Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS

Curso Complementario

Ámbito: TecnolóxicoCódigo: C3122001

Inicio e fin

15/07/2021 – 30/07/2021

Modalidade

Semipresencial

Duración

70 horas

Campus

Vigo

30 prazas

 

Descrición

ANSYS é unha completa suite de software CAE (Computer Aided Engineering) que abarca un amplo rango de físicas, dando acceso a practicamente calquera campo de simulación de enxeñaría que requira un proceso de deseño. Organizacións de todo o mundo confían en ANSYS para sacar o maior partido aos seus investimentos en software de simulación de enxeñaría.

Este curso é bonificable para traballadores en activo contratados por conta allea, a través da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE). Contacta con Bonifica o teu curso e informaranche de todo o procedemento e a mellor modalidade de bonificación para ti e a túa empresa.

 

Director/a académico

José Ignacio Armesto Quiroga
986-812244 | armesto@uvigo.es

Entidade organizadora

Escola de Enxeñería Industrial
C/ Maxwell, s/n – Campus Universitario As Lagoas-Marcosende – 36310 Vigo

Período de preinscrición:

29/01/2021 – 14/07/2021

Período de matrícula:

18/03/2021 – 14/07/2021

Inscrición

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

70 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Lugar de impartición

Sede Campus da EEI.

 

Prezos

Comunidade UVigo Alumni UVigo Público en xeral
290,00 € 290,00 € 290,00 €

 

Destinatarios

Orientado ao alumnado Universitario de segundo ciclo e profesionais cuxa dedicación estea encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas de simulación FEM/CFD de última xeración. De acordo coa normativa vixente, ofreceranse varias bolsas de estudo. A súa asignación realizarase, con posterioridade ao peche da matrícula, entre os alumnos da Universidade de Vigo que se matriculen no mesmo, en base estrita á Nota Media do seu expediente académico.

 

Condicións de acceso

1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

 

Criterios de selección

A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de solicitude de preinscrición e abono das taxas de matrícula ata agotar as prazas dispoñibles.

 

Calendario

Básico (45 h): Módulos T01, T02, T03, T04, T05, T06, T07, T08, P01, P02, P03

15, 16, 19, 20, 21, 22 e 23 de xullo de 2021, de 9.00 h a 14.00 h

Nota: O Módulo P01 inclúe 5 horas non presenciais dedicadas á realización de traballos que serán xestionados mediante Faitic. A entrega destes traballos, por parte do alumnado, deberá completarse a través de Faitic antes do 31 de xullo de 2021 ás 14 h.

Módulo FEM (25 h): Módulos T09, T10, T11, T12, P04

27, 28, 29 e 30 de xullo de 2021, de 9.00 h a 14.00 h

Nota: O Módulo P04 inclúe 5 horas non presenciais dedicadas á realización de traballos FEM que serán xestionados mediante Faitic. A entrega destes traballos, por parte do alumnado, deberá completarse a través de Faitic antes do 31 de xullo de 2021 ás 14 h.

Módulo CFD (25 h): Módulos T13, T14, T15, P05

24, 27, 28 e 29 de xullo de 2020, de 9.00 h a 14.00 h

Nota: O Módulo P05 inclúe 5 horas non presenciais dedicadas á realización de traballos CFD que serán xestionados mediante Faitic. A entrega destes traballos, por parte do alumnado, deberá completarse a través de Faitic antes do 31 de xullo de 2021 ás 14 h.

NOTA: A docencia dos módulos FEM e CFD impartirase de forma concorrente, de maneira que os matriculados terán que optar por un de ambos os módulos.

Sede: SEDE CAMPUS da EEI.

Recursos necesarios:Tipo de aula: dúas aulas informáticas, unha delas con capacidade mínima para 30 persoas. Software ANSYS instalado en todos os computadores. Recursos en aula: lousa e canón proxector.

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:

Introdución á simulación polo método dos elementos finitos: Etapas: preproceso, cálculo, postproceso. Tipos de problemas a resolver. Métodos de discretización. Software para o cálculo FEM/CFD. Simulación por computador na industria.

Contorna do programa ANSYS: Tipos de análises. Malla básica. Condicións de contorno.

Modelado e importación: Modelado con Design Modeler. Importación e integración con programas de CAD (Solidworks). Preparación de xeometría con Solidworks.

Malla e condicións de contorno. postprocesado básico: Tipos de malla. Controis de malla. Calidade de malla. Condicións de contorno. Valores iniciais e pasos de carga. Resultados de análises: tensións, deformacións, coeficiente de seguridade.

Parametrización de materiais: Comportamento lineal de materiais. Comportamento plástico de materiais.

Contactos: Definicións básicas de contactos: contact, target, pinball region, etc. Tipos de contactos: lineais e non lineais. Criterios de converxencia.

Introdución a módulo fem con evolución temporal: Introdución. Cálculos no dominio frecuencia. Cálculos no dominio tempo.

Introdución a Módulo CFD – Dinámica de fluídos: Introdución. Ecuacións de goberno en CFD.

Módulo FEM – Estudo de frecuencias de resonancia: Vibracións unidimensionales: rixidez, amortiguamiento, resonancia. Vibracións libres.

Módulo FEM – Ensaios transitorios: Introdución ao dominio temporal. Condicións iniciais. Vibracións forzadas.

Módulo FEM – Dinámica de impacto: Ecuacións de goberno. Sistemas conservativos, evolución da enerxía. Malla para dinámica explícita, rotura de elementos. Introdución ao cálculo e postprocesado en dinámica explícita.

Módulo FEM – Dinámica de corpos ríxidos: Sistemas multicuerpo, pares cinemáticos, actuadores.

Módulo CFD – Ecuacións de goberno. Modelos turbulentos: Capa límite. Lei da parede. Modelado da turbulencia. Modelos de 2 ecuacións. Tratamento da parede.

Módulo CFD – Fluxo interno. Transferencia de calor: Descrición do problema. Convección natural. Flotabilidade. Radiación.

Módulo CFD – Fluxo externo: Fluxo ao redor de corpos. Ronsel. Aerodinámica de perfís. Cálculo de coeficientes aerodinámicos. Aerodinámica de vehículos terrestres.

 

MÓDULOS PRÁCTICOS:

Exercicios prácticos – Módulo BÁSICO: Desenvolvemento de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos dos temas T01- T06

Exercicios prácticos – Introdución Módulo FEM: Desenvolvemento de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos de T07

Exercicios prácticos – Introdución Módulo CFD: Desenvolvemento de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos de T08

Exercicios prácticos – Módulo FEM: Desenvolvemento de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos de T09- T12

Exercicios prácticos – Módulo CFD: Desenvolvemento de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos de T13- T15

 

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 290 €, con posibilidade de obtención dunha bolsa de 110 €. O pagamento farase efectivo mediante tarxeta bancaria ou en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso.

 

Sistema de avaliación

Para a avaliación dos alumnos terase en conta:

1º Asistencia presencial ás clases.
2º Realización dos trabajlls de simulación FEM e/ou CFD, presenciais e non presenciais, que lles sexan asignados. O intercambio de información e a entrega dos traballos xestionarase a través de Faitic/Moovi.