDULOS TEÓRICOS

PRIMEIROS PASOS CON PYTHON

 

Conceptos fundamentais de programación. Introdución á linguaxe Python. Datos atómicos.
CONTROL DE FLUJO
Bifurcación condicional: sentenza if, sentenza match. Iteración: bucle while, bucle for.
SECUENCIAS
Secuencias inmutables: str, bytes, tuple. Secuencias mutables: list.
CONXUNTOS E MAPEOS
Tipos de conxuntos: set, frozenset. Mapeos: dict.
FUNCIONES
Paso de argumentos. Valores devoltos. Docstrings. Recursión. Funcións de orde superior. Expresións lambda. Xeradores.
FICHEIROS E EXCEPCIONES
Entrada/saída. Fluxos estándar. Sentenza with. Xestión de erros.
CLASES E PROGRAMACIÓN ORIENTADA A OBJETOS
Clases e instancias. Atributos e métodos. Atributos especiais. Herdanza. Xerarquía. Encapsulamiento.
PROXECTO FINAL
Guía de estilo para o código Python (PEP 8). Boas prácticas de programación en Python.
 
  • MÓDULOS PRÁCTICOS:
EXERCICIOS PRÁCTICOS
Desarrollo de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos do curso

 

 
 

 

Modo de pagamento

O pago das taxas efectuarase a través da plataforma Bubela mediante tarxeta bancaria:
– Matrícula curso completo (tarifa xeral): 200 Euros
– Matrícula curso completo (comunidade alumni): 170 Euros
– Matrícula curso completo (persoas desempregadas): 160 Euros. Debe enviar a acreditación da situación de desemprego a prezospublicos@uvigo.gal
– Matrícula curso completo (comunidade universitaria): 160 Euros

 

Profesorado

  • Antonio Fernández Álvarez

 

Sistema de avaliación

Avaliación continua baseada na asistencia ás clases presenciais e a realización de diferentes actividades a través da plataforma MooVi, como cuestionarios, exercicios de programación e tarefas de avaliación por pares.

 

Titulación

A superación dos estudos dará dereito a obter o diploma de «Curso avanzado de posgrao en Python básico pola Universidade de Vigo».