Didáctica da ficción e creación literaria

Diplomado de curso Avanzado de Posgrao

Ámbito: HumanísticoCódigo: DCAP1052201

Inicio e fin

05/09/2022 – 21/11/2022

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

8.00 ECTS

Campus

Ourense

35 prazas

 

Descrición

 

Director/a académico

Ana Iglesias Álvarez
988387146 / 636694616 | anaiglesias@uvigo.es

Entidade organizadora

Ana Iglesias Álvarez
Facultade de Ciencias da Educación

Colaboradores

Excma. Deputación de Ourense

Período de preinscrición:

01/02/2022 – 31/08/2022

Período de matrícula:

01/03/2022 – 02/09/2022

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

90 horas

Docencia non presencial

120 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Facultade de Ciencias da Educación – Campus de Ourense

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
63,75 € 67,50 € 75,00 €

 

Obxectivos

  • Comprender os trazos da literatura e a súa singularidade como forma específica de coñecemento.
  • Identificar e saber empregar os elementos estruturais da narrativa.
  • Exercitarse no recoñecemento do subtexto na ficción e en calquera discurso escrito.
  • Apreciar a dialéctica entre tradición e renovación no discurso narrativo.
  • Valorar o xénero do conto literario.
  • Adquirir ou recuperar o pracer da escritura como expresión creativa.
  • Contrastar o propio punto de vista co dos outros diante da mensaxe literaria.

 

Destinatarios

1. Persoas que cumpran os requisitos de acceso ao título de mestrado propio (artigo 26 do Regulamento dos Programas de Formación Permanente da Uvigo).
2. Persoas que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.

 

Condicións de acceso

1. Membros da comunidade universitaria que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS.
2. Graduados universitarios.

 

Criterios de selección

1. Estudantes e graduados do Campus de Ourense
2. Estudantes e graduados pola universidade de Vigo.
3. Estudantes e graduados doutras universidades.

As persoas aceptadas por orde de preinscrición poderán facer a matrícula unha vez aberto o prazo.

A fin de que non queden prazas libres, se unha vez feita a matrícula non se fai o pagamento correspondente no prazo de sete días hábiles, a dirección do curso pode anular esa matrícula impagada e dar entrada a outra persoa preinscrita.

As persoas que non poidan facer o curso debido a que haxa máis solicitudes que prazas, poden enviar un correo a ramong@uvigo.es para que se teña en conta a súa preferencia nunha edición posterior deste curso de posgrao.

 

Calendario

Duración do Curso: do 5 de setembro ao 21 de novembro de 2022

Días: luns, martes e mércores.Horario: de 19 a 21,30 h.

Titorías: Días: xoves 8 e 22 de setembro e 6 e 20 de outubro

Horario: de 19 a 21,30 h.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

A literatura. Elementos narrativos. Temas, motivos e estilos literarios.

  • A singularidade da linguaxe literaria.
  • As formas naturais de literatura.
  • Elementos estruturais da narrativa 1: argumento, trama, modalización, enfoque.Elementos estruturais da narrativa
  • Elementos estruturais da narrativa 2: personaxes.Elementos estruturais da narrativa
  • Elementos estruturais da narrativa 3: o espazo e o tempo.Elementos estruturais da narrativa
  • Elementos estruturais da narrativa 4: narración, descrición e diálogo.Elementos estruturais da narrativa
  • Elementos estruturais da narrativa 5: visibilidade e construción dunha escena.Elementos estruturais da narrativa
  • Elementos estruturais da narrativa 6: figuras retóricas e estilo.Revisión inicial e revisión final dun texto literario
  • O mundo medieval e o mito.
  • Narración e ideoloxía. A visión da historia no espello do relato.
  • A eficaz plasmación das emocións no texto narrativo.
  • O engado do misterio como motivo literario.
  • O conto realista como forma de autocoñecemento.
  • Parodia, ironía e intertextualidade.
  • A radiografía social no texto narrativo.
  • A irrupción do elemento fantástico na narrativa

Didáctica da narración e creatividade

  • O retrato, a descrición, análise de retratos e descricións no conto e na novela.
  • O diálogo, a transformación, análise do diálogo e a transformación na novela.
  • A ligazón de recordos, a experiencia.
  • Comentario de textos narrativos que recollen a ligazón de recordos e a experiencia.
  • O relato a partir de palabras clave.
  • Análise de relatos breves a partir de palabras clave.
  • Comentario de personaxes e conflitos nas novelas.
  • Creación de conflitos e creación de personaxes.
  • Análise de relatos marabillosos, fantásticos e realistas.

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Práctica da creación literaria

  • Práctica da creación literaria 1: o retrato.
  • Práctica da creación literaria 2: a descrición.
  • Práctica da creación literaria 3: o diálogo.
  • Práctica da creación literaria 4: a transformación.
  • Práctica da creación literaria 5: a ligazón dos recordos.
  • Práctica da creación literaria 6: a experiencia.
  • Práctica da creación literaria 7: o relato a partir de palabras clave.
  • Práctica da creación literaria 8: a creación de conflitos e personaxes.
  • Práctica da creación literaria 9: a construción de relatos marabillosos e fantásticos.
  • Práctica da creación literaria 10: a construción de relatos realistas.

Lectura, corrección e comentarios de exercicios narrativos

  • Creación a partir da singularidade da voz narradora. (I)
  • Creación a partir da singularidade da voz narradora. (II)
  • Creación a partir da contextualización do relato. Tempo, espazo e ambientación. (I)
  • Creación a partir da contextualización do relato. Tempo, espazo e ambientación. (II)
  • Creación a partir do conflito. Punto de xiro. (I)Creación a partir do conflito. Punto de xiro. (II)
  • Creación a partir dos personaxes: caracterización directa e indirecta. O diálogo. (I)
  • Creación a partir dos personaxes: caracterización directa e indirecta. O diálogo. (II)
  • .A Revisión: comentario e avaliación dos textos elaborados. Lectura en voz alta (I)
  • .A Revisión: comentario e avaliación dos textos elaborados. Lectura en voz alta (II).

 

Modo de pagamento

O pagamento das taxas efectuarase a través da plataforma Bubela mediante tarxeta bancaria:
– Matrícula curso completo (tarifa xeral): 75 Euros
– Matrícula curso completo (comunidade alumni): 67.50 Euros
– Matrícula curso completo (desempregados): 63.75 Euros. Debe enviar a acreditación da situación de desemprego a prezospublicos@uvigo.gal
– Matrícula curso completo (comunidad universitaria): 63.75 Euros

 

Sistema de avaliación

1. Constatación das lecturas diarias dos textos breves que previamente se porán a disposición dos asistentes para o seguimento das clases.
2. Creación de textos breves elaborados polos participantes para as sesións prácticas.
3. Presentación dun relato breve (2 folios por unha cara) o día 16 de novembro de 2022.

 

Titulación

A  superación dos estudos dará dereito a obter o  diploma de “Curso avanzado de posgrao pola Universidade de Vigo”